Pestanas principais

Departamento de Mobilidade

Servizos e programas

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Mobilidade vén de lanzar a campaña informativa sobre a redución da velocidade no interior dos núcleos urbanos de Bertamiráns e do Milladoiro. Baixo o lema “A 30 Ames é máis” preténdese que o concello sexa máis amable, máis divertido, máis saudable e máis noso... Trátase dunha campaña de sensibilización sobre a importancia da velocidade a 30 km/h no interior das zonas urbanas de Ames. Para difundir dita campaña entre a veciñanza elaboráronse carteis, folletos informativos e unhas chapas con refráns e mensaxes motivadoras.

Novas do departamento

A Corporación municipal aprobou por unanimidade no pleno ordinario de xaneiro, unha moción presentada conxuntamente entre os partidos políticos que forman o Goberno municipal (PSdeG-PSOE, BNG e Contigo Podemos) e as asociacións veciñais de Ortoño, Bugallido e Biduído, na que se solicita que a Xunta asuma a súa competencia en materia de transporte metropolitano e preste o servizo de maneira inmediata a estas parroquias, trala desaparición da liña urbana de Santiago que chegaba ata Ortoño. Dita moción foi acordada coas asociacións veciñais de Ortoño, Bugallido e Biduído nunha xuntanza celebrada o pasado 18 de xaneiro. Todos os grupos políticos coincidiron en reclamar a restitución deste servizo de autobús.

A Dirección Xeral de Mobilidade, dependente da Consellería de Infraestruturas, vén de rexeitar a solicitude de ampliación do prazo que varios Concellos da área de Santiago realizaron o pasado día 5 de outubro. Nesta solicitude pedíase poder presentar alegacións ao convenio, presentado na última xuntanza máis alá do día 6, cunha ampliación ata o día 15 deste mes. A Dirección Xeral de Mobilidade tan só ofreceu 7 días hábiles para a presentación de alegacións a un convenio que rexerá o transporte metropolitano dos vindeiros catro anos. Os Concellos xa advertiron na xuntanza da Comisión que o prazo dado era insuficiente. Un día antes do peche do prazo pediron ampliar o prazo nunha semana máis para poder facer un bo traballo.

O Concello de Ames acaba de recibir unha notificación da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, da Xunta de Galicia, na que se estiman de xeito favorable, ás alegacións presentadas no pasado mes de agosto de 2019 ao anteproxecto de explotación de servizos públicos de transporte regular de viaxeiros de uso xeral por estradas. As alegacións aceptadas refírense a unha serie de ampliacións de servizos en distintas rutas: incremento do horario de prestación dos servizos na primeira e/ou última hora en certas liñas; aumento dos servizos en fin de semana; implantación de novas expedicións en certas franxas horarias; inversión no sentido dunha liña, para adaptar mellor ás necesidades das persoas usuarias á primeira e última expedición do día, e creación dunha liña de Noitebús que conecte Bertamiráns e O Milladoiro con Santiago.

O pasado 21 de decembro a Xunta de Goberno Local aprobou o expediente de licitación, mediante procedemento aberto simplificado do contrato de adecuación e instalación do alumeado público no sendeiro CEIP Agro do Muíño e Bertamiráns que estará cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no  marco do Programa Operativo Plurirrexional de España 2014-2020.e instalación do alumeado público no sendeiro CEIP Agro do Muíño e Bertamiráns.

Esta mañá o alcalde de Ames, Jose Miñones, e representantes da empresa IPLAN Movilidad SL, asinaron o contrato para a redacción do Plan de Mobilidade Urbana Sostible (PMUS) do Concello de Ames. A dita xuntanza tamén acudiu a concelleira de Mobilidade, Beatriz Martínez. Este servizo foi adxudicado o pasado 4 de febreiro por un importe de 58.499,87 euros. O prazo de execución que ten dita empresa para a redacción do PMUS é de 6 meses. Dito documento servirá de guía para levar a cabo actuacións en materia de mellora do espazo público, medio ambiente, mobilidade e accesibilidade a realizar no futuro neste municipio. O contrato forma parte do programa de mellora integral da mobilidade e a conectividade por transporte público, recollido na EDUSI Impulsa Ames.

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Mobilidade, organizou unha programación específica para conmemorar a II Semana Europea da Mobilidade. Dita programación comeza coa conferencia `Querémoste segura/o ́, a través da cal se pretende abordar as preocupacións sobre seguridade viaria e mobilidade no concello que inquietan ás persoas maiores. O evento terá lugar no local social do Club de Xubilados do Milladoiro mañá, xoves 17 de setembro, ás 18:30 horas.

Dende a Concellaría de Mobilidade infórmase que a Policía Local de Ames, en colaboración coa Garda Civil do Milladoiro, continúa realizando  controis de seguimento da restrición de paso dos vehículos pesados, con MMA maior a 30 toneladas, pola N-550 ao seu paso pola avenida de Rosalía de Castro, no Milladoiro. Ditos controis, que se retomaron a comezos do paso mes de decembro, estanse realizando co obxectivo de lembrarlle aos condutores que deben de respectar a prohibición de circular polo núcleo urbano e deben desviarse dende a SC-20 (á altura da gasolineira) cara a autoestrada AG-56 e polo corredor AC-522, ata a glorieta das Galanas, situada na N-550. Durante as últimas semanas houbo varias denuncias de condutores que infrinxiron a norma.

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Mobilidade, informa de que este sábado 30 e o domingo 31 de maio vólvese a cortar o tráfico en varias rúas de Bertamiráns e do Milladoiro co obxectivo de favorecer a mobilidade das persoas e poder manter así as distancias de seguridade. Esta medida, coa que se pretende que a veciñanza de Ames merque no comercio miúdo local, desenvolverase dende o sábado, ás 16:00 horas, ata o domingo, ás 23:00 horas. Nas rúas que se corta o tráfico, os vehículos poderán igualmente entrar e saír dos garaxes. Esta iniciativa realizarase durante todas as fin de semanas do mes de xuño.

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Mobilidade, organizou unha programación específica para conmemorar a II Semana Europea da Mobilidade. Ditas actividades desenvolveranse en Ames do 16 ao 22 de setembro. Deste xeito, durante a próxima fin de semana haberá unha marcha ciclista nocturna; actividades e xogos populares en bici; e unha andaina pola senda O Milladoiro – Bertamiráns. Para participar nesta actividades é necesario inscribirse previamente.

Dúas columnas AIR-TOOL-WAHS facilitarán o lavado, a reparación e o inchado de rodas aos/ás ciclistas de Ames. Investíronse 6.034 euros IVE incluído. O servizo, que poderá ser utilizado por toda a veciñanza de Ames, é gratuíto. Xa está instalada na Casa da Cultura do Milladoiro a primeira destas columnas e nestes días arranxaranse os problemas de presión de auga que agromaron tras a súa posta en funcionamento. A columna de Bertamiráns, que se emprazará no aparcadoiro da Telleira, estará colocada en breve. A iniciativa, que parte da Concellaría de  Mobilidade, foi financiada con fondos municipais e ten como obxectivo facilitar o coidado das bicicletas a todas aquelas persoas que non posúen un lugar propio onde facelo.

Eventos del departamento

O Concello de Ames celebra do 16 ao 22 de setembro a II Semana Europea da Mobilidade. A programación continúa o sábado, 19 de setembro, con actividades e xogos populares en bicicleta, que están dirixidos aos nenos e nenas de 4 aos 12 anos.

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Mobilidade, organizou unha programación específica para conmemorar a II Semana Europea da Mobilidade. A programación comeza o xoves, 17 de setembro, coa charla Querémoste seguro/a, que impartirá a axente da Policía Local, Cristina Ferreira, ás 18.30 horas, no local social do Club de xubilados do Milladoiro.

O Concello de Ames celebra do 16 ao 22 de setembro a II Semana Europea da Mobilidade. Unha das actividades previstas dentro de dita programación é a marcha ciclista nocturna, prevista para o ventes 18 de setembro, ás 22.00 horas. Deste xeito, farase un percorrido de 8 quilómetros con boa iluminación e fácil percorrido, pensado para que nela poida participar toda a familia. Para participar nesta actividade é necesario inscribirse previamente enviando un correo electrónico ao enderezo mobilidade@concellodeames.gal. Ofértanse un máximo de 75 prazas para participar neste actividade. A cada participante entregaráselle de agasallo unha camiseta.

Desenvolverase na Praza de Chavián en Bertamiráns  e é unha actividade destinada aos rapaces e rapazas de máis de 10 anos.