Avisos
Martes, 14 octubre, 2025
O Concello informa á veciñanza de que se están a realizar chamadas falsas en nome do Concello, nas que se solicita acceder aos domicilios para realizar supostos análises da auga. Lembramos que o Concello non está a facer ningunha campaña deste tipo nin solicita acceso aos fogares para tales fins. Recomendamos non facilitar datos nin permitir o acceso a persoas descoñecidas e contactar co Concello mediante as canles oficiais ante calquera situación sospeitosa.
No caso de recibir unha chamada destas características informe inmediatamente á Policía Local ou Garda Civil mediante os números de teléfono 619 767 575 ou 981 53 64 05.
Martes, 14 octubre, 2025
O domingo 19 de outubro celebrarase a Carreira Pedestre Popular do Concello de Ames, que este ano alcanza a súa vixésimo cuarta edición. A proba contará cun circuíto homologado pola Real Federación Española de Atletismo nas distancias de 5 e 10 quilómetros, con saída e chegada en Bertamiráns, na rúa Alcalde Lorenzo. Paralelamente a esta competición celebrarase o campionato de España de 5 quilómetros en ruta máster. As inscricións hai que tramitalas en EMESPORTS e na RFEA. O prazo de inscrición está aberto ata o martes 14 de outubro, ás 23:59 horas. Non se admitirán inscricións fóra de prazo nin o día da carreira.
Martes, 14 octubre, 2025
No marco das actividades de dinamización do mercado de produtos da horta e artesanía de Ames, este sábado 18 de outubro, organízase un obradoiro de crochet que impartirán Cecile e Mónica. O crochet é unha técnica de tecido que se realiza cunha soa agulla cun gancho na punta chamada ganchillo. Dito obradoiro impartirase de 11.30 a 12.30 horas.
Lunes, 13 octubre, 2025
O Concello de Ames, a través do programa de formación da Fundación Empresa-Universidade Galega (FEUGA), convoca unha bolsa de prácticas no seu Servizo de Normalización Lingüística, dirixida a titulados/as universitarios/as sen experiencia laboral.
Domingo, 12 octubre, 2025
O Concello de Ames informa da detección dunha vertedura no río Sar de orixe descoñecida. Técnicos de Augas de Ames, xunto con outros efectivos, desprazáronse á zona para comprobar a situación e confirmaron que a vertedura non ten a súa orixe no termo municipal, senón que procede dun punto máis elevado no curso do río.
O Concello de Ames continuará a informar conforme se dispoña de novos datos.
Viernes, 10 octubre, 2025
Premendo nas ligazóns que están ao pé deste aviso pódense obter os menús da Rede de Comedores Escolares (almorzos, xantares e merendas). Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Viernes, 10 octubre, 2025
Premendo na ligazón que está ao pé deste aviso pódese obter o menú das escolas infantís municipais de Ames. Este menú foi elaborado pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Jueves, 9 octubre, 2025
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Promoción Económica, informa que o novo horario de atención ao público do espazo colaborativo A Proa é de 9.30 a 14.00 horas. O Coworking A Proa está situado na rúa das Hedras, número 2, no parque empresarial do Milladoiro. Está dirixido a emprendedores que están dando os seus primeiros pasos.
Jueves, 9 octubre, 2025
Dende o Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ames informan de que xa están esgotadas as prazas para participar o obradoiro “Minimundos e contos”, a cargo de Alma Blanco, ás 18.00 horas, no Pazo da Peregrina de Bertamiráns. A través deste xogo simbólico, os nenos e nenas traballarán na creación de minimundos a partir de contos contados con diferentes técnicas.
Lunes, 6 octubre, 2025
O Concello de Ames colabora na organización de dous cursos de sevillanas que se van impartir en instalacións municipais do Milladoiro e Bertamiráns. Ditas actividades impartiranse dende novembro de 2025 ata maio de 2026. Para participar é necesario inscribirse do 6 ao 20 de outubro. Os cursos serán impartidos pola profesora titulada Julia Robles. Para dispor de máis información e facer a inscrición pódese chamar ao número de teléfono 635 162 158. O prezo do curso para persoas adultas é de 30 euros ao mes.
- ‹ anterior
- 33 de 179
- siguiente ›




