Pestanas principais

Departamento de Mobilidade

Servizos e programas

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Mobilidade vén de lanzar a campaña informativa sobre a redución da velocidade no interior dos núcleos urbanos de Bertamiráns e do Milladoiro. Baixo o lema “A 30 Ames é máis” preténdese que o concello sexa máis amable, máis divertido, máis saudable e máis noso... Trátase dunha campaña de sensibilización sobre a importancia da velocidade a 30 km/h no interior das zonas urbanas de Ames. Para difundir dita campaña entre a veciñanza elaboráronse carteis, folletos informativos e unhas chapas con refráns e mensaxes motivadoras.

Novas do departamento

A Concellaría de Mobilidade, coa colaboración da Policía Local, organiza un proxecto educativo para concienciar aos nenos e nenas sobre as normas básicas de seguridade viaria. Celebrarase o sábado 12 de xuño cunha serie de actividades dirixidas a nenos e nenas de 6 a 12 anos. A xornada terá lugar no Aparcadoiro da Rúa Palmeiras en Milladoiro ás 17:00 horas. Para asistir é preciso inscribirse, antes do 11 de xuño ás 12.00 horas, enviando un email a mobilidade@concellodeames.gal indicando nome e idade do neno ou nena. O/as participantes deberán levar bicicleta, casco e máscara.

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Mobilidade, organizou unha programación específica para conmemorar a III Semana Europea da Mobilidade. Estas actividades vanse desenvolver en Ames do 16 ao 22 de setembro. O programa comeza cunha Marcha ciclista nocturna. Ademais haberá actividades e xogos populares en bici, unha andaina pola senda O Milladoiro – Bertamiráns e talleres de iniciación á bicicleta. A campaña remata con catro sesións da charla “Querémoste seguro/a” dirixida ás persoas maiores. Para participar nestas actividades é necesario inscribirse previamente.

Esta mañá o Goberno municipal presentou no Milladoiro a nova campaña “Os Camiños da Saúde”. Trátase de dous “pasominuto” que inclúen recorridos entre puntos de interese en Bertamiráns e no Milladoiro medidos en pasos e minutos aproximados, para que a veciñanza gañe saúde con cada paso. Propóñense diferentes tramos urbanos para facer camiñando, que van dos 50 ao 11.00 pasos en Bertamiráns, e dos 50 aos 8.000 pasos no Milladoiro. Un “pasominuto” é un mapa esquemático de percorridos entre puntos de interese de O Milladoiro e Bertamiráns medidos en pasos e minutos. O obxectivo é incorporar na vida diaria da veciñanza o hábito de andar e gañar en saúde con cada paso que deamos. Premendo nesta ligazón podes descargar o pasominuto de Bertamiráns e do Milladoiro.

A Concellaría de Mobilidade ven de colocar varias sinais, verticais e horizontais, nas zonas urbanas de Bertamiráns e do Milladoiro para indicar que o novo límite de velocidade nestas zonas é de 30 quilómetros por hora.

Facer un recado, unha compra rápida ou un trámite será máis doado a partir de agora en Ames logo de que o Concello, a través da Concellaría de Tráfico,Transporte e Mobilidade, aumente a 30 minutos o tempo de permiso de aparcamento nas zonas que estaba limitado a 10 minutos. A medida afecta a toda a zona urbana amesá e ten como obxectivo facilitar á veciñanza o desenvolvemento das xestión que se realizan utilizando o coche como transporte.

Esta mañá o alcalde de Ames, Jose Miñones, e representantes da empresa IPLAN Movilidad SL, asinaron o contrato para a redacción do Plan de Mobilidade Urbana Sostible (PMUS) do Concello de Ames. A dita xuntanza tamén acudiu a concelleira de Mobilidade, Beatriz Martínez. Este servizo foi adxudicado o pasado 4 de febreiro por un importe de 58.499,87 euros. O prazo de execución que ten dita empresa para a redacción do PMUS é de 6 meses. Dito documento servirá de guía para levar a cabo actuacións en materia de mellora do espazo público, medio ambiente, mobilidade e accesibilidade a realizar no futuro neste municipio. O contrato forma parte do programa de mellora integral da mobilidade e a conectividade por transporte público, recollido na EDUSI Impulsa Ames.

40 nenos e nenas achegáronse o sábado, 12 de xuño, ao Aparcadoiro da Rúa Palmeiras en Milladoiro ás 17:00 horas. Co motivo da celebración do Día da Seguridade Viaria, o Concello de Ames organizou unha xornada cunha serie de actividades infantís.

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Mobilidade, organizou unha programación específica para conmemorar a II Semana Europea da Mobilidade. Dita programación comeza coa conferencia `Querémoste segura/o ́, a través da cal se pretende abordar as preocupacións sobre seguridade viaria e mobilidade no concello que inquietan ás persoas maiores. O evento terá lugar no local social do Club de Xubilados do Milladoiro mañá, xoves 17 de setembro, ás 18:30 horas.

O Concello de Ames está traballando na redacción do Plan de Mobilidade Urbana Sostible (PMUS). Este servizo foi adxudicado á empresa IPLAN Movilidad SL por un importe de 58.499,87 euros. Esta semana comezan os traballos de campo para a redacción de dito plan. Estes traballos consistirán na realización dunhas 300 enquisas a usuarios/as do transporte público. Tamén se contabilizará o número de vehículos naquelas zonas do concello con maior volume de tráfico. Isto farase mediante a instalación de distintos tipos de aforos (con cámara e tubos pneumáticos). Dito documento servirá de guía para levar a cabo actuacións en materia de mellora do espazo público, medio ambiente, mobilidade e accesibilidade a realizar no futuro no municipio amesán. O contrato forma parte do programa de mellora integral da mobilidade e a conectividade por transporte público, recollido na EDUSI Impulsa Ames.

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Mobilidade, vén de publicar a campaña “O bus que me leva!”, para informar dos horarios e liñas do transporte metropolitano que pasa polo municipio amesán. A través desta campaña elaborouse un mapa coas liñas de autobús que pasan por Ames. Ao mesmo tempo, localizáronse e sinalizáronse todas as marquesiñas e paradas de bus, onde se colocaron os horarios e frecuencias que pasan por cada unha das paradas. Toda esta información pódese atopar no apartado de Transporte da web municipal. O obxectivo é ofrecerlle á veciñanza unha información precisa e útil. Estes horarios estarán colocados de xeito provisional durante un mes coa finalidade de detectar posibles erros. Unha vez pasado dito período colocarase a información definitiva.

Eventos del departamento

Desenvolverase na Praza de Chavián en Bertamiráns  e é unha actividade destinada aos rapaces e rapazas de máis de 10 anos.