Solapas principales

Prazas esgotadas para participar no taller de mindfulness e regulación emocional

Jueves, 2 octubre, 2025
Dende a Concellaría de Promoción da Saúde infórmase que están esgotadas as 15 prazas para o obradoiro de xestión emocional a través da técnica “Mindfulness”. Esta actividade, dirixida a persoas maiores de 18 anos, desenvólvese ao longo de 8 sesións de 1 hora 30 minutos de duración cada unha. O obradoiro comezou o pasado martes 23 de setembro e realízase durante os meses de setembro, outubro e novembro. O obradoiro está impartido polo psicólogo e instrutor da técnica, Juan Carlos Permuy, e impártese os martes 17:00 a 18:30 horas no Pazo da Peregrina de Bertamiráns.

Multimedia