- Tematica
O Concello de Ames convoca o proceso selectivo para a contratación de carácter temporal dun/dunha auxiliar administrativo/a ao abeiro da resolución de concesión da subvención da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, destinada á contratación de persoas mozas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.
Para poder tomar parte na presente convocatoria, os/as aspirantes deberán reunir os seguintes requisitos:
-Ter feitos os 18 anos e non superar a idade máxima que estableza a normativa vixente do Sistema nacional de garantía xuvenil, de conformidade co artigo 97.c) da Lei 18/2014, do 15 de outubro, de aprobación de medidas urxentes para o crecemento, a competitividade e a eficiencia.
-Ser persoas desempregadas e inscritas como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego de Galicia.
-Estar inscritas como beneficiarias no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
-Non ter traballado ou recibido accións educativas ou formativas o día natural anterior ao momento de recibir a actuación.
-Titulación: estar en posesión ou en condición de obter, antes do remate do prazo de presentación das solicitudes, o graduado en ESO, ou Técnico en Xestión Administrativa ou equivalente.
-Estar en posesión do nivel de CELGA 2 ou equivalente.
A preselección de persoas candidatas que cumpran os requisitos farase exclusivamente a través da oficina de emprego. As persoas interesadas deberán comprobar que cumpran os requisitos anteriores para poder ser preseleccionadas.
As bases do proceso de selección atópanse publicadas no Taboleiro de Anuncios da Sede Electrónica do Concello de Ames. Pódense consultar premendo nesta ligazón.
Para máis información poden chamar ao número: 663 711 876 (Pablo Bello).




