- Tematica
O local do Espazo colaborativo A Proa ocupa a planta baixa do edificio de entrada ao parque empresarial, con forma de barco, e que chama a atención polo seu deseño, así como polo alto nivel de implantación na zona de empresas do sector tecnolóxico. O feito de atoparse xusto na entrada do parque empresarial serve como referente e punto de información para todos aqueles emprendedores ou empresas que decidan iniciar o seu negocio en Ames.
O espazo de coworking dispón dunha superficie de 400 metros cadrados e con servizo de acceso á Internet, reprografía, e un servizo de mentorización personalizado e asesoramento. Dispón dun espazo común con 36 postos de traballo e tres postos en despachos independentes.
Dispón dunha sala de reunións multimedia para impartir formación; unha zona de recepción; unha zona de espera, ademais de taquillas, escritorios para traballo individual e colectivo e unha zona de descanso para lunch ou café.





