Solapas principales

Inscríbete no obradoiro de crochet que impartirán Cecile e Mónica o sábado 18 de outubro no Mercado de horta e artesanía

Martes, 14 octubre, 2025
No marco das actividades de dinamización do mercado de produtos da horta e artesanía de Ames, este sábado 18 de outubro, organízase un obradoiro de crochet que impartirán Cecile e Mónica. O crochet é unha técnica de tecido que se realiza cunha soa agulla cun gancho na punta chamada ganchillo. Dito obradoiro impartirase de 11.30 a 12.30 horas.

As persoas que estean interesadas en participar nesta actividade teñen que inscribirse ata este mércores, 15 de outubro, a través do WhatsApp 667 665 705. O mercado de horta e artesanía celébrase todos os sábado de 10.00 a 13.30 horas na praza da Maía, en Bertamiráns.

Multimedia