Avisos
Viernes, 26 septiembre, 2025
Premendo nas ligazóns que están ao pé deste aviso pódense obter os menús da Rede de Comedores Escolares (almorzos, xantares e merendas). Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Jueves, 25 septiembre, 2025
Dende a Escola Municipal de Música de Ames, informan de que quedan prazas libres nalgúns grupos para o curso 2025-2026.
Jueves, 25 septiembre, 2025
As "Brincadeiras miúdas", que foras adiadas a comezos do mes de setembro por mor da chuvia, celebraranse finalmente o vindeiro martes, 30 de setembro, ás 18.00 horas na Carballeira dos Trasnos de Ventín. A actividade, incluída no programa Apego, é de balde e non require de inscrición previa.
Martes, 23 septiembre, 2025
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Obras e Servizos Básicos, informa dun corte de tráfico na estrada do lugar de Guimaráns, pertencente á parroquia de Bugallido, o venres 26 de setembro, debido ao soterramento dunha liña de media tensión. O tráfico cortarase arredor das 10.00 horas de mañá e vai durar unhas horas. Ao longo da xornada restablecerase o tráfico.
Viernes, 19 septiembre, 2025
Premendo na ligazón que está ao pé deste aviso pódese obter o menú das escolas infantís municipais de Ames. Este menú foi elaborado pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Viernes, 19 septiembre, 2025
Premendo nas ligazóns que están ao pé deste aviso pódense obter os menús da Rede de Comedores Escolares (almorzos, xantares e merendas). Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Viernes, 19 septiembre, 2025
Unha vez rematado o primeiro período de inscrición, a Concellaría de Deportes abre o prazo para anotarse nas prazas libres das Escolas deportivas municipais 2025/2026. As persoas interesadas poden xestionar a matrícula de forma telemática a través da plataforma Cronos, no módulo “inscrición en clases”. Tamén se poderá dar de alta en lista de espera nas actividades que xa teñan as súas prazas cubertas.
Cortes de tráfico no Milladoiro con motivo da actuación da orquestra Olympus e as actividades da SEM
Jueves, 18 septiembre, 2025
O Concello de Ames informa que este venres, día 19, estará prohibido o estacionamento no aparcadoiro do Supercor e na rúa Agro do Medio do Milladoiro con motivo da actuación musical da orquestra Olympus. Así mesmo, o sábado día 20, estará prohibido aparcar no aparcadoiro de Agriños con motivo da realización das actividades da VII Semana Europea da Mobilidade.
Jueves, 18 septiembre, 2025
O Concello de Ames súmase á convocatoria da FEGAMP para condenar a ofensiva militar e o bloqueo humanitario executado polo goberno israelí contra o pobo palestino en Gaza. Por ese motivo, convócase para mañá venres, 19 de setembro de 2025, un minuto de silencio, ás 12.00 horas, diante da Casa do Concello, en Bertamiráns, e das Oficinas de Servizos Sociais no Milladoiro.
Miércoles, 17 septiembre, 2025
O Concello de Ames vai celebrar por sétimo ano consecutivo a Semana Europea da Mobilidade, que neste 2025 se desenvolverá no municipio do 19 ao 21 de setembro, cunha serie de actividades a prol da mobilidade activa e sostible. Deste xeito, o programa inclúe unha marcha ciclista nocturna, un circuíto de educación viaria, xogos en bici e maila primeira edición da Ames Gravel Social Ride que organiza o Club ciclista Ames. O prazo de inscrición para participar xa está aberto, só é preciso enviar un correo electrónico ao enderezo mobilidade@concellodeames.gal. Na organización desta actividades colaboran a Policía Local, a Agrupación de Protección Civil, e a área de Educación viaria da Xefatura Provincial de Tráfico da Coruña.
- ‹ anterior
- 35 de 179
- siguiente ›




