Lunes, 6 octubre, 2025
- Tematica
O Concello de Ames colabora na organización de dous cursos de sevillanas que se van impartir en instalacións municipais do Milladoiro e Bertamiráns. Ditas actividades impartiranse dende novembro de 2025 ata maio de 2026. Para participar é necesario inscribirse do 6 ao 20 de outubro. Os cursos serán impartidos pola profesora titulada Julia Robles. Para dispor de máis información e facer a inscrición pódese chamar ao número de teléfono 635 162 158. O prezo do curso para persoas adultas é de 30 euros ao mes.
O curso do Milladoiro impartirase os luns, en horario de 21.00 a 22.00 horas, na aula 4 do centro sociocultural desta localidade. Este curso comezará o luns 3 de novembro.
Por outra banda, en Bertamiráns, as clases serán os venres no anexo da Casa da Cultura de Bertamiráns, tamén en horario de 21.00 a 22.00 horas. Neste caso o curso comezará o venres 7 de novembro.





