Avisos
Miércoles, 10 diciembre, 2025
Desde o venres 5 ata o venres 19 de decembro está aberto o prazo de inscrición para o programa de conciliación Entroido Lúdico, que se realizará os días 16, 17 e 18 de febreiro. No programa poderán participar familias empadroadas en Ames con crianzas escolarizadas no segundo ciclo de educación infantil e primaria neste curso escolar e que acrediten a necesidade de conciliar a vida laboral coa familiar. O programa inclúe os servizos de comedor e Bos días e os horarios de entrada e saída son bastante amplos e flexibles, adaptándose ás necesidades familiares. As familias interesadas deberán entregar a documentación necesaria na Sede Electrónica ou de maneira presencial nas oficinas de asistencia en materia de rexistro do Concello de Ames. Ao pé desta nova podes atopar os anexos de solicitude.
Martes, 9 diciembre, 2025
Segundo a Rede de Aforos de Augas de Galicia, a estación SAR - BERTAMIRÁNS superou o limiar de prealerta, podendo por tanto producirse enchido das canles e desbordamentos.
Viernes, 5 diciembre, 2025
Premendo nas ligazóns que están ao pé deste aviso pódense obter os menús dos comedores escolares, Bos días cole e Tardes divertidas (almorzos, xantares e merendas). Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Viernes, 5 diciembre, 2025
Premendo na ligazón que está ao pé deste aviso pódese obter o menú das escolas infantís municipais de Ames. Este menú foi elaborado pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
De Jueves, 4 Diciembre, 2025 hasta Martes, 6 Enero, 2026
Con data de 28 de novembro de 2025, recíbese escrito da Xuntanza de Empresarios de Ames (XEA) de solicitude de ampliación de horarios da Ponte da Inmaculada Concepción e Nadal nos establecementos de hostalería.
Jueves, 4 diciembre, 2025
A unidade móbil de doazón de sangue estará este venres, 5 de decembro, en Bertamiráns, na avenida da Maía, ao carón da praza da Maía. O horario de atención será de 15:00 a 21:30 horas. Posteriormente, o xoves 11 de decembro estará na Travesía do Porto, no Milladoiro, tamén de 15:00 a 21:30 horas. A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) baixo o lema “Non perdas este bus, doa sangue”, pretende sensibilizar á cidadanía galega da importancia de doar sangue xa que precísanse máis de 400 doazóns diarias nos hospitais galegos.
Jueves, 4 diciembre, 2025
O Concello de Ames informa da convocatoria de folga no sector do transporte de viaxeiros en autobús por estrada da provincia da Coruña os días 5, 12, 15 e 19 de decembro. O ámbito da convocatoria da folga inclúe todos os centros de traballo e as persoas traballadoras ás que lles sexa de aplicación o convenio colectivo de transporte de viaxeiros en autobús por estrada da provincia da Coruña, e a empresa Maitours.
Miércoles, 3 diciembre, 2025
No marco das actividades de dinamización do mercado de produtos da horta e artesanía de Ames, este sábado 6 de decembro organízase unha nova actividade para os rapaces e rapazas de 5 anos en diante. Neste caso trátase da sesión de contacontos ás portas do Nadal, a cargo de David Orihuela (con Dornavela Edicións). O mercado de horta e artesanía de Ames celébrase todos os sábado na praza da Maía, en Bertamiráns, en horario de 10.00 a 13.30 horas.
Martes, 2 diciembre, 2025
O Concello de Ames informa sobre as clases de acordeón que se van impartir no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns. Para participar non é preciso saber solfexo e ofrécese a posibilidade de alugar un acordeón. O prazo de inscrición está aberto dende o día 10 de novembro. As clases están impartidas por persoal de Acordeóns Alborada. As inscrición pódense facer a través do número de teléfono 667 374 409 (Alberto).
Martes, 2 diciembre, 2025
Dende o Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ames informan de que están esgotadas as prazas para a actividade “Contos debuxados, debuxos contados”, de Caxoto e Marc Taeger, que está incluída no programa Apego.
- ‹ anterior
- 27 de 179
- siguiente ›




