- Funcións
- Divulgar, promocionar e informar acerca dos recursos e empresas turísticas do concello.
- Organizar actividades e eventos que fomenten o turismo local.
- Asesorar, planificar e xestionar programas e plans de fomento do turismo local.
- Editar material informativo e de promoción.
- Asistir a feiras e eventos relacionados co sector turístico.
-
Normativa
- Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia
- Decreto 57/2016, do 12 de maio, polo que se establecen á ordenación dos establecementos hoteleiros
- Corrección de erros do Decreto 57/2016, do 12 de maio, polo que se establecen a ordenación dos establecementos hoteleiros
- Decreto 48/2016, do 21 de abril, polo que se establecen a ordenación dos albergues turísticos
- Decreto 25/2018, do 22 de febreiro, polo que se modifica o Decreto 42/2001, do 1 de febreiro, de refundición en materia de axencias de viaxes, guías de turismo e turismo activo.
- Decreto 12/2017, do 26 de xaneiro, polo que se establece a ordenación de apartamentos turísticos, vivendas turísticas e vivendas de uso turístico na Comunidade Autónoma de Galicia.
- Novas relacionadas
- Axenda.
Pestanas principais
Departamento de Turismo
Novas do departamento
Os pavillóns do IES do Milladoiro e do IES de Ames, así como, o pavillón municipal do Milladoiro van acoller dende hoxe e ata o domingo a 1200 mozos e mozas chegadas de Madrid, Badaxoz e Alacante. Os/as peregrinos/as forman parte da Peregrinación Europea de Xuventude que vai reunir a 12 mil mozas e mozos en Santiago de Compostela entre este mércores día 3 de agosto e o domingo 7 de agosto. Ademais, ao longo desta semana máis de 5000 mozos e mozas van percorrer o noso concello no seu peregrinar a Santiago de Compostela.
Bertamiráns, en concreto a Praza da Maía, é o punto de partida do último tramo do Camiño de Santiago da Ría Muros Noia. Este camiño, que conxuga mar e montaña, ofrece a posibilidade de realizar unha peregrinación marítima, para o que hai que realizar 90 millas náuticas e 10 km a pé. O Concello de Ames traballa no deseño dun tótem, para finais de ano, que marque o inicio da última etapa a pé dende a Praza da Maía de Bertamiráns.
A localidade de Bertamiráns é o punto de partida do último tramo do Camiño de Santiago da Ría Muros Noia. Este camiño, que conxuga mar e montaña, ofrece a posibilidade de realizar unha peregrinación marítima, para o que hai que realizar 90 millas náuticas e 12 quilómetros a pé. Para marcar o inicio da última etapa a pé de dito Camiño, o Concello de Ames vai a colocar unha escultura no parque do Ameneiral. A escultura vai a ser deseñada e executada polo alumnado de segundo curso do Ciclo superior de Técnicas da Escultura da EASD Mestre Mateo.
A inscrición dos coñecementos e técnicas relacionadas coa arte efémera de elaborar alfombras e outros elementos con flores e materiais naturais, na lista do Patrimonio Inmaterial da UNESCO será debatida no pleno ordinario do xoves, 26 de novembro, logo de que os grupos que conforman o Goberno Municipal, presentasen este asunto como moción pola vía de urxencia. Cómpre salientar o labor da Asociación de Alfombristas de Ames que leva anos engalanando cos seus traballos conmemoracións relixiosas e civís, ademais de levar o nome do Concello a moitos encontros e xuntanzas nacionais e internacionais.
O alcalde de Ames, José Miñones, máis o concelleiro de Turismo, Manuel Lens, a concelleira de Promoción Económica, Ana Paz e a técnica de Turismo, Sonia Moure, mantiveron unha reunión telemática co sector empresarial coa finalidade de presentarlles a ruta xacobea “Camiño da Ría de Muros–Noia”. Tamén estiveron presentes o coordinador da ·Asociación de concellos do Camiño da Ría Muros- Noia”, Sebastián Valverde, e o presidente de XEA, Jorge López. Na reunión falouse dos beneficios que para Ames supón que o camiño pase polo territorio municipal. O departamento de turismo prevé continuar con estas xuntanzas informativas e a vindeira semana reunirase co sector social e cultural.
O Pazo da Peregrina acolleu na tarde de onte unha xuntanza con representantes dos sectores sociais e culturais do Concello na que se deu a coñecer un avance do Plan estratéxico que prepara a “Asociación de Concellos do Camiño da Ría Muros-Noia” para o exercicio 2020-2022. Na reunión, na que participaron creadores/as de Ames e membros das Asociacións Veciñais das parroquias amesás polas que pasa o camiño, a directora do colexio Agro do Muíño, Carmen Liñares, deu a coñecer o traballo que está realizando o alumnado de 4º de Primaria sobre a toponimia, o patrimonio e a riqueza medioambiental deste tramo do camiño.
O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, presentou o pasado venres, 23 de decembro, o Plan de Sostibilidade Turística en Destino “Terras de Santiago”, na sede do GDR Terras de Compostela. Trátase dun proxecto de turismo enogastronómico no que participará Ames, en conxunto con outros nove concellos da comarca que integran a asociación. A iniciativa recibirá 1,3 millóns de euros do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, con cargo ao Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia. Ao acto de presentación asistiron en representación do Concello o alcalde de Ames, Blas García, o concelleiro de Turismo, Manuel Lens, e a concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz.
O GDR 19 Terras de Compostela asinou un convenio de colaboración coa Axencia de Turismo de Galicia para xestionar o xeodestino Terras de Santiago. O obxectivo é xestionar o territorio, que conforman os 10 concellos integrados neste GDR, dentro do xeodestino turístico Terras de Santiago, coa finalidade de desenvolver e dinamizar este territorio a través do turismo. Neste senso durante o ano 2019 realizáronse diferentes actuacións como a elaboración dun vídeo sobre o produto turístico de turismo fluvial, unha análise DAFO (diagnose do territorio) e un Plan de Acción. Ademais, o martes, 4 de febreiro, ás 10.00 horas, haberá unha xornada de sensibilización para dar a coñecer a todas as persoas interesadas, (empresas do sector turístico) a metodoloxía do proxecto SICTED (Calidade turística en destino) e presentarlles os beneficios deste sistema de calidade, animándoos a integrarse e participar.
Esta mañá presentouse no Milladoiro o novo punto de atención ao peregrino e de información turística. Dito punto está situado na esquina da rúa dos Agriños coa rúa do Muíño Vello, ao carón da área de autocaravanas e nunha zona próxima ao albergue do Milladoiro. Tamén se atopa na contorna da Travesía do Porto por onde discorre o trazado do Camiño Portugués. Esta iniciativa xorde da colaboración do Concello de Ames coa Asociación de Amigos do Camiño Portugués en Ames e Teo. Ten o obxectivo de acoller e prestar atención e información/difusión ás/aos peregrinas/os e persoas usuarias do albergue e da área de autocaravanas sobre os servizos e recursos culturais, patrimoniais e turísticos de Ames.
A Casa Escola Obradoiro Ana Rosa e o Concello de Ames inauguran este venres 8 de abril a exposición de encaixe “Fiando Recordos”, un conxunto de pezas de artesanía e pintura nas que se plasma parte da obra dun dos grandes deseñadores e artistas galegos do século XX, Luis Seoane. A inauguración terá lugar no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns, ás 18:30 horas, mentres que a exposición poderá visitarse do 8 ao 10 de abril, de 11:00 a 20:30 horas. Ademais, a palilleira tamén impartirá dúas charlas sobre a historia do encaixe na fin de semana, ás 19:00 horas.
- ‹ anterior
- 8 de 12
- seguinte ›
Eventos del departamento
A conmemoración da histórica Baralla de Altamira dará comezo o venres 10 de xuño coa presentación do proxecto e posta en valor das Torres de Altamira e as investigacións e os avances nos traballos para a elaboración do plan director das Torres de Altamira nunha sesión na que intervirá o arquitecto Mario Crecente. Será no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns ás 20:00 horas.
A festa histórica do val da Maía, que organizan os Concellos de Ames e Brión, xunto coa Deputación da Coruña, para conmemorar a histórica Batalla de Altamira, chega esta semana á súa segunda edición. Na xornada do sábado os participantes poderán gozar dunha ruta histórica, da representación teatral a cargo do grupo Os Quinquilláns e dos concertos de Caldo e de Grande Amore. Para participar nestas actividades é necesaria inscrición previa.
O Concello de Ames, a través dos departamentos de Normalización Lingüística e Turismo, organizou para o domingo 7 de xuño unha andaina polo Mar de Ovellas. Esta actividade, incluída na programación de Rosalía 2026, estará teatralizada polos Quinquilláns e Lupe Blanco. A andaina rematará no local social de Trasmonte cunha pequena festa con música e degustación de petiscos. As persoas que queiran participar teñen que escribir un correo electrónico ao enderezo normalizacion@concellodeames.gal.
Os concellos da Ruta Rosaliana (Ames, Brión, Dodro, Padrón e Santiago de Compostela) organizan para o Día Internacional da Muller a andaina “Rosalías da Vida” que terá unha distancia de 20 quilómetros. A saída será dende Lestrobe, en Dodro, ás 9.00 horas, e rematará as 18.00 horas coa chegada ao acto institucional que se realizará na praza do Obradoiro, en Santiago de Compostela. Os/as participantes de Ames uniranse á andaina en Padrón, na praza de Rodríguez Cobián, ás 9.30 horas. Haberá dous puntos de avituallamento, en Padrón e no Milladoiro. O obxectivo é conmemorar o 8M tendo presente a Rosalía de Castro, unha muller que marcou un antes e un despois na nosa historia.
Despois de adiar varias actividades no mes de xuño debido á meteoroloxía adversa por choiva, volve “Altamira Brilla”, a festa histórica do Val da Maía, organizada polos Concellos de Ames e Brión, xunto coa Deputación da Coruña, para conmemorar a histórica Batalla de Altamira. O programa inclúe a representación teatral “A Batalla de Altamira”, a cargo do grupo Os Quinquilláns; a actuación dos grupos de pandeireteiras de Ames e Brión; e o concerto do grupo Carmela, que se van celebrar o domingo 21 de setembro en horario de mañá e tarde. Todas as actividades son de acceso libre ata completar aforo.
O xoves 22 de febreiro desenvolverase unha nova edición das iniciativas “Caldo de Gloria” e “Café con verso” nos locais de hostalaría de Ames. Deste xeito, repartiranse nos locais de hostalaría unhas tarxetas con versos rosalianos para difundir a súa obra, pensamento e figura. A iniciativa Café con verso xurdiu no ano 2017 froito da colaboración entre o Concello de Ames e mailo poeta amesán Carlos Negro. Así mesmo, a hostalaría tamén servirá o caldo que a escritora describe no seu poema “Miña casiña, meu lar” de Follas Novas.
Ata o 2 de xuño, a Praza da Maía, en Bertamiráns, acolle a exposición "A Casa de Galicia. 50 anos da Casa de Rosalía", na que se repasa a historia deste museo e se lembra o fito que supuxo en pleno franquismo conseguir mercar, restaurar e musealizar esta casa grazas á colaboración de milleiros de persoas. A mostra está comisariada por Pepe Barro, tamén autor da museoloxía da Casa-Museo.
Esta exposición fai un repaso pola historia da Casa-Museo, que se abriu ao público o 15 de xullo de 1971, en pleno franquismo grazas, á implicación de milleiros de persoas e entidades de todo o país e da emigración. O Patronato Rosalía, creado en 1947, converteuse en refuxio do galeguismo, con actos como a Misa de Rosalía en Bonaval, que se constituíron como auténticos encontros de afirmación galeguista.
O Concello de Ames, a través do departamento de Turismo, organizou para o sábado 20 de maio, ás 12.00 horas, unha visita ao Pazo da Peregrina de Bertamiráns, que se enmarca dentro do programa de visita aos Lugares Rosalianos que marcaron a vida e obra de Rosalía. Ditas visitas están teatralizadas polos Quinquilláns. Esta actividade enmárcase dentro do convenio asinado polos Concellos de Ames, Brión, Dodro e Padrón para promover a ruta As pegadas de Rosalía. Para participar hai que enviar un correo electrónico ao enderezo turismo@concellodeames.gal.
O Concello de Ames programa para o sábado 14 de setembro unha saída pola ruta rosaliana que transcorre polos lugares máis emblemáticos da vida de Rosalía de Castro e o seu legado literario. Trátase dun itinerario que segue o trazado orixinal proposto por Avelino Abuín de Tembra na década dos noventa, actualizado polo presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira, no ano 2017, e presentado na feira de turismo Fitur en colaboración con esta entidade, convertido nun proxecto turístico intermunicipal denominado “As Pegadas de Rosalía”, en xaneiro do ano 2018
- ‹ anterior
- 2 de 2




