- Funcións
- Divulgar, promocionar e informar acerca dos recursos e empresas turísticas do concello.
- Organizar actividades e eventos que fomenten o turismo local.
- Asesorar, planificar e xestionar programas e plans de fomento do turismo local.
- Editar material informativo e de promoción.
- Asistir a feiras e eventos relacionados co sector turístico.
-
Normativa
- Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia
- Decreto 57/2016, do 12 de maio, polo que se establecen á ordenación dos establecementos hoteleiros
- Corrección de erros do Decreto 57/2016, do 12 de maio, polo que se establecen a ordenación dos establecementos hoteleiros
- Decreto 48/2016, do 21 de abril, polo que se establecen a ordenación dos albergues turísticos
- Decreto 25/2018, do 22 de febreiro, polo que se modifica o Decreto 42/2001, do 1 de febreiro, de refundición en materia de axencias de viaxes, guías de turismo e turismo activo.
- Decreto 12/2017, do 26 de xaneiro, polo que se establece a ordenación de apartamentos turísticos, vivendas turísticas e vivendas de uso turístico na Comunidade Autónoma de Galicia.
- Novas relacionadas
- Axenda.
Pestanas principais
Departamento de Turismo
Novas do departamento
Durante todo o día 19 o programa "Altamira Brilla" ofrecerá a posibilidade de participar nun abano de actos que inauguran a primeira festa histórica da comarca da Maía. A Deputación da Coruña, a través da súa área de Patrimonio, xunto cos Concellos de Ames e Brión promoven esta conmemoración que recupera a historia da Batalla de Altamira e pon en valor as Torres como ben monumental que foi escenario do acontecemento.
A Asociación Terras de Compostela, en colaboración do departamento de Turismo do Concello de Ames, organizan un taller para os establecementos do sector turístico sobre medidas hixiénico-sanitarias fronte á Covid-19. Será o próximo mércores, 10 de xuño, de 16.30 a 19.00 horas. Para asistir a esta xornada gratuíta, é necesario inscribirse, xa que aforo é limitado. Emitirase un certificado acreditando a asistencia a dita formación.
A capela da Madalena, monumento no Milladoiro polo que transcorre o Camiño Portugués, forma parte da nova iniciativa da Axencia de Turismo de Galicia “Acende o Xacobeo”. Con este proxecto, iluminaranse 91 monumentos do territorio nacional representativos das diferentes rutas do Camiño de Santiago. Por isto motivo, do 26 ao 28 de decembro, a capela da Madalena, mostrarase de cor azul, co logotipo do Xacobeo 2021 e a frecha amarela.
Este pasado mércores, 9 de outubro, o concelleiro de Turismo do Concello de Ames, Manuel Lens, e a técnica municipal de turismo, Sonia Moure, reuníronse na Coruña co vicepresidente da Deputación, Xosé Regueira, e cos alcaldes e concelleiras dos concellos de Brión e Padrón, co obxectivo de seguir avanzando no impulso da ruta rosaliana “As pegadas de Rosalía”. Deste xeito, a Deputación da Coruña colaborará para impulsar un proxecto de sinalización turístico intelixente da Ruta Rosaliana co obxectivo de mellorar a imaxe, modernizar o sistema de información e facer máis accesíbel un recurso de especial interese turístico creado arredor do territorio biográfico e literario de Rosalía de Castro.
Calquera veciño ou veciña de Ames pode participar no concurso “Relatos e fotografías dos Concellos da Coruña”. A Biblioteca Provincial, en colaboración co departamento de Turismo da Deputación, convocan este certame que ten como obxectivo principal fomentar o coñecemento e a valorización do patrimonio local. A proposta basease en escribir un relato de entre catro e dez folios e acompañalo de tres fotografías do concello que ilustren a historia. O prazo de entrega finaliza o día 31 de agosto. O premio consiste nunha noite para dúas persoas con cea, almorzo e acceso ao spa no recentemente inaugurado Parador de Muxía.
A Casa Escola Obradoiro da palilleira amesá, Ana Rosa Lista, está na actualidade impartindo clases de encaixe galego popular no centro social A Nosa Galicia de Xenebra. A palilleira amesá, que é mestra de encaixe da Xunta de Galicia, estará en Suíza ata o 22 de outubro ofrecendo este obradoiro a 17 alumnas en horario de tarde. Ademais, acudiu a semana pasada ao IES Luís Seoane, de Pontevedra, para presentar a exposición na que reproduciu 17 cadros do pintor e xornalista, Luís Seoane, feitos con mistura de encaixe e pintura. O Concello ten a intención de poder expoñer esta mostra proximamente en Ames.
Esta semana tivo lugar unha reunión para concretar a axenda de actos que se levarán a cabo con motivo da conmemoración da Batalla de Altamira, con especial atención cara o ano 2021, cando se conmemoren os 550 anos deste acontecemento histórico. En dita reunión participaron en representación do Concello de Ames, Manuel Lens, concelleiro de Turismo, e Sonia Moure, técnica municipal de Turismo; Alberto Álvarez, técnico municipal de Turismo do Concello de Brión, e Xosé Luís Penas, deputado de Patrimonio Provincial en representación da Deputación da Coruña.
O campo de golf do Real Aero Club de Santiago acolleu o pasado mércores, 10 de xuño, unha reunión coa industria turística do Concello de Ames, que estivo presidida polo alcalde, José Miñones, xunto co concelleiro de Turismo, Manuel Lens, e a técnica municipal de Turismo, Sonia Moure. O obxectivo da xuntanza foi analizar e estudar as posibles vías de colaboración público-privada para promover o territorio amesán e impulsar o turismo no concello.
Este martes, 26 de novembro, o alcalde de Ames, José Miñones, e o concelleiro de Transición Ecolóxica e Medio Rural, Manuel Lens, mantiveron unha xuntanza nas dependencias da Xunta de Galicia, en San Caetano, co Secretario Xeral Técnico de Cultura e Turismo, Manuel Vila López, e maila Directora Xeral de Patrimonio Cultural, María del Carmen Martínez Insua. En dito encontro falaron de diversos temas que tanto o alcalde como o concelleiro consideraban de relevancia.
Esta semana o decano do Consello da Catedral e xefe da Oficina de Atención ao Peregrino, Segundo Pérez, e maila presidenta da asociación de Concellos do Camiño da Ría de Muros-Noia, Teresa Villaverde, asinaron o documento a través do cal o Camiño pola Ría de Muros-Noia pasa a formar parte da Ruta Xacobea Oficial. O trazado de dito Camiño percorre os concellos de Muros, Outes, Noia, Porto do Son, Lousame, Rois, Brión, Ames e Santiago de Compostela.
- 1 de 3
- seguinte ›
Eventos del departamento
Os concellos da Ruta Rosaliana (Ames, Brión, Dodro, Padrón e Santiago de Compostela) organizan para o Día Internacional da Muller a andaina “Rosalías da Vida” que terá unha distancia de 20 quilómetros. A saída será dende Lestrobe, en Dodro, ás 9.00 horas, e rematará as 18.00 horas coa chegada ao acto institucional que se realizará na praza do Obradoiro, en Santiago de Compostela. Os/as participantes de Ames uniranse á andaina en Padrón, na praza de Rodríguez Cobián, ás 9.30 horas. Haberá dous puntos de avituallamento, en Padrón e no Milladoiro. O obxectivo é conmemorar o 8M tendo presente a Rosalía de Castro, unha muller que marcou un antes e un despois na nosa historia.