Actualidade

Ex., 24-06-2026
Ex., 24-06-2026
Xoves, 11 de xuño de 2026
Aberto o prazo para inscribirse na visita aos lugares Rosalianos que marcaron a vida e obra de Rosalía

O Concello de Ames, a través do departamento de Turismo, organizou para o sábado 20 de xuño, ás 12.00 horas, unha visita ao Pazo da Peregrina de Bertamiráns, que se enmarca dentro do programa de visita aos Lugares Rosalianos que marcaron a vida e obra de Rosalía. Ditas visitas están teatralizadas polos Quinquilláns. Esta actividade enmárcase dentro do convenio asinado polos Concellos de Ames, Brión, Dodro e Padrón para promover a ruta As pegadas de Rosalía. Para participar hai que enviar un correo electrónico ao enderezo turismo@concellodeames.gal.

Martes, 28 de abril de 2026
Aberto o prazo para participar na andaina polo Mar de Ovellas e na visita aos lugares Rosalianos dos días 9 e 10 de maio

O Concello de Ames, a través dos departamentos de Normalización Lingüística e Turismo, organizou para o domingo 10 de maio unha andaina polo Mar de Ovellas. Esta actividade, incluída na programación de Rosalía 2026, estará teatralizada polos Quinquilláns e Lupe Blanco. A andaina rematará no local social de Trasmonte cunha pequena festa con música e degustación de petiscos. As persoas que queiran participar teñen que escribir un correo electrónico ao enderezo normalizacion@concellodeames.gal. Ademais, para o sábado 9 de maio está aberto o prazo para inscribirse na visita aos lugares Rosalianos que marcaron a vida e obra de Rosalía. Neste caso visitarase o Pazo da Peregrina de Bertamiráns. Para participar hai que enviar un correo electrónico ao enderezo turismo@concellodeames.gal.

Sábado, 14 de marzo de 2026
Concello, Deputación e AGA inauguran a nova área de autocaravanas de Ames situada en Bertamiráns

O Concello de Ames, a Deputación da Coruña e a Asociación Galega de Autocaravanas inauguraron a nova área de autocaravanas de Bertamiráns. Ao acto sumáronse arredor de 100 autocaravanas e máis de 200 autocaravanistas, que participaron nunha concentración de tres días coincidindo coa estrea desta nova infraestrutura.

Martes, 10 de marzo de 2026
Arredor de 150 autocaravanas participarán nunha concentración coincidindo co acto de inauguración da nova área de Bertamiráns

A Asociación Galega de Autocaravanas, en colaboración co Concello de Ames, organiza para os días 13, 14 e 15 de marzo unha concentración de caravanas coincidindo co acto de inauguración da nova área de Bertamiráns. Debido a isto a avenida Jose Luis Azcárraga será de sentido único (dirección Covas-Bertamiráns), dende as 15.00 horas do venres 13 ata as 20.00 horas do domingo 15 de marzo, xa que as caravanas estacionarán en batería ao longo de dita rúa. A nova área está situada no lugar das Pateiras e dispón de espazo para 15 aparcamentos de autocaravanas, unha delas está adaptada para persoas con mobilidade reducida.

Mércores, 10 de decembro de 2025
A Asociación de Concellos do Camiño Fisterra-Muxía organiza o seu III Foro de Internacionalización

A Asociación de Concellos do Camiño Fisterra-Muxía, da que forma parte o Concello de Ames, organiza o III Foro de Internacionalización do Camiño Fisterra-Muxía, un encontro que pon en valor esta ruta xacobea o próximo sábado 13 de decembro no Parador da Costa da Morte, en Muxía. O obxectivo desta xornada é analizar e establecer as claves para a expansión e internacionalización deste Camiño, así como debater os retos de cara ao Ano Xacobeo 2027. Durante o congreso tamén se entregará o recoñecemento “Ti fas Camiño”. As persoas interesadas en asistir poderán inscribirse na seguinte ligazón.

Luns, 10 de novembro de 2025
Primeiro premio categoría paisaxe: Solpor de Outono

A Xuntanza de Empresarios de Ames e o Concello de Ames organizaron a quinta edición do concurso de fotografía Enfoca Ames. O obxectivo deste certame é fomentar o achegamento da cidadanía aos lugares máis emblemáticos do concello de Ames. A esta edición presentáronse un total de 51 fotografías, repartidas entre as tres categorías existentes (artística, paisaxe e patrimonio). Este ano incrementouse o importe dos premios e repartiranse 1.125 euros para gastar nos comercios asociados á XEA. O xurado, que estivo composto por catro persoas (dúas achegadas polo Concello e outras dúas por XEA), encargouse de elixir as nove mellores fotografías. Os/as premiados/as foron notificados/as mediante chamada telefónica.

Martes, 21 de outubro de 2025
Aberto o prazo para participar na quinta edición do concurso de fotografía Enfoca Ames

A Xuntanza de Empresarios de Ames e o Concello de Ames, organizan a quinta edición do concurso de fotografía Enfoca Ames, quen ten como obxectivo fomentar o achegamento da cidadanía aos lugares máis emblemáticos do concello de Ames. As persoas participantes deberán presentar unha fotografía que recolla o patrimonio natural, artístico e/ou cultural do concello de Ames. Admítese unha fotografía por cada unha das tres categorías existentes. A participación no concurso é gratuíta. O prazo de entrega das imaxes remata o 2 de novembro de 2025. As fotografías teñen que ser enviadas xunto coa ficha de inscrición por correo electrónico ao enderezo enfocames@gmail.com. Podes consultar as bases completas do Enfoca Ames 2025 na seguinte ligazón

Domingo, 05 de outubro de 2025
Seis empresas de Ames reciben a distinción do selo de calidade turística en destino SICTED

Este pasado martes, 30 de setembro, o Hotel Congreso, localizado no concello de Teo, acolleu a entrega de diplomas ás empresas formadas no Sistema Integral de Calidade Turística Española en Destino, SICTED. En total, recibiron esta distinción 34 profesionais de establecementos e servizos vencellados ao turismo na contorna compostelá, dos cales 6 pertencen a Ames. Amextreme Kayak, Casa Abelleira, Casa do Boi, Hotel Payro e Onde Keiras, renovaron o seu compromiso, mentres que o guía turístico Guía da Maía recibiu por primeira vez esta distinción.

Mércores, 01 de outubro de 2025
XEA e o Concello de Ames organizan a quinta edición do concurso de fotografía Enfoca Ames

A Xuntanza de Empresarios de Ames e o Concello de Ames, organizan a quinta edición do concurso de fotografía Enfoca Ames, quen ten como obxectivo fomentar o achegamento da cidadanía aos lugares máis emblemáticos do concello de Ames. As persoas participantes deberán presentar unha fotografía que recolla o patrimonio natural, artístico e/ou cultural do concello de Ames. Admítese unha fotografía por cada unha das tres categorías existentes. A participación no concurso é gratuíta. O prazo de entrega das imaxes vai do 1 de outubro ao 2 de novembro de 2025. As fotografías teñen que ser enviadas xunto coa ficha de inscrición por correo electrónico ao enderezo enfocames@gmail.com. Podes consultar as bases completas do Enfoca Ames 2025 na seguinte ligazón

Mércores, 24 de setembro de 2025
Volve a ruta teatralizada “O segredo do Andoriña” para coñecer a historia, natureza a patrimonio da contorna do río Tambre

O vindeiro sábado, 4 de outubro, terá lugar a ruta teatralizada “O segredo do Andoriña”. Trátase dunha ruta duns 5,2 quilómetros que xa se desenvolveu en anos anteriores e que ten como obxectivo poñer en valor e dar a coñecer o patrimonio material e inmaterial da contorna do río Tambre. O punto de inicio da camiñada será desde a praia fluvial de Tapia e dará comezo ás 10.30 horas. Haberá servizo de autobús, con saída ás 10.00 horas desde a Casa da Cultura do Milladoiro e ás 10.15 horas desde o Pazo da Peregrina de Bertamiráns. A actividade é de balde pero, para participar, é preciso realizar unha inscrición previa. Hai 50 prazas dispoñibles.