Solapas principales

Esgotadas as prazas para o obradoiro “Minimundos e contos” de Alma Blanco do vindeiro 17 de outubro

Jueves, 9 octubre, 2025
Dende o Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ames informan de que xa están esgotadas as prazas para participar o obradoiro “Minimundos e contos”, a cargo de Alma Blanco, ás 18.00 horas, no Pazo da Peregrina de Bertamiráns. A través deste xogo simbólico, os nenos e nenas traballarán na creación de minimundos a partir de contos contados con diferentes técnicas.

O programa Apego, un vehículo de transmisión da lingua
O programa Apego é un proxecto de dinamización lingüística dirixido ás familias que estean a esperar un bebé ou que teñan crianzas entre 0 e 6 anos. O seu obxectivo é promover, apoiar e normalizar o uso do galego na socialización da primeira infancia, achegando recursos e unha ampla proposta de actividades lúdicas e educativas.

As persoas interesadas en sumarse á iniciativa poden facelo poñéndose en contacto co Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ames, escribindo un correo a normalizacion@concellodeames.gal ou chamando ao número de teléfono 662 377 215. Así mesmo, tamén poden facelo cubrindo o formulario “Súmate ao apego”, que está dispoñible na páxina web do programa, apego.gal.

Multimedia