Solapas principales

Listaxes de admitidos/as nas sesións de taichi/chi kung da Escola de Saúde 2025

Martes, 30 septiembre, 2025
O Concello de Ames, a través do departamento de Promoción da Saúde, fai públicas as listaxes de persoas admitidas nas clases de taichi/chi kung que se impartirán tanto en Bertamiráns como no Milladoiro. Estas sesións forman parte da oferta de actividades da Escola da Saúde. A admisión das persoas que figuran nestas listas está supeditada á comprobación do padrón municipal. É requisito indispensable estar empadroado no concello de Ames para participar nestas actividades.