Viernes, 3 octubre, 2025
O Concello de Ames informa de que continúan as activiadades ligadas ao mercado de produtos da horta e artesanía de Ames. Ademais dos postos de venda, cada semana haberá diferentes obradoiros de artesanía e cociña, degustacións e catas e sorteos de produtos. Este sábado, 4 de outubro, de 11.30 a 12.30 horas, haberá unha cata de marmeladas, froita e produtos doces e salgados.
En dita cata participarán:
-Germán Beiroa, con marmeladas.
-Panadería Dolores Lago, con masas doces e salgadas.
-Asociación Darredor, con galletas de menta e chocolate de Cris Martin e galletas de granola de Elisa Giraut.
-Yolanda Buceta, con galletas sen glute.
-Pilar Suarez, con sandías.





