- Enderezo: Praza do Concello, nº 2, Bertamiráns.
- Teléfono: 981 88 30 02


- Horario de atención ao público:
- De luns a venres, en horario das 9:00 ás 14:00 horas.
- Responsable municipal: Concellaría de Promoción Económica
Pestanas principais
Departamento de Promoción Económica e Emprego
Servizos e programas
Novas do departamento
O Concello de Ames continúa coa rolda de contactos coas empresas do sector audiovisual que teñen instalacións radicadas en Ames. Neste caso o alcalde de Ames, Blas García, e maila concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, visitaron as instalación da empresa Ficción Producciones que están situadas na rúa das Hedras, no parque empresarial Novo Milladoiro. Durante a visita Blas García e Ana Belén Paz puideron coñecer as instalacións da produtora e tamén abordaron con Julio Casal, xerente da produtora, e Toni Veiga, director de produción, distintas vías de colaboración de cara ao futuro.
Esta mañá o alcalde, Blas García, e maila concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, reuníronse coa nova directiva da asociación Xuntanza de Empresarios de Ames, que vén de renovar a directiva, tras un acordo unánime durante a asemblea xeral extraordinaria celebrada o pasado mes de marzo. Tratouse dunha primeira toma de contacto entre a nova directiva de XEA e mailo Goberno municipal que quere seguir mantendo a boa sintonía existente con dita entidade co obxectivo de seguir colaborando na organización de diversas iniciativas en beneficio dos establecementos comerciais e hostaleiros do concello.
Este luns, o alumnado de 4º da ESO do IES do Milladoiro recibiu a visita de nove coworkers do Espazo colaborativo A Proa para que, deste xeito, descubriran as posibilidades que ofrece o ámbito do emprendemento, xunto con todas as posibles saídas que poden ter no mundo laboral. Os coworkers que participaron nesta actividade foron: Juan Magariños, de Vivir desde el Ser; Marcos Estévez, de Amonte; Laura Piñeiro, editora; Carla Caamaño, subtituladora; Marisa Dequidt e Paz Gómez, Avelaíñas Coop. Galega; Carlos L. Ríos, Gran Rural; e Laura Iglesias, Livddans.
Os Concello de Ames e Brión están desenvolvendo o obradoiro dual de emprego ForestAmes-Brión no que participan 20 alumnos/as traballadores/as e un equipo de 5 persoas que forman o persoal administrativo e docente. Este obradoiro comezou o pasado 28 de decembro de 2020 e realizarase ata o 27 de setembro de 2021. Durante 9 meses os traballadores/as reciben formación específica sobre o certificado de profesionalidade oficial de repoboacións forestais e tratamentos silvícolas, que conta con 410 horas de duración. Durante a xornada de hoxe participaron nunha demostración de seguridade e manexo de motoserra, impartida polo especialista, Carlos Grandío.
Esta mañá o alcalde de Ames, Blas García, e maila concelleira de Promoción Económica e Emprego, Ana Belén Paz, acompañados do Axente de Desenvolvemento Local do Concello de Ames, Juan Carlos Carreja, visitaron ao alumnado do obradoiro de emprego ForestAmes-Brión, que están acondicionando o invernadoiro e contorna do viveiro de Barouta. Ademais, visitaron varias fincas municipais en Pedra Dourada e no Bosque Animado, onde dito alumnado realizou traballos de limpeza de camiños forestais e repoboación con árbores autóctonas. En dita visita estiveron acompañados do director do obradoiro, Andrés Novo Lombao, e por Begoña Corral Goiriz, titora e coordinadora de dito obradoiro.
Esta mañá o auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns acolleu o acto de clausura do obradoiro dual de emprego en enerxías renovables Renova VI, no que participaron durante 12 meses, 20 alumnos/as (15 de Ames e 5 de Brión). O acto estivo presidido pola delegada territorial da Xunta de Galicia na Coruña, Belén do Campo; polos alcalde de Ames, Blas García, e de Brión, Pablo Lago; a concelleira de Promoción Económica e Emprego de Ames, Ana Belén Paz; a concelleira de Promoción Económica e Emprego de Brión; Guarina Rey; e polo director do obradoiro, Andrés Novo. Tamén participaron concelleiros e concelleiros do grupo de goberno, Partido Popular e BNG. Trala intervención das autoridades fíxose entrega dos diplomas ao alumnado participante. Nesta edición impartíronse 12 meses de formación sobre o certificado de profesionalidade oficial ENAE0108 de montaxe e mantemento de instalacións solares fotovoltaicas. Ademais, impartiuse a especialidade do catálogo SEPE: SSCI016PO Mantemento e conservación de piscinas.
Os Concellos de Ames e Brión están a desenvolver a sétima edición do obradoiro dual de emprego Renova, no que participan 20 alumnos/as traballadores/as (15 de Ames e 5 de Brión). Nesta edición impártense 9 meses de formación sobre o certificado de profesionalidade oficial de montaxe e mantemento de instalacións solares fotovoltaicas. Ademais, impártense un módulo de instalacións eléctricas en edificios de vivendas e actividades complementarias de informática, prevención de riscos laborais e orientación laboral. Dita formación compleméntase con formación homologada de Prevención de Riscos Laborais; manexo de carretillas elevadoras; operador/a de plataformas elevadoras móbiles de persoal; e prevención de riscos laborais en alturas; como complemento á formación no certificado de profesionalidade.
Esta mañá o auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns acolleu o acto de clausura do obradoiro dual de emprego en enerxías renovables Renova VII no que participaron 17 alumnos/as (12 de Ames e 5 de Brión). Nesta edición executaron novas instalacións de paneis solares fotovoltaicos nas escolas infantís municipais de Ames (Escola infantil municipal A Madalena, no Milladoiro; e Escola infantil municipal O Bosque, en Bertamiráns), no pavillón e piscina descuberta de Bertamiráns, e na Escola municipal de música Magariños de Brión. Tamén instalaron puntos de recarga para vehículos eléctricos híbridos, renovaron o alumeado interior e mellora de eficiencia enerxética en edificios municipais, e fixeron traballos de mantemento nas instalacións fotovoltaicas xa existentes.
Esta mañá o auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns acolleu o acto de clausura do obradoiro dual de emprego en enerxías renovables “Renova V” no que participaron durante 12 meses, 20 alumnos/as (15 de Ames e 5 de Brión). O acto estivo presidido polo delegado territorial da Xunta de Galicia na Coruña, Gonzalo Trenor; polos alcalde de Ames, Blas García, e de Brión, Pablo Lago; a concelleira de Promoción Económica e Emprendemento de Ames, Ana Belén Paz, e pola directora do obradoiro, María Carmen González. Trala intervención das autoridades fíxose entrega dos diplomas ao alumnado participante. Nesta edición incrementouse de 9 a 12 meses a formación que recibiron os alumnos/as traballadores/as sobre o certificado de profesionalidade oficial de “Montaxe e mantemento de instalacións solares fotovoltaicas” e do módulo de "Montaxe de sistemas domóticos e inmóticos".
Os Concellos de Ames e Brión están levando a cabo o programa integrado de emprego Ames e Brión 2019-2020, cofinanciado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria. Nesta edición, participan 100 persoas desempregadas menores de 30 anos e persoas desempregadas maiores de 45 anos. Para continuar coa actividade durante o estado de alarma declarado polo Goberno do Estado, contratouse o servizo de subministración dunha plataforma de teleformación, a través da cal se impartirán cursos formativos para o alumnado e formación ao persoal do proxecto. Ademais, acábase de adxudicar a impartición online de dous cursos de operacións básicas de comercio e venda; e de xestión de operacións de almacén.
- ‹ anterior
- 35 de 66
- seguinte ›
Trámites do departamento
Eventos del departamento
O 26 de decembro algunhas das personaxes de Disney achegaranse a Ames para que os nenos e nenas poidan desfrutar con elas. Estarán no Centro Social do Milladoiro, de 11:00 a 13:00 horas e de 17:00 a 19:00 horas.
O 26 de decembro algunhas das personaxes de Disney achegaranse a Ames para que os nenos e nenas poidan desfrutar con elas. Estarán na Casa dos Maiores de Bertamiráns, de 11:00 a 13:00 horas e de 17:00 a 19:00 horas.
A zona verde da travesía do Porto, no Milladoiro, e o parque do Ameneiral, en Bertamiráns, acollerán durante a primeira semana de setembro, por cuarto ano consecutivo, as xornadas “Volta ao cole co comercio”, que organiza a Concellaría de Promoción Económica e colaboración con XEA e coa participación do departamento de Mocidade. Esta iniciativa traerá dúas tardes de actividades para amenizar os preparativos da volta aos centros de ensino, fomentando á vez o comercio e a hostalaría nos dous principais núcleos de Ames.
A xornada de “Volta ao cole co comercio” do Milladoiro celebrarase finalmente este luns, 15 de setembro. Será a partir das 17.00 horas nas pistas deportivas do Milladoiro. A holi party incluída na programación da actividade realizarase no aparcamento da Casa da Cultura do Milladoiro, polo que estará prohibido estacionar no aparcadoiro desde as 14.00 ata as 22.00 horas do luns día 15.
O Concello de Ames reúne nun único cartel toda a programación de actividades que se van celebrar durante os meses de xuño, xullo, agosto e setembro en Ames. Deste xeito, ata finais de setembro vanse a realizar numerosas actividades como concertos, seráns ou festas.
O sábado, 15 de decembro, o Pazo da Peregrina de Bertamiráns acolle unha xornada sobre a economía social. Trátase dunha xornada lúdica, educativa e concienciadora dirixida a todos os públicos e que inclúe unha mesa redonda, a proxección dun documental ou un mercado de inverno entre outros. Desenvolverase entre as 10:30 e as 20:00 horas. O obxectivo desta iniciativa é achegarlle á veciñanza o xeito de vivir asociado á economía social, baseado no traballo colaborativo.
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Promoción Económica, organizou unha xuntanza para o vindeiro luns, 13 de outubro, co obxectivo de que o persoal das empresas amesás relacionadas coa hostalería e a restauración poidan coñecer o mercado de horta e artesanía e os produtos alimentarios e artesanais que nel se expoñen e venden todos os sábado na praza da Maía, en Bertamiráns. Dito encontro celebrarase ás 9.30 horas no salón de plenos da Casa do Concello. As persoas que estean interesadas en acudir poden confirmar a súa asistencia enviando un correo electrónico ao enderezo promocioneconomica@concellodeames.gal.
Ames acollerá a vindeira semana as visitas dos personaxes do mundo Disney para saudar e pasar tempo cos nenos e nenas. O día 29 chegarán á Casa dos Maiores de Bertamiráns (praza da Maía) e o 30 pasarán polo antigo centro de saúde do Milladoiro (na rúa Agro do Medio, número 8). Esta actividade enmárcase dentro da programación de Nadal 2025, que comezou o pasado 4 de decembro e se desenvolverá ata o próximo 10 de xaneiro de 2026.
Ames acollerá a vindeira semana as visitas dos personaxes do mundo Disney para saudar e pasar tempo cos nenos e nenas. O día 29 chegarán á Casa dos Maiores de Bertamiráns (praza da Maía) e o 30 pasarán polo antigo centro de saúde do Milladoiro (na rúa Agro do Medio, número 8). Esta actividade enmárcase dentro da programación de Nadal 2025, que comezou o pasado 4 de decembro e se desenvolverá ata o próximo 10 de xaneiro de 2026.
Por mor do anuncio de chuvias, "A praia dos afogados" proxectarase no salón de actos da Casa da Cultura do Milladoiro e non no anfiteatro como estaba previsto.
Baseada na novela do mesmo nome de Domingo Villar e dirixida por Gerardo Herrero, “A praia dos afogados” é un thriller ambientado nas Rías Baixas. Está protagonizado polo inspector Leo Caldas, un dos personaxes emblemáticos das obras do escritor galego. Conta coa participación dun bo número de actrices e actores galegos, entre os que se atopa o veciño de Ames, Pepo Suevos.
A actividade forma parte do programa “Visións”, pertencente á rede cultural da Deputación e está incluída no programa de fomento da Economía e a Cultura en Ames, AmesON. A proxección ´´e de balde até completar aforo.
- ‹ anterior
- 22 de 22




