Solapas principales

Prazas esgotadas para a actividade “Contos debuxados, debuxos contados”, de Caxoto e Marc Taeger

Martes, 2 diciembre, 2025
Dende o Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ames informan de que están esgotadas as prazas para a actividade “Contos debuxados, debuxos contados”, de Caxoto e Marc Taeger, que está incluída no programa Apego.

O proxecto Apego segue a organizar diferentes propostas lúdicas para as crianzas nestes derradeiros meses do ano. Desta volta, vaise organizar a iniciativa “Contos debuxados, debuxos contados”, de Caxoto e Marc Taeger.  A actividade de balde, para familias con crianzas a partir de 3 anos, será o xoves 4 de decembro, ás 18.00 horas, no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns.

Trátase dunha proposta participativa que xunta ilustración e palabras contadas da man do  ilustrador Marc Taeger e do contador de contos Caxoto. Ambos os dous artistas executan este man a man escénico, un experimento que desborda divertimento,  creatividade e ganas de xogar e que mestura contos con debuxos, situacións esperpénticas e personaxes inesquecibles.

Multimedia