Miércoles, 3 diciembre, 2025
No marco das actividades de dinamización do mercado de produtos da horta e artesanía de Ames, este sábado 6 de decembro organízase unha nova actividade para os rapaces e rapazas de 5 anos en diante. Neste caso trátase da sesión de contacontos ás portas do Nadal, a cargo de David Orihuela (con Dornavela Edicións). O mercado de horta e artesanía de Ames celébrase todos os sábado na praza da Maía, en Bertamiráns, en horario de 10.00 a 13.30 horas.
A carpa de actividades do mercado acollerá este sábado, 6 de decembro, a iniciativa “Contacontos ás portas do Nadal”. Trátase dunha sesión de contos que se vai realizar a partir das 11.30 horas e que está dirixida a nenos e nenas de 5 anos en diante.
A actividade é de balde e realizarase no mercado de horta e artesanía, localizado na praza da Maía, en Bertamiráns. Para participar non hai que inscribirse previamente, tan só é necesario achegarse á carpa de actividades do mercado.
O mercado de horta e artesanía de Ames celébrase todos os sábado na praza da Maía, en Bertamiráns, en horario de 10.00 a 13.30 horas.





