Pestanas principais

Departamento de Mobilidade

Servizos e programas

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Mobilidade vén de lanzar a campaña informativa sobre a redución da velocidade no interior dos núcleos urbanos de Bertamiráns e do Milladoiro. Baixo o lema “A 30 Ames é máis” preténdese que o concello sexa máis amable, máis divertido, máis saudable e máis noso... Trátase dunha campaña de sensibilización sobre a importancia da velocidade a 30 km/h no interior das zonas urbanas de Ames. Para difundir dita campaña entre a veciñanza elaboráronse carteis, folletos informativos e unhas chapas con refráns e mensaxes motivadoras.

Novas do departamento

A Corporación municipal aprobou por unanimidade no pleno ordinario de xaneiro, unha moción presentada conxuntamente entre os partidos políticos que forman o Goberno municipal (PSdeG-PSOE, BNG e Contigo Podemos) e as asociacións veciñais de Ortoño, Bugallido e Biduído, na que se solicita que a Xunta asuma a súa competencia en materia de transporte metropolitano e preste o servizo de maneira inmediata a estas parroquias, trala desaparición da liña urbana de Santiago que chegaba ata Ortoño. Dita moción foi acordada coas asociacións veciñais de Ortoño, Bugallido e Biduído nunha xuntanza celebrada o pasado 18 de xaneiro. Todos os grupos políticos coincidiron en reclamar a restitución deste servizo de autobús.

A Dirección Xeral de Mobilidade, dependente da Consellería de Infraestruturas, vén de rexeitar a solicitude de ampliación do prazo que varios Concellos da área de Santiago realizaron o pasado día 5 de outubro. Nesta solicitude pedíase poder presentar alegacións ao convenio, presentado na última xuntanza máis alá do día 6, cunha ampliación ata o día 15 deste mes. A Dirección Xeral de Mobilidade tan só ofreceu 7 días hábiles para a presentación de alegacións a un convenio que rexerá o transporte metropolitano dos vindeiros catro anos. Os Concellos xa advertiron na xuntanza da Comisión que o prazo dado era insuficiente. Un día antes do peche do prazo pediron ampliar o prazo nunha semana máis para poder facer un bo traballo.

“Querémoste seguro/a”. Unha charla sobre seguridade viaria dirixida ás persoas maiores porá o broche á III Semana de Mobilidade que se vén desenvolvendo en Ames desde o pasado xoves. Os locais sociais de A Ameixenda, Trasmonte e Bugallido e a Casa dos Maiores, do Milladoiro, acollerán hoxe e mañá esta actividade que impartirán os coordinadores de Educación Viaria de A Coruña.  Para participar non é necesaria inscrición previa. A entrada é libre até completar aforo.

A Concellaría de Mobilidade presentou esta mañá, xunto co Inspector Xefe da Policía Local, o concelleiro de Seguridade e Saúde Laboral, e o alcalde de Ames, o proxecto educativo que baixo o lema “Se nos respectamos, todos e todas gañamos” inclúe unha xornada de actividades e xogos para concienciar aos nenos e nenas sobre as normas básicas de seguridade viaria. Celebrarase o sábado 12 de xuño no Aparcadoiro da Rúa Palmeiras en Milladoiro ás 17:00 horas. Para asistir é preciso inscribirse, antes do 11 de xuño ás 12.00 horas, enviando un email a mobilidade@concellodeames.gal indicando nome e idade do neno ou nena.

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Mobilidade, vén de darlle traslado á Dirección Xeral de Mobilidade das queixas recibidas por parte da asociación de veciños Pedro do Fuso, que aglutina á veciñanza das parroquias de Piñeiro, Ames e Covas, sobre o mal funcionamento do servizo de transporte metropolitano. Deste xeito, solicitan que se restableza o servizo coa normalidade e frecuencias establecidas dende hai anos pola empresa anteriormente concesionaria da ruta Piñeiro – Santiago de Compostela.

O Concello de Ames acaba de recibir unha notificación da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, da Xunta de Galicia, na que se estiman de xeito favorable, ás alegacións presentadas no pasado mes de agosto de 2019 ao anteproxecto de explotación de servizos públicos de transporte regular de viaxeiros de uso xeral por estradas. As alegacións aceptadas refírense a unha serie de ampliacións de servizos en distintas rutas: incremento do horario de prestación dos servizos na primeira e/ou última hora en certas liñas; aumento dos servizos en fin de semana; implantación de novas expedicións en certas franxas horarias; inversión no sentido dunha liña, para adaptar mellor ás necesidades das persoas usuarias á primeira e última expedición do día, e creación dunha liña de Noitebús que conecte Bertamiráns e O Milladoiro con Santiago.

O Concello de Ames recibiu hoxe a notificación da Dirección Xeral de Mobilidade sobre o reforzo que vai facer a Xunta de Galicia, dende o vindeiro sábado 22 de maio, do servizo de transporte público para dar servizo á veciñanza das parroquias de Ortoño e Bugallido. Dito reforzo realizarase ao incorporar un desvío no percorrido da liña que vai de Extramundi de Arriba a Santiago de Compostela, engadindo cinco novas paradas nos núcleos de Ames. Dende o Goberno municipal de Ames agradecen esta medida e que se tiveran en conta as propostas enviadas conxuntamente polo Concello e polas asociacións veciñas destas dúas parroquias amesás.

O pasado 21 de decembro a Xunta de Goberno Local aprobou o expediente de licitación, mediante procedemento aberto simplificado do contrato de adecuación e instalación do alumeado público no sendeiro CEIP Agro do Muíño e Bertamiráns que estará cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no  marco do Programa Operativo Plurirrexional de España 2014-2020.

A Xunta envioulle este martes, 15 de febreiro, ao Concello de Ames unha nova proposta alternativa para optimizar os servizos de autobús entre Ortoño e Bugallido con Santiago de Compostela. A Xunta propón asumir un incremento de frecuencias na liña que conecta as parroquias de Ortoño e Bugallido con Santiago, no marco da concesión de autobús interurbano. Ademais, a proposta remitida optimiza o número de servizos da nova liña municipal, que deberá poñer o Concello para completar a oferta aos usuarios, reducindo considerablemente o custo. A Dirección Xeral de Mobilidade convida ao Concello de Ames a valorar a alternativa proposta, que reduce o custo económico para a Administración local, á vez que se axusta mellor ás necesidades de mobilidade dos veciños do rural. A vindeira semana realizarase unha xuntanza coas asociacións de veciños/as de Ortoño e Bugallido para coñecer a súa valoración sobre dita proposta. Preme nesta ligazón para consultar a proposta feita pola Xunta.

Este xoves, 11 de marzo, a Xunta de Goberno Local aprobou a adxudicación do contrato de adecuación e instalación do alumeado público no sendeiro que une a localidade de Bertamiráns co CEIP Agro do Muíño. Este proxecto foi adxudicado á empresa Montaxes Eléctricos Fernández SL por un importe de 30.189,50 euros (IVE incluído). Dita actuación está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), no marco do Programa Operativo Plurirrexional de España 2014-2020.

Eventos del departamento

O Concello de Ames celebra do 16 ao 22 de setembro a II Semana Europea da Mobilidade. A programación continúa o sábado, 19 de setembro, con actividades e xogos populares en bicicleta, que están dirixidos aos nenos e nenas de 4 aos 12 anos.

As actividades e xogos populares en bicicleta serán no aparcamento do Agriño, no Milladoiro, a partir das 17:00 horas.Estas actividades están dirixidas a nenos e nenas de 4 aos 12 anos. Cada neno e nena que participe deberá levar a súa propia bicicleta, casco e máscara. Para participar nesta actividade é necesario inscribirse previamente enviando un correo electrónico ao enderezo mobilidade@concellodeames.gal.

O domingo 19 de setembro, desenvolverase unha andaina saudable pola senda verde que conecta as localidades de Bertamiráns e do Milladoiro. A saída será ás 10:00 horas da Igrexa san Xosé do Milladoiro. Para participar nesta actividade é necesario inscribirse previamente enviando un correo electrónico ao enderezo promociondasaude@concellodeames.gal.

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Mobilidade, organizou unha programación específica para conmemorar a II Semana Europea da Mobilidade. A programación comeza o xoves, 17 de setembro, coa charla Querémoste seguro/a, que impartirá a axente da Policía Local, Cristina Ferreira, ás 18.30 horas, no local social do Club de xubilados do Milladoiro.

A campaña remata coa charla “Querémoste seguro/a”. Esta charla está dirixida ás persoas maiores é tratará a seguridade viaria e as inquedanzas destes sobre a mobilidade no concello. As charlas serán impartidas polos Coordinadores provinciais de Educación Viaria da Coruña.

Estas xuntanzas van percorrer o concello con catro sesións.

O mércores 22 as charlas desprázanse ata o Local Social de Bugallido onde os nosos maiores se van achegar á campaña “Querémoste seguro” entre as 17:00 e as 18:00 horas. Será na Casa dos Maiores entre as 18:30 horas e as 19:30 cando se realice a cuarta e última sesión. Para participar non é necesaria inscrición previa, a entrada será libre ata completar aforo.

A III Semana Europea da Mobilidade remata coa charla “Querémoste seguro/a”. Esta charla está dirixida ás persoas maiores é tratará a seguridade viaria e as inquedanzas destes sobre a mobilidade no concello. As charlas serán impartidas polos Coordinadores provinciais de Educación Viaria da Coruña.

Estas xuntanzas van percorrer o concello con catro sesións. O martes 21 terá lugar a primeira sesión no Local Social da Ameixenda entre as 17:00 horas e as 18:00 horas. Seguidamente, entre as 18:30 horas e as 19:30 horas haberá unha segunda sesión no Local Social de Trasmonte.

A Concellaría de Mobilidade, coa colaboración da Policía Local, organiza un proxecto educativo para concienciar aos nenos e nenas sobre as normas básicas de seguridade viaria. Celebrarase o sábado 12 de xuño cunha serie de actividades dirixidas a nenos e nenas de 6 a 12 anos. A xornada terá lugar no Aparcadoiro da Rúa Palmeiras en Milladoiro ás 17:00 horas. Para asistir é preciso inscribirse, antes do 11 de xuño ás 12.00 horas, enviando un email a mobilidade@concellodeames.gal indicando nome e idade do neno ou nena. O/as participantes deberán levar bicicleta, casco e máscara.

Un taller de iniciación pensado para que as mulleres maiores de 55 aprendan a andar en bicicleta. A actividade vaise desenvolver os días 16, 17 e 18 de setembro no aparcamento de Agriños no Milladoiro. As mulleres participantes poderán escoller entre dous horarios: de 16:00 a 18:00 horas e de 18:00 a 20:00 horas. Para participar nesta actividade é necesario inscribirse previamente enviando un correo electrónico ao enderezo promociondasaude@concellodeames.gal.

O Concello de Ames celebra do 16 ao 22 de setembro a II Semana Europea da Mobilidade. Unha das actividades previstas dentro de dita programación é a marcha ciclista nocturna, prevista para o ventes 18 de setembro, ás 22.00 horas. Deste xeito, farase un percorrido de 8 quilómetros con boa iluminación e fácil percorrido, pensado para que nela poida participar toda a familia. Para participar nesta actividade é necesario inscribirse previamente enviando un correo electrónico ao enderezo mobilidade@concellodeames.gal. Ofértanse un máximo de 75 prazas para participar neste actividade. A cada participante entregaráselle de agasallo unha camiseta.

Amarcha nocturna sairá ás 22:00 horas da Praza do Concello. Serán 8 km con boa iluminación e un traxecto sinxelo pensado para que poida participar toda a familia. É necesario inscribirse previamente enviando un correo electrónico ao enderezo mobilidade@concellodeames.gal.