Pestanas principais

Departamento de Secretaría e Administración Xeral

    • Enderezo: Praza do Concello, nº 2, Bertamiráns.
    • Teléfono: 981 88 30 02
    • Horario de atención ao público: de 9:00-14:00 horas.
    • Responsable municipal: Concellaría de Administración Xeral.
    • Responsable técnico: María Ofir Aboy García, técnica de secretaría.
    • Estrutura do servizo: Secretaría, Técnica de Secretaría, 3 Auxiliares Administrativos.
Outros Datos: 
  • Funcións:
    • Asesoría xurídica do Concello
    • Informar e asesorar sobre os asuntos plenarios. Conformación dos plenos e comisións, xuntas de goberno
    • Levantar acta das sesións dos órganos colexiados
    • Certificación dos actos ou resolucións da Presidencia e os acordos dos órganos colexiados decisorios, así como dos antecedentes, libros e documentos do Concello.
    • Remitir á Administración do Estado e á Comunidade Autónoma, nos prazos e formas determinados reglamentariamente, copia ou, no seu caso, extracto dos actos e acordos dos órganos decisorios da Corporación, tanto colexiados como unipersonais.
    • Levar e custodiar o Rexistro de Intereses dos membros da Corporación e o Inventario de Bens.
    • Acompañar ao Alcalde-Presidente ou membros da Corporación nos actos de sinatura de contratos ou escrituras.
    • Xestión da área de contratación. Realización do Plan de contratación semestral.
    • Xestión dos RRHH do Concello de Ames.
  • Bolsas de traballo
  • Procesos selectivos
  • Perosal Municipal
  • Novas relacionadas
  • Axenda.

Novas do departamento

A Corporación municipal aprobou por unanimidade, o pasado 7 de febreiro de 2024, a participación do Concello de Ames no plan POS+ Adicional 1/2024 para gastos sociais extraordinarios do exercicio 2024. Podes ver a gravación do pleno na canle de Youtube do Concello de Ames.

A Corporación municipal aprobou por unanimidade, o pasado 29 de decembro de 2025, a participación do Concello de Ames no plan POS+ Adicional 1/2026 para gastos sociais extraordinarios do exercicio 2026. Podes ver a gravación do pleno na canle de Youtube do Concello de Ames.

Este xoves, 16 de abril, celebrouse o pleno ordinario correspondente ao mes de marzo, a través da aplicación Councilbox subministrada por AVA Soluciones tecnológicas. A sesión foi celebrada de xeito telemático e reproducida en directo por streaming por primeira vez. A Corporación municipal aprobou por unanimidade todos os puntos da orde do día. En primeiro lugar, desestimouse a solicitude da empresa concesionaria do complexo da piscina cuberta municipal de Ames para a compensación económica debido a paralización da súa actividade empresarial. Ademais, aprobouse a posta a disposición da Xunta de Galicia da parcela necesaria para o novo colexio do Milladoiro e maila reanudación do prazo do trámite de exposición pública do orzamento 2020.

Este martes, 28 de decembro, celebrouse a sesión ordinaria do pleno de decembro no que a Corporación municipal aprobou por unanimidade a rectificación do Inventario municipal, que levaba sen actualizar dende hai máis de 20 anos. Neste mesmo pleno aprobouse tamén por unanimidade solicitar unha subvención á Deputación para a creación dunha área de autocaravanas en Bertamiráns; o incremento da cantidade global destinada á asignación de gratificacións, horas extras e horas complementarias no orzamento 2021; a prórroga do contrato coa empresa Urbaser SA, para a xestión da limpeza viaria e do Punto Limpo polo prazo de seis meses; e maila revisión dos prezos de Urbaser SA para 2021. A continuidade da prestación do servizo do Ciclo Integral da Auga pola concesionaria do servizo, Espina & Delfín SL, saíu adiante co voto a favor dos membros do grupo de Goberno. A proposta presentada por Ames Novo sobre a adecuación dos límites de velocidade ao establecido polo Real Decreto 970/2020 en diversas estradas do concello foi aprobada co voto a favor dos concelleiros/as do grupo municipal popular e do grupo mixto. A segunda proposta, presentada polos grupos municipais socialista, Contigo Podemos e Ames Novo, na que se insta ás autoridades da República de El Salvador a cumprir a sentenza do Tribunal Iberoamericano de Dereitos Humanos no chamado “Caso Manuela”, para reformar a lei que penaliza calquera tipo de aborto, incluso o terapéutico, foi aprobada por unanimidade.

Este xoves, 28 de maio, celebrouse de forma telemática o pleno ordinario correspondente ao mes de maio. A Corporación municipal aprobou todos os puntos da orde do día, excepto a modificación da ordenanza número 3 reguladora do prezo público pola utilización das instalacións deportivas e culturais, que quedou encima da mesa por petición do grupo municipal popular. Deste xeito, aprobouse a segunda prórroga do contrato de xestión do servizo público Ciclo Integral da Auga; a adhesión á Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU) de Galicia; e a aprobación proxecto corrixido de reforma vestiarios campo de fútbol de Bertamiráns. Ademais, aprobouse a incorporación do Concello de Ames á Incorporación á Red Innpulso; a modificación das bases número 20 e 26 do orzamento municipal de 2020; o recurso de reposición presentado por Serviocio contra o acordo plenario do 16 de abril de 2020, así como a ratificación de tres decretos de alcaldía aprobados durante este mes de maio.

Este xoves, 28 de abril, celebrouse a sesión ordinaria do pleno de abril no que a Corporación municipal aprobou por unanimidade a aprobación do convenio de colaboración entre a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, da Xunta de Galicia, o Concello de Ames e a UTE (Unión temporal de traballadores) “XG-807”, para a implantación da nova liña de autobús do servizo de interese municipal, entre a rúa Alcalde Lorenzo e a estación intermodal de Santiago, que discorrerá polas parroquias de Ortoño, Bugallido e Biduído. Outros temas que se aprobaron foron a modificación do plan estratéxico de subvencións; a revisión de prezos dos contratos de concesión da limpeza viaria e xestión do Punto limpo e do servizo público do Ciclo integral da auga; a aprobación inicial da ordenanza reguladora da limpeza de terreos, solares e parcelas; a aprobación dos regulamentos do Consello sectorial da cultura e da prestación do servizo de atención temperá; e maila declaración institucional de loita contra a fraude.

A Corporación municipal aprobou por unanimidade o documento definitivo da Axenda Urbana 2030, que é o documento que marcará a estratexia e as accións a levar a cabo ata 2030, para facer de Ames un concello de convivencia amable, acolledor e máis saudable. Esta folla de ruta naceu como resultado dun proceso participativo no que se implicou ao persoal técnico do Concello e Ames e ao tecido asociativo do municipio co obxectivo de pulsar a súa opinión e de que achegasen propostas e suxestións de cara á redacción do documento definitivo da diagnose. A presentación da Axenda Urbana 2030 realizouse este pasado martes, 11 de xuño, no Pazo da Peregrina. Premendo nesta ligazón podes ver o vídeo do pleno extraordinario sobre a Axenda Urbana 2030.

Este xoves, 28 de xullo, celebrouse o pleno ordinario correspondente a este mes de xullo. En dita sesión plenaria a Corporación municipal aprobou por unanimidade todos os puntos recollidos na orde do día. Deste xeito aprobouse o expediente de licitación do servizo de axuda no fogar; o proxecto modificado de construción de beirarrúas na avenida da Maía e maila solicitude dunha subvención nominativa á Deputación da Coruña para poder executar dito proxecto. Ademais, tamén se aprobou a subsanación do proxecto das obras de reforma dos vestiarios do campo de fútbol de Bertamiráns, a modificación do proxecto de acondicionamento e mellora térmica da cuberta e fachadas das escola infantil municipal O Bosque, e a adxudicación dos tres lotes incluídos no contrato do servizo de limpeza de instalacións municipais e centros educativos. Por último, aprobouse de xeito inicial o regulamento de títulos, honras e distincións do Concello de Ames e a resolución da alegación presentada e maila aprobación definitiva do regulamento do Consello sectorial da cultura.

Este xoves, 30 de xaneiro, realizouse o pleno ordinario do mes de xaneiro no que a Corporación municipal aprobou por unanimidade o gasto plurianual, para os exercicios 2020, 2021 e 2022, dun importe de 1.470.288,94 euros (294.057,79 euros correspondentes a achega municipal e 1.176.231,15 euros correspóndense coa subvención do IDAE), para o proxecto de mellora da eficiencia enerxética no alumeado no rural do concello de Ames. Ademais, aprobáronse por unanimidade outros temas como a adhesión á Rede de Gobernos Locais +Biodiversidad; a primeira modificación do Regulamento de Participación Cidadá; a segunda modificación do regulamento de organización e funcionamento da emisora municipal Ames Radio: e a aprobación do proxecto técnico de Rede de saneamento no lugar de Castelo. Tamén se abordaron seis propostas e dúas mocións presentadas por vía de urxencia polo grupo municipal popular.

Este martes, 31 de maio, celebrouse a sesión ordinaria do pleno de maio no que a Corporación municipal aprobou por unanimidade todos os puntos recollidos na orde do día. Deste xeito, aprobouse o proxecto modificado das obras de reforma de vestiarios do campo de fútbol de Bertamiráns (POS+ 2020), o Plan director do Parque arqueolóxico Compostela Rupestre, a modificación da Ordenanza número 5 reguladora do prezo público pola prestación do servizo das escolas infantís municipais, a alteración da cualificación xurídica dunha superficie de terreo de 327 metros cadrados no cemiterio parroquial de Biduído, a undécima modificación puntual da Relación de Postos de Traballo, o Plan de medidas antifraude do Concello de Ames e mailo primeiro suplemento de crédito de 2022.

Eventos del departamento

Este xoves, día 27, o Concello de Ames celebrará o pleno ordinario correspondente ao mes de xullo.

Este sábado, 15 de xuño, celébrase o primeiro pleno do mandato 2019-2023 no que se desenvolverá o acto de investidura. O pleno de constitución da nova Corporación desenvolverase dende as 12:00 horas no auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns. Os concelleiros e concelleiras prometerán o seu cargo e será elixido o alcalde. Os 21 concelleiros/as terán que facer unha votación nominal na que cada edil terá que votar por algún dos candidatos á Alcaldía.

A Casa do Concello acolle a xuntanza de portavoces a partir das 14.00h este xoves, 11 de xullo.