Avisos

Por ejemplo, 08-10-2026
Por ejemplo, 08-10-2026
Viernes, 24 octubre, 2025
No marco das actividades de dinamización do mercado de produtos da horta e artesanía de Ames, este sábado 25 de outubro, organízase unha nova xornada do Club tixolas, un club de cociña dirixido a nenos/as de 6 a 12 anos que se desenvolve o derradeiro sábado de cada mes. Con esta iniciativa, búscase que os máis pequenos teñan un primeiro contacto co mundo culinario e que aprendan a realizar receitas con produtos frescos de proximidade e de temporada.
Miércoles, 22 octubre, 2025
A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) informa no boletín 292/71GAL emitido ás 18:44 horas do 21/10/2025, dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel AMARELO por CHOIVAS que está afectar a Coruña (Noroeste) ata a mañá do día 22/10/2025. Así mesmo, informa de nivel AMARELO por CHOIVAS a partir das 18:00 horas do 22/10/2025 na Coruña (Noroeste, Interior), Lugo (Montaña), Ourense (Noroeste, Miño, Sur) e Pontevedra (Interior e Miño). A precipitación acumulada pode acadar os 20 mm nunha hora e os 60 mm en 12 horas.
Miércoles, 22 octubre, 2025
A empresa subministradora Naturgy notificoulle ao Concello de Ames unha interrupción programada do subministro eléctrico durante o día 24 de outubro en varias rúas do Milladoiro, co fin de realizar tarefas de mantemento e desenvolvemento da súa rede eléctrica.
Martes, 21 octubre, 2025
O Concello de Ames informa de que ata o vindeiro luns, 27 de outubro de 2025, está aberto o prazo para inscribirse no servizo de conciliación “Nadal Lúdico”, que se desenvolverá os días 22, 23, 24, 26, 29, 30 e 31 de decembro, e os días 2, 5 e 7 de xaneiro de 2026. Poderán participar aquelas familias empadroadas no concello de Ames, con nenos e nenas escolarizados no segundo ciclo de educación infantil ou en primaria, e que teñan a necesidade de conciliar. O programa ten un horario de 7:30 a 16:00 horas, e inclúe os servizos de comedor e Bos Días. As persoas interesadas deben entregar a documentación necesaria na Sede electrónica do Concello de Ames, ou ben nas oficinas de asistencia en materia de rexistro do Concello de Ames (O Milladoiro e Bertamiráns).
Viernes, 17 octubre, 2025
Premendo na ligazón que está ao pé deste aviso pódese obter o menú das escolas infantís municipais de Ames. Este menú foi elaborado pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Viernes, 17 octubre, 2025
Premendo nas ligazóns que están ao pé deste aviso pódense obter os menús da Rede de Comedores Escolares (almorzos, xantares e merendas). Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Viernes, 17 octubre, 2025
O Concello de Ames informa de que o vertido no río Sar non afecta á auga de consumo doméstico, xa que a captación de auga faise no río Tambre. Agradecemos as chamadas e o interese da cidadanía, e reiteramos que a subministración de auga para consumo continúa a ser completamente segura.
Viernes, 17 octubre, 2025
Con motivo da celebración da XXIV Carreira pedestre popular Concello de Ames, que se vai celebrar o domingo, 19 de outubro de 2025, haberá cortes e prohibicións de estacionamento nos arredores da Casa do Concello en Bertamiráns (rúa Alcalde Lorenzo).
Jueves, 16 octubre, 2025
Debido á previsión meteorolóxica que apunta choiva durante toda a xornada do vindeiro domingo, 19 de outubro, a camiñada teatralizada "O segredo do Andoriña" queda cancelada ao non poder desenvolver a actividade con normalidade. Esta actividade, que estaba prevista nun momento inicial para o 4 de outubro, xa fora adiada con anterioridade.
Miércoles, 15 octubre, 2025
A empresa subministradora Naturgy notificoulle ao Concello de Ames unha interrupción programada do subministro eléctrico durante o día 17 de outubro en varias rúas do Milladoiro, co fin de realizar tarefas de mantemento e desenvolvemento da súa rede eléctrica.