Avisos

Por ejemplo, 03-10-2026
Por ejemplo, 03-10-2026
Jueves, 4 diciembre, 2025
A unidade móbil de doazón de sangue estará este venres, 5 de decembro, en Bertamiráns, na avenida da Maía, ao carón da praza da Maía. O horario de atención será de 15:00 a 21:30 horas. Posteriormente, o xoves 11 de decembro estará na Travesía do Porto, no Milladoiro, tamén de 15:00 a 21:30 horas. A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) baixo o lema “Non perdas este bus, doa sangue”, pretende sensibilizar á cidadanía galega da importancia de doar sangue xa que precísanse máis de 400 doazóns diarias nos hospitais galegos.
Jueves, 4 diciembre, 2025
O Concello de Ames informa da convocatoria de folga no sector do transporte de viaxeiros en autobús por estrada da provincia da Coruña os días 5, 12, 15 e 19 de decembro. O ámbito da convocatoria da folga inclúe todos os centros de traballo e as persoas traballadoras ás que lles sexa de aplicación o convenio colectivo de transporte de viaxeiros en autobús por estrada da provincia da Coruña, e a empresa Maitours.
Miércoles, 3 diciembre, 2025
No marco das actividades de dinamización do mercado de produtos da horta e artesanía de Ames, este sábado 6 de decembro organízase unha nova actividade para os rapaces e rapazas de 5 anos en diante. Neste caso trátase da sesión de contacontos ás portas do Nadal, a cargo de David Orihuela (con Dornavela Edicións). O mercado de horta e artesanía de Ames celébrase todos os sábado na praza da Maía, en Bertamiráns, en horario de 10.00 a 13.30 horas.
Martes, 2 diciembre, 2025
Dende o Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ames informan de que están esgotadas as prazas para a actividade “Contos debuxados, debuxos contados”, de Caxoto e Marc Taeger, que está incluída no programa Apego.
Martes, 2 diciembre, 2025
O Concello de Ames informa sobre as clases de acordeón que se van impartir no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns. Para participar non é preciso saber solfexo e ofrécese a posibilidade de alugar un acordeón. O prazo de inscrición está aberto dende o día 10 de novembro. As clases están impartidas por persoal de Acordeóns Alborada. As inscrición pódense facer a través do número de teléfono 667 374 409 (Alberto).
Lunes, 1 diciembre, 2025
Premendo nas ligazóns que están ao pé deste aviso pódense obter os menús dos comedores escolares, Bos días cole e Tardes divertidas (almorzos, xantares e merendas). Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Lunes, 1 diciembre, 2025
Premendo na ligazón que está ao pé deste aviso pódese obter o menú das escolas infantís municipais de Ames. Este menú foi elaborado pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Jueves, 27 noviembre, 2025
O departamento de Educación do Concello de Ames fai públicas as listaxes provisionais de crianzas admitidas e excluídas do programa de conciliación Nadal Lúdico 2025 para a EEI do Milladoiro, o CEP de Ventín, e o CEIP A Maía. Poderanse facer emendas e baixas ata o día 12 de decembro.
Jueves, 27 noviembre, 2025
No marco das actividades de dinamización do mercado de produtos da horta e artesanía de Ames, este sábado 29 de novembro, organízase unha nova xornada do Club tixolas, un club de cociña dirixido a nenos/as de 6 a 12 anos que se desenvolve o derradeiro sábado de cada mes. Con esta iniciativa, búscase que os máis pequenos teñan un primeiro contacto co mundo culinario e que aprendan a realizar receitas con produtos frescos de proximidade e de temporada.
Miércoles, 26 noviembre, 2025
O Concello de Ames dá inicio ao proceso selectivo mediante sistema de selección de oposición, dun/dunha auxiliar administrativo/a o abeiro da orde do 13 de agosto de 2025 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións destinadas á contratación de persoas mozas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, no ámbito da comunidade autónoma de Galicia, a través da colaboración con entidades locais, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa FSE+ Galicia 2021 - 2027.