As sete modificacións e as tres derrogacións de ordenanzas fiscais que, a petición do grupo municipal do Partido Popular, tratáronse onte en Pleno Extraordinario, foron rexeitadas na súa totalidade. Os concelleiros e concelleiras do grupo do goberno votaron en contra de todos os puntos da orde do día, o PP a favor e os concelleiros de Ciudadanos e Ames Novo variaron o seus votos en cada unha das propostas, de xeito que nalgunhas cuestións abstivéronse, noutras votaron a favor e noutras en contra. A sesión, por mor da pandemia da Covid-19, celebrouse coa asistencia presencial do alcalde, secretaria, interventora e tesoureira, e a asistencia telemática do resto dos/as concelleiros/as. Foi retransmitido en streaming a través da canle de directos do concello.