Pestanas principais

Departamento de Promoción Económica e Emprego

Novas do departamento

O pasado venres, 21 de xullo, comezou unha nova edición do concurso Canta con Ames coa primeira xornada de preselección que se desenvolveu na praza de Manuel Murguía, no Milladoiro. A segunda xornada de preselección realizouse o sábado, 29 de xullo, no parque do Ameneiral, en Bertamiráns. Nesta edición participan 24 persoas de Ames e doutros concellos como Santiago de Compostela, Vigo, Arteixo, Cee, Corcubión, Silleda e Ordes. Na segunda xornada de preselección déronse a coñecer os/as 20 participantes que pasan á semifinal do 4 de agosto, que se vai celebrar na praza de Manuel Murguía, no Milladoiro. A final celebrarase o sábado 26 de agosto no parque do Ameneiral, en Bertamiráns. O xurado do concurso está composto por Inés Suárez, Noelia Bellas e Lara López, mentres que a presentadora é Loly Gómez.

A Xuntanza de Empresarios de Ames (XEA) celebrou este martes, 5 de maio, no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns, a terceira edición dos Premios XEA. Trátase dun evento de recoñecemento ao labor do comercio, a hostalaría e os servizos locais. O acto congregou a preto de cen persoas, a maioría deles socios e socias da asociación aos que tamén se uniron a concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, a concelleira de Servizos Económicos e Deportes, Susana Señorís, o concelleiro de Obras e Servizos Básicos, Gustavo Nieto, así como representantes dos grupos políticos da Corporación municipal, nun acto que puxo en valor o tecido empresarial do municipio.

A Concellaría de Promoción Económica xa dispón dos primeiros datos sobre a evolución da campaña de tarxetas bono Ames Progresa que comezou o pasado 1 de marzo. Do 1 ao 17 de marzo xa se realizaron un total de 1.842 operacións nos establecementos adheridos o que xerou un volume de negocio de 45.432 euros. O saldo restante nas tarxetas ascende a 82.118 euros. As tarxetas poden empregarse ata o 30 de abril para facer compras nos 219 establecementos adheridos á campaña. Nesta campaña están en circulación un total de 1.611 tarxetas (940 de 100 euros e 671 de 50 euros), o que supón un volume de negocio total de 127.550 euros.

A empresa amesá Escuela Inventa organizou este sábado 2 de decembro a vixésimo terceira edición do evento "Lab Class – Más que palabras", coa colaboración do Concello de Ames. Relatores e relatoras noveis de diferentes sectores empresariais realizaron exposicións nas que compartiron as súas ideas e experiencias profesionais poñendo a proba as súas habilidades comunicativas. O evento tivo lugar na Casa da Cultura do Milladoiro en horario de 11.00 horas a 18.00 horas.

As Concellarías de Promoción Económica e de Educación e Mocidade organizaron a cuarta edición das xornadas “Volta ao cole co comercio”, unha iniciativa que ten como obxectivo dinamizar o comercio e a hostalaría local coincidindo co inicio do curso lectivo. Esta iniciativa contou, outro ano máis, coa colaboración de Xuntanza de Empresarios de Ames (XEA).

A  Xuntanza de Empresarios de Ames (XEA), organiza con motivo das festas de Entroido un evento para amenizar as compras no comercio local mentres se goza do Entroido, no que os comercios de Ames se disfrazarán cunha temática común. Ademais, habilitaranse dúas carpas na Praza da Maía en horario de 17.00 a 19.00 horas nas que haberá degustación de pratos típicos desta festividade, fotomatón e batucada. Como broche final, o sorteo de 15 cheques por valor de 20 euros.

Eventos del departamento

O 26 de decembro algunhas das personaxes de Disney achegaranse a Ames para que os nenos e nenas poidan desfrutar con elas. Estarán no Centro Social do Milladoiro, de 11:00 a 13:00 horas e de 17:00 a 19:00 horas.

O 26 de decembro algunhas das personaxes de Disney achegaranse a Ames para que os nenos e nenas poidan desfrutar con elas. Estarán na Casa dos Maiores de Bertamiráns, de 11:00 a 13:00 horas e de 17:00 a 19:00 horas.

A zona verde da travesía do Porto, no Milladoiro, e o parque do Ameneiral, en Bertamiráns, acollerán durante a primeira semana de setembro, por cuarto ano consecutivo, as xornadas “Volta ao cole co comercio”, que organiza a Concellaría de Promoción Económica e colaboración con XEA e coa participación do departamento de Mocidade. Esta iniciativa traerá dúas tardes de actividades para amenizar os preparativos da volta aos centros de ensino, fomentando á vez o comercio e a hostalaría nos dous principais núcleos de Ames.

A xornada de “Volta ao cole co comercio” do Milladoiro celebrarase finalmente este luns, 15 de setembro. Será a partir das 17.00 horas nas pistas deportivas do Milladoiro. A holi party incluída na programación da actividade realizarase no aparcamento da Casa da Cultura do Milladoiro, polo que estará prohibido estacionar no aparcadoiro desde as 14.00 ata as 22.00 horas do luns día 15.

O Concello de Ames reúne nun único cartel toda a programación de actividades que se van celebrar durante os meses de xuño, xullo, agosto e setembro en Ames. Deste xeito, ata finais de setembro vanse a realizar numerosas actividades como concertos, seráns ou festas. 

O sábado, 15 de decembro, o Pazo da Peregrina de Bertamiráns acolle unha xornada sobre a economía social. Trátase dunha xornada lúdica, educativa e concienciadora dirixida a todos os públicos e que inclúe unha mesa redonda, a proxección dun documental ou un mercado de inverno entre outros. Desenvolverase entre as 10:30 e as 20:00 horas. O obxectivo desta iniciativa é achegarlle á veciñanza o xeito de vivir asociado á economía social, baseado no traballo colaborativo.

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Promoción Económica, organizou unha xuntanza para o vindeiro luns, 13 de outubro, co obxectivo de que o persoal das empresas amesás relacionadas coa hostalería e a restauración poidan coñecer o mercado de horta e artesanía e os produtos alimentarios e artesanais que nel se expoñen e venden todos os sábado na praza da Maía, en Bertamiráns. Dito encontro celebrarase ás 9.30 horas no salón de plenos da Casa do Concello. As persoas que estean interesadas en acudir poden confirmar a súa asistencia enviando un correo electrónico ao enderezo promocioneconomica@concellodeames.gal.

Ames acollerá a vindeira semana as visitas dos personaxes do mundo Disney para saudar e pasar tempo cos nenos e nenas. O día 29 chegarán á Casa dos Maiores de Bertamiráns (praza da Maía) e o 30 pasarán polo antigo centro de saúde do Milladoiro (na rúa Agro do Medio, número 8). Esta actividade enmárcase dentro da programación de Nadal 2025, que comezou o pasado 4 de decembro e se desenvolverá ata o próximo 10 de xaneiro de 2026. 

Ames acollerá a vindeira semana as visitas dos personaxes do mundo Disney para saudar e pasar tempo cos nenos e nenas. O día 29 chegarán á Casa dos Maiores de Bertamiráns (praza da Maía) e o 30 pasarán polo antigo centro de saúde do Milladoiro (na rúa Agro do Medio, número 8). Esta actividade enmárcase dentro da programación de Nadal 2025, que comezou o pasado 4 de decembro e se desenvolverá ata o próximo 10 de xaneiro de 2026. 

Por mor do anuncio de chuvias, "A praia dos afogados" proxectarase no salón de actos da Casa da Cultura do Milladoiro e non no anfiteatro como estaba previsto.

Baseada na novela do mesmo nome de Domingo Villar e dirixida por Gerardo Herrero, “A praia dos afogados” é un thriller ambientado nas Rías Baixas. Está protagonizado polo inspector Leo Caldas, un dos personaxes emblemáticos das obras do escritor galego. Conta coa participación dun bo número de actrices e actores galegos, entre os que se atopa o veciño de Ames, Pepo Suevos.

A actividade forma parte do programa “Visións”, pertencente á rede cultural da Deputación e está incluída no programa de fomento da Economía e a Cultura en Ames, AmesON. A proxección ´´e de balde até completar aforo.