Pestanas principais

O Pleno aproba por unanimidade a participación no plan POS+ Adicional 1/2026 para gastos sociais extraordinarios do exercicio 2026

Martes, 30 de decembro de 2025

A Corporación municipal aprobou por unanimidade, o pasado 29 de decembro de 2025, a participación do Concello de Ames no plan POS+ Adicional 1/2026 para gastos sociais extraordinarios do exercicio 2026. Podes ver a gravación do pleno na canle de Youtube do Concello de Ames.

Un dos temas aprobados por unanimidade en dita sesión plenaria foi a participación no POS+ Adicional 1/2026 para gastos sociais extraordinarios do exercicio 2026, aplicando a contía que lle corresponde ao Concello de Ames que ascende a 182.181,57 euros. 

A concelleira de Benestar Social, Uxía García, explicou que “o importe de 72.742,32 euros vaise destinar a ampliación de persoal técnico con tres traballadores/as sociais, para dar unha resposta máis rápida ás necesidades dos nosos veciños e veciñas. Tamén se van ampliar as partidas municipais para as axudas de emerxencia e de necesidade social para unidades de convivencia en situación de vulnerabilidade con 66.734,25 euros. Por último, contémplase a ampliación do servizo de Xantar na Casa con 42.705 euros, cun incremento de 10 prazas, pasando de 20 prazas no ano 2019 ata as 45 praza para o exercicio 2026”.

O Pleno aproba por unanimidade a participación no plan POS+ Adicional 1/2026 para gastos sociais extraordinarios do exercicio 2026