Solapas principales

Nova xornada do Club tixolas do mercado de horta e artesanía de Ames para elaborar marrón glacé ou castaña confitada

Jueves, 27 noviembre, 2025
No marco das actividades de dinamización do mercado de produtos da horta e artesanía de Ames, este sábado 29 de novembro, organízase unha nova xornada do Club tixolas, un club de cociña dirixido a nenos/as de 6 a 12 anos que se desenvolve o derradeiro sábado de cada mes. Con esta iniciativa, búscase que os máis pequenos teñan un primeiro contacto co mundo culinario e que aprendan a realizar receitas con produtos frescos de proximidade e de temporada.

A actividade é de balde e realizarase de 11.30 a 13.00 horas no mercado de horta e artesanía, localizado na praza da Maía, en Bertamiráns. Para participar, hai que enviar unha mensaxe por WhatsApp ao número de teléfono 667 665 705 indicando nome, apelidos e idade do neno/a. Hai 30 prazas dispoñibles que se cubrirán por orde de inscrición. Nesta xornada traballarase cun dos produtos do mercado como son as castañas para elaborar marrón glacé ou castaña confitada.

Multimedia