- Funcións
- Divulgar, promocionar e informar acerca dos recursos e empresas turísticas do concello.
- Organizar actividades e eventos que fomenten o turismo local.
- Asesorar, planificar e xestionar programas e plans de fomento do turismo local.
- Editar material informativo e de promoción.
- Asistir a feiras e eventos relacionados co sector turístico.
-
Normativa
- Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia
- Decreto 57/2016, do 12 de maio, polo que se establecen á ordenación dos establecementos hoteleiros
- Corrección de erros do Decreto 57/2016, do 12 de maio, polo que se establecen a ordenación dos establecementos hoteleiros
- Decreto 48/2016, do 21 de abril, polo que se establecen a ordenación dos albergues turísticos
- Decreto 25/2018, do 22 de febreiro, polo que se modifica o Decreto 42/2001, do 1 de febreiro, de refundición en materia de axencias de viaxes, guías de turismo e turismo activo.
- Decreto 12/2017, do 26 de xaneiro, polo que se establece a ordenación de apartamentos turísticos, vivendas turísticas e vivendas de uso turístico na Comunidade Autónoma de Galicia.
- Novas relacionadas
- Axenda.
Pestanas principais
Departamento de Turismo
Novas do departamento
Durante todo o día 19 o programa "Altamira Brilla" ofrecerá a posibilidade de participar nun abano de actos que inauguran a primeira festa histórica da comarca da Maía. A Deputación da Coruña, a través da súa área de Patrimonio, xunto cos Concellos de Ames e Brión promoven esta conmemoración que recupera a historia da Batalla de Altamira e pon en valor as Torres como ben monumental que foi escenario do acontecemento.
Os concellos de Ames, Brión, Dodro e Padrón organizaron este pasado sábado, 14 de setembro, unha saída pola ruta rosaliana que transcorreu polos lugares máis emblemáticos da vida de Rosalía de Castro e o seu legado literario. A ruta comezou no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns, e rematou na igrexa de Santa María de Iría Flavia cun concerto de Manoele de Felisa, que interpretou varios poemas de Rosalía musicados por el. Esta ruta, a través da cal se pon en valor a vida e obra de Rosalía, tivo unha participación de 110 persoas. Durante o percorrido visitáronse os lugares pertencentes ao territorio destes concellos que marcaron a vida e a obra da nosa autora máis universal. Premendo nesta ligazón podes acceder a unha galería de fotos de dita ruta.
O Concello de Ames, a través da área de Turismo, informa sobre o curso de economía circular no turismo, que organiza a Asociación de Concellos do Camiño de Fisterra – Muxía, da que forma parte Ames xa que polo termo municipal amesá discorre parte do trazado dese Camiño. O curso realizarase os días 8 e 9 de novembro no salón de plenos da Casa do Concello de Corcubión. O obxectivo é mellorar a calidade do servizo e fomentar a sustentabilidade. O curso busca difundir ferramentas para que os profesionais do sector turístico poidan ofrecer unha atención de calidade no Camiño Fisterra – Muxía, aumentando a calidade e sustentabilidade do sector. O curso está pensado para un mínimo de 15 persoas e un máximo de 30. Premendo nesta ligazón podes inscribirte no curso.
A Asociación de Concellos do Camiño de Fisterra e Muxía celebrou o pasado venres, 22 de setembro, a súa primeira xuntanza tras os cambios acontecidos nos seus membros con motivo das eleccións municipais de maio de 2023. Por parte do Concello de Ames asistiron o alcalde e concelleiro de Turismo, Blas García, e maila técnica do departamento de Turismo, Sonia Moure. Os/as asistentes, por unanimidade, acordaron solicitar á presidencia da Xunta de Galicia unha reunión para tratar a oficialización do Camiño dende Santiago a Fisterra e Muxía.
O alcalde de Ames e responsable da área de Turismo, Blas García, asistiu hoxe pola mañá ao acto de sinatura dun convenio entre a Universidade da Coruña e maila Asociación de concellos do Camiño Fisterra-Muxía, da que forma parte o noso Concello. O acordo contempla o traballo conxunto para a realización de actividades de carácter científico e de promoción cultural e difusión, en forma de publicacións, presentacións, xornadas, congresos ou exposicións, relacionadas co Camiño de Fisterra - Muxía. Dentro de dito convenio inclúese a elaboración do libro "Ata o Mar, A prolongación do Camiño de Santiago a Fisterra-Muxía", que será presentado o próximo sábado, 2 de decembro, dentro do Foro de Internalización que está organizando dita asociación.
A Asociación Terras de Compostela, en colaboración do departamento de Turismo do Concello de Ames, organizan un taller para os establecementos do sector turístico sobre medidas hixiénico-sanitarias fronte á Covid-19. Será o próximo mércores, 10 de xuño, de 16.30 a 19.00 horas. Para asistir a esta xornada gratuíta, é necesario inscribirse, xa que aforo é limitado. Emitirase un certificado acreditando a asistencia a dita formación.
A capela da Madalena, monumento no Milladoiro polo que transcorre o Camiño Portugués, forma parte da nova iniciativa da Axencia de Turismo de Galicia “Acende o Xacobeo”. Con este proxecto, iluminaranse 91 monumentos do territorio nacional representativos das diferentes rutas do Camiño de Santiago. Por isto motivo, do 26 ao 28 de decembro, a capela da Madalena, mostrarase de cor azul, co logotipo do Xacobeo 2021 e a frecha amarela.
A Casa do Cruceiro, situada no lugar de Raíces, pertencente á parroquia de Biduído, acolleu esta mañá a presentación da décimo oitava edición do ‘Outono Gastronómico en Turismo Rural’. A dita presentación foi convidado o alcalde de Ames, Blas García, que asistiu xunto ao director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, á delegada da Xunta de Galicia na provincia da Coruña, Belén Docampo, ao presidente de FEGATUR, Francisco Xabier Almuíña, e ao vicepresidente do Clúster do Turismo de Galicia, Jesús Picallo. O ‘Outono Gastronómico en Turismo Rural’ desenvolverase dende o 13 de setembro ata o 15 de decembro de 2024. A Casa do Cruceiro é un dos 77 establecementos participantes este ano. Ofrécense desde menús especiais, ata paquetes con estadías e nalgunhas das casas e tamén haberá actividades como paseos a cabalo, descenso en canoa ou sendeirismo.
A Deputación da Coruña e os concellos de Brión e Ames, organizan os días 12 e 13 de xuño “Altamira Brilla”, un evento que conmemora os 550 aniversario da histórica batalla de Altamira. O programa inclúe as presentacións en Pontemaceira do libro "A Batalla de Altamira", que escribiron Mercedes Vázquez e María Pilar Rodríguez da empresa Dehistoria, os traballos de investigación que se están levando a cabo para a elaboración do plan director das Torres de Altamira, unha ruta histórica, a representación da batalla a cargo do grupo Os Quinquilláns e un concerto de Baiuca.
“Alcancemos novas metas!” é o lema da peregrinación pola ruta do Camiño de Santiago “Ría de Muros- Noia” que organiza a parroquia de Ortoño coa colaboración da Concellaría de Turismo de Ames. O evento desenvolverase en seis etapas a partir do 22 de xaneiro de 2022. As persoas interesadas poden obter máis información na web da parroquia. Até o momento hai 120 persoas anotadas.
- 1 de 9
- seguinte ›
Eventos del departamento
Organizada pola Concellaría de Turismo, hoxe, 27 de novembro, ás 20:30 horas na Casa de Cultura de Milladoiro, a Compañía “Os Quinquilláns” representarán a obra de teatro “A pluma de Rosalía”.
A entrada é de balde e os convites deben reservarse na billetera municipal.
O vindeiro xoves, 12 de outubro, vaise realizar unha andaina e xantar popular que se enmarca dentro da programación do centenario do Seminario de Estudos Galegos. A andaina discorrerá entre Compostela e Ortoño, emulando a andaina fundacional que realizaron algúns dos membros do Seminario de Estudos Galegos hai 100 anos.
O adro de San Xoán de Ortoño acollerá este venres, 30 de decembro, ás 17:00 horas, un concerto de campás ofrecido pola Asociación Cultural Campaneiros de Galicia, “As campás, o son do Camiño”. Así mesmo, o investigador Estanislao Fernández de la Cigoña ofrecerá unha charla sobre a historia das campás, mentres que José Enrique López Ocampo, fundidor de campás, explicará o seu proceso de fabricación.
O Pazo da Peregrina de Bertamiráns acolle a exposición "O herbario de Rosalía", unha mostra de 50 láminas con imaxes de especies botánicas asociadas ás obras da escritora, e que xurdiu tras a investigación das profesoras María López Sández e María Isabel Fraga Vila e a publicación do libro homónimo a dita exposición. Poderase visitar os días 16, 17, 23, 24, 25, 26, 30 e 31 de marzo e 1 e 2 de abril. Os xoves e venres o horario será de 17:00 a 20:00 horas, e os sábados e domingos de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 horas.
O Pazo da Peregrina de Bertamiráns acolle a exposición "O herbario de Rosalía", unha mostra de 50 láminas con imaxes de especies botánicas asociadas ás obras da escritora, e que xurdiu tras a investigación das profesoras María López Sández e María Isabel Fraga Vila e a publicación do libro homónimo a dita exposición. Poderase visitar os días 16, 17, 23, 24, 25, 26, 30 e 31 de marzo e 1 e 2 de abril. Os xoves e venres o horario será de 17:00 a 20:00 horas, e os sábados e domingos de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 horas.
O Pazo da Peregrina de Bertamiráns acolle a exposición "O herbario de Rosalía", unha mostra de 50 láminas con imaxes de especies botánicas asociadas ás obras da escritora, e que xurdiu tras a investigación das profesoras María López Sández e María Isabel Fraga Vila e a publicación do libro homónimo a dita exposición. Poderase visitar os días 16, 17, 23, 24, 25, 26, 30 e 31 de marzo e 1 e 2 de abril. Os xoves e venres o horario será de 17:00 a 20:00 horas, e os sábados e domingos de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 horas.
A Casa Escola Obradoiro Ana Rosa e o Concello de Ames inauguran este venres 8 de abril a exposición de encaixe “Fiando Recordos”, un conxunto de pezas de artesanía e pintura nas que se plasma parte da obra dun dos grandes deseñadores e artistas galegos do século XX, Luis Seoane. A inauguración terá lugar no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns, ás 18:30 horas, mentres que a exposición poderá visitarse do 8 ao 10 de abril, de 11:00 a 20:30 horas. Ademais, a palilleira tamén impartirá dúas charlas sobre a historia do encaixe na fin de semana, ás 19:00 horas.
“Altamira Brilla”, a festa histórica do val da Maía, organizada polos Concellos de Ames e Brión, xunto coa Deputación da Coruña, para conmemorar a histórica Batalla de Altamira, chega o sábado 10 de xuño á súa terceira edición.O programa está conformado por unha ruta teatralizada polos escenarios da batalla, polos espectáculos de Títeres Alacrán e do grupo teatral Os Quinquilláns; e pola actuación musical de Fillas de Cassandra. Preme nesta ligazón para reservar as entradas, que son de balde.
Dentro da programación de actividades organizadas en Ames con motivo do Día de Rosalía, que se conmemorou o pasado 23 de febreiro, o departamento de Turismo organiza a presentación do libro “Mordouelias. Rosalía e As Terras da Maía”, editado polo Concello de Ames e a Fundación Rosalía. O evento terá lugar o xoves, día 2, na Casa da Cultura do Milladoiro, ás 19:00 horas. Nel participarán a filóloga María López Sández, experta rosaliana e escritora da obra, e Anxo Angueira, presidente da Fundación Rosalía de Castro. Antes do acto, ás 18:30 horas, plantarase unha filla da figueira da Casa – Museo Rosalía de Castro, doada por esta institución ao Concello de Ames. Será na zona do anfiteatro ao aire libre (detrás do IES do Milladoiro).
Os concellos de Ames, Brión, Dodro e Padrón programan para o vindeiro sábado, 29 de abril, unha saída pola ruta rosaliana que transcorre polos lugares máis emblemáticos da vida de Rosalía de Castro e o seu legado literario. Trátase dun itinerario que segue o trazado orixinal proposto por Avelino Abuín de Tembra na década dos noventa, actualizado polo presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira, no ano 2017, e presentado na feira de turismo Fitur en colaboración con esta entidade, convertido nun proxecto turístico intermunicipal denominado “As Pegadas de Rosalía”, en xaneiro do ano 2018. As inscricións son gratuítas e deberán realizarse a través desta ligazón ata o día 25 de abril. As prazas serán adxudicadas por orde de rexistro e deberase seleccionar o punto de saída e regreso do autocar.
- 1 de 2
- seguinte ›