Pestanas principais

Departamento de Promoción Económica e Emprego

Novas do departamento

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Promoción Económica, vén de convocar a décimo cuarta edición do Concurso de Escaparates de Nadal. As persoas que queiran participar deberán engalanar os seus escaparates con motivos relacionados co Nadal, prestando atención á orixinalidade para conseguir a atracción do público. As solicitudes de inscrición poderán presentarse ata o 20 de decembro, en horario de 9.00 a 14.00 horas, nos rexistros municipais do Concello. Ao pé desta nova encóntranse as bases do concurso.

O Concello de Ames colabora na organización da primeira edición da cea solidaria Obra Social Pediatría & Concello de Ames, un evento que se realizará o vindeiro 30 de xuño, ás 20.30 horas, no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns, co obxectivo de recadar fondos para contribuír á investigación sanitaria e ao incremento da calidade asistencial dos pacientes pediátricos do CHUS. O evento está organizado pola Xuntanza de Empresarios de Ames, Obra Social Pediatría e Albarín catering e eventos. Premendo nesta ligazón podes acceder ao formulario que hai que cubrir para mercar as entradas da cea e á información da Fila Cero por se queres realizar un donativo. Para obter máis información tamén se pode chamar ao número de teléfono 641 11 60 05.

Ata o día 13 de xaneiro continúa aberto o prazo para solicitar praza no novo programa integrado de emprego dos Concellos de Ames e Brión (2022-2023). Nesta edición o programa está dirixido a 100 persoas desempregadas que serán asesoradas na súa procura de emprego e se formarán en competencias xerais así como en diversos sectores, nos que tamén poderán realizar prácticas en empresas da contorna. Formaranse nos ámbitos do comercio; almacén; ocio e tempo libre; limpeza de edificios e locais e arranxo de habitacións en hoteis; turismo; idiomas e novas tecnoloxías. O obxectivo do programa é que, como mínimo, o 40% das persoas participantes atopen un traballo, porcentaxe superada nas últimas edicións executadas dos programas integrados.

O grupo de música tradicional As Maianas será o próximo protagonista da programación do “AmesON de verán” da Concellaría de Promoción Económica. Será este venres 19, ás 21:00 horas, na praza Manuel Murguía do Milladoiro. O AmesON continuará en agosto con Pili Pampín e rematará en setembro coa orquestra Panorama, dous novos concertos  pensados para dinamizar o comercio local e a hostalaría durante o período estival. Premendo nesta ligazón pódese consultar a programación ao completo do “AmesON de verán” 2022.

O programa “AmesON de verán” prosegue a súa programación no mes de xullo, coa actuación do dúo Eva e Camilo, a primeira das tres programadas para este mes. Será este venres 15, ás 21:00 horas, na praza Manuel Murguía do Milladoiro. Nas próximas semanas, Ruth Cundíns e Habana Café Son pasarán polo AmesON, unha programación organizada pola Concellaría de Promoción Económica para dinamizar o comercio local e a hostalaría durante o período estival. Premendo nesta ligazón pódese consultar a programación ao completo do “AmesON de verán” 2022.

Este xoves, 29 de xuño, ás 16.30 horas, no Espazo coworking A Proa, está previsto que se realice unha sesión informativa sobre a formación ocupacional que se vai impartir dende o 3 de xullo ata o mes de novembro nas instalacións de ForGa, que están situadas no parque empresarial Novo Milladoiro. Dita sesión correrá a cargo da encargada da empresa Rafer e dos docentes da parte sectorial. Posteriormente, farase unha visita á ForGa onde se vai a impartir a formación. Para participar nesta xornada hai que inscribirse cubrindo este formulario. Ames Emprega e Integra é un programa de inserción laboral para colectivos desfavorecidos do concello de Ames, que está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER). Ao longo de cinco meses impartiranse un total de 13 cursos, pensados para incrementar o índice de inserción laboral e social no municipio.

O programa “AmesON de verán” prosegue durante esta semana, coa actuación do DJ Gallaecia este venres, día 30, en Bertamiráns, e de Brais das Hortas o sábado 1, no Milladoiro. A programación do AmesON, organizada polo departamento de Promoción Económica, ten como obxectivo dinamizar o comercio local e a hostalaría durante o período estival.

A iniciativa de música na rúa “AmesON de verán”, posta en marcha pola concellaría de Promoción Económica, continúa o seu percorrido esta semana. Mañá, 8 de agosto, terá lugar un concerto de Paco Nogueiras para público infantil e familiar, a partir das 19:30 horas, en Bertamiráns. A programación proseguirá o sábado, día 12, coa actuación de Los Mecánicos, ás 21:00 horas. Paralelamente, séguense a desenvolver as festas da Madalena no Milladoiro, que pechan este martes co concerto de Heredeiros da Crus e o espectáculo da orquestra Charleston Big Band.

A segunda edición do concurso “Canta con Ames” comezou o pasado venres, 1 de xullo, no Milladoiro, coa primeira xornada da fase de preselección, que se realizou na praza de Manuel Murguía e na que participaron 11 persoas. O concurso continúa este venres, 8 de xullo, no parque do Ameneiral, en Bertamiráns, no que actuarán 14 participantes. En total, nesta edición hai inscritos un total de 25 participantes de 7 a 74 anos que están repartidos nas categorías infantil, xuvenil, sénior e súper sénior.

O espazo colaborativo “A Proa” organiza nos xoves deste mes de marzo a súa primeira serie de obradoiros e charlas presenciais baixo o nome “Coworking days”. A actividade inicial realizouse o pasado xoves, 3 de marzo, cun taller para coñecer o funcionamento dun coworking e resolver dúbidas. Estas actividades teñen continuidade este xoves, 10 de marzo, cun taller impartido por Juan Diego Pereiro Areán, para aprender a realizar unha proposta de valor adecuada para o teu negocio. O terceiro e último evento deste mes de marzo será o 24 de marzo e denomínase “Lego serious play – construíndo o teu modelo de negocio. As inscricións para estas actividades poden realizarse de balde premendo nesta ligazón.

Eventos del departamento

O obradoiro, destinado a un público adulto, terá lugar na carpa da Praza de Chavián en Bertamiráns. As prazas son limitadas polo que é necesario enviar un correo a promocioneconomica@concellodeames.gal. O prazo está aberto ata o 18 de decembro.

Obradoiro destinado a nenos e nenas de entre 3 a 6 anos, que terá lugar na carpa da Praza de Chavián en Bertamiráns. As prazas son limitadas polo que se necesita inscrición previa enviando un correo a promocioneconomica@concellodeames.gal.

O sábado 23 de decembro Papá Noel visita aos máis pequenos na Casa dos Maiores de Bertamiráns. Faráo en horario de 11:00 a 13:00 horas e de 17:00 a 19:00 horas.

O venres 22 de decembro Papá Noel visita aos máis pequenos na Casa dos Maiores do Milladoiro. Faráo en horario de 11:00 a 13:00 horas e de 17:00 a 19:00 horas.

O día 5 de xaneiro está previsto que as súas maxestades os Reis Magos visiten as distintas parroquias do Concello de Ames.

O 26 de decembro algunhas das personaxes de Disney achegaranse a Ames para que os nenos e nenas poidan desfrutar con elas. Estarán no Centro Social do Milladoiro, de 11:00 a 13:00 horas e de 17:00 a 19:00 horas.

O 26 de decembro algunhas das personaxes de Disney achegaranse a Ames para que os nenos e nenas poidan desfrutar con elas. Estarán na Casa dos Maiores de Bertamiráns, de 11:00 a 13:00 horas e de 17:00 a 19:00 horas.

O sábado, 15 de decembro, o Pazo da Peregrina de Bertamiráns acolle unha xornada sobre a economía social. Trátase dunha xornada lúdica, educativa e concienciadora dirixida a todos os públicos e que inclúe unha mesa redonda, a proxección dun documental ou un mercado de inverno entre outros. Desenvolverase entre as 10:30 e as 20:00 horas. O obxectivo desta iniciativa é achegarlle á veciñanza o xeito de vivir asociado á economía social, baseado no traballo colaborativo.

Por mor do anuncio de chuvias, "A praia dos afogados" proxectarase no salón de actos da Casa da Cultura do Milladoiro e non no anfiteatro como estaba previsto.

Baseada na novela do mesmo nome de Domingo Villar e dirixida por Gerardo Herrero, “A praia dos afogados” é un thriller ambientado nas Rías Baixas. Está protagonizado polo inspector Leo Caldas, un dos personaxes emblemáticos das obras do escritor galego. Conta coa participación dun bo número de actrices e actores galegos, entre os que se atopa o veciño de Ames, Pepo Suevos.

A actividade forma parte do programa “Visións”, pertencente á rede cultural da Deputación e está incluída no programa de fomento da Economía e a Cultura en Ames, AmesON. A proxección ´´e de balde até completar aforo.