Jueves, 4 diciembre, 2025
- Tematica
O Concello de Ames informa da convocatoria de folga no sector do transporte de viaxeiros en autobús por estrada da provincia da Coruña os días 5, 12, 15 e 19 de decembro. O ámbito da convocatoria da folga inclúe todos os centros de traballo e as persoas traballadoras ás que lles sexa de aplicación o convenio colectivo de transporte de viaxeiros en autobús por estrada da provincia da Coruña, e a empresa Maitours.
Os servizos mínimos no transporte regular de uso xeral para as xornadas indicadas poderán consultarse na páxina web da Xunta de Galicia. Para máis información pódese chamar ao número de teléfono 988 687 800 en horario de 8:00 a 20:00 horas ou premer nesta ligazón.




