Pestanas principais

Departamento de Deportes

    • Enderezo: Praza do Concello, nº 2, Bertamiráns.
    • Teléfono:  981 88 30 02 / 619 84 25 04
    • Horario de atención ao público:
      • De luns a venres, en horario das 9:00 ás 14:00 horas.
    • Responsable municipal: Concellaría de Deportes
    • Responsable técnico: Alberto Viaño Moure.
Outros Datos: 
  • Programación escolas deportivas 2023-2024
  • Funcions:
    • Deseñar proxectos deportivos: escolas deportivas, eventos deportivos...
    • Planificar e xestionar programas deportivos e elaborar estratexias de funcionamento.
    • Incentivar a participación cidadá tanto nas actividades como na creación deportiva.
    • Asesorar e informar aos grupos e entidades deportivas do concello, así como ao público en xeral.
    • Colaborar nas programacións da Deputación: Campaña de esqui, campamentos deportivos, circuíto de carreiras populares...
    • Xestionar as subvencións correspondente á área de deportes, ben sexan as da Deputación ou as convocatorias propias do Concello de Ames de apoio ás asociacións deportivas e clubs.
    • Xestionar as instalacións deportivas municipais (pavillóns polideportivos, campos de fútbol e piscinas descubertas municipais).
  • Normativa:
  • Novas relacionadas
  • Axenda

Novas do departamento

A Deputación da Coruña, o club de piragüismo Ribeiras do Tambre e maila Federación Galega de Piragüismo organizan o vindeiro sábado, 5 de agosto, unha nova edición da regata provincial “Circuíto praia fluvial de Tapia”. O Concello de Ames, a través da Concellaría de Deportes, colabora na organización de dito evento. A proba, que ten un percorrido de 1.500 metros polo río Tambre, comeza ás 16.00 horas e desenvolverase ata ás 20.00 horas aproximadamente. A saída e chegada estará instalada na praia fluvial de Tapia. Trátase da terceira das seis probas que conforman o II Circuíto de piragüismo Deputación da Coruña, no que compiten as categorías bases dos clubs da provincia. Premendo nesta ligazón pódese obter máis información e consultar os horarios da regata provincial “Circuíto praia fluvial de Tapia”.

A concellaría de Deportes de Ames, en colaboración coa Federación Galega de Atletismo, organiza o "XII Campionato de Galicia Absoluto de 5 quilómetros" que se desenvolverá o domingo, 26 de setembro, en Bertamiráns. Na proba poden participar atletas das categorías sub-18, sub-20, sub-23 e máster que teñan ficha da FGA na tempada 2021. As inscricións recóllense na web de RFEA até as 20:00 horas do luns 20 2021.

A edición deste ano do Rally Berberecho de Noia terá un treito que se disputará de forma íntegra por estradas do noso concello. Será en horario de tarde e haberá un reagrupamento, de 17:15 a 19:30 horas, na avenida José Luís Azcárraga, diante do Pazo da Peregrina, en Bertamiráns, polo que pasarán todos os participantes. O tramo de Ames ten unha lonxitude de 11,2 quilómetros e discorre polas parroquias de Ames, Lens e Tapia. A saída do tramo estará instalada no lugar de Outeiro, mentres que a liña de meta será na estrada que vai dende a aldea de A Mámoa cara o lugar de Pedrouzos. Os pilotos farán unha dobre pasada polo tramo de Ames. A primeira pasada comezará ás 16.50 e a segunda ás 19.40 horas, sendo o último tramo do rally. O final do rally está previsto para as 20.20 horas. As estradas polas que discorre o treito de Ames estarán pechadas ao tráfico de 15.30 a 22.30 horas aproximadamente. Consulta o itinerario do tramo de Ames.

Esta mañá presentouse a cuarta edición do Depor Campus de fútbol de Bertamiráns. A presentación, que tivo lugar no salón de plenos da Casa do Concello, correu a cargo do alcalde, José Miñones, da concelleira de Deportes, Susana Señorís, o director dos Depor Campus, Pablo Barros, o secretario técnico de fútbol base do Bertamiráns FC, Sergio Penas, e o presidente do Bertamiráns FC, Rafael Budiño. O Depor Campus, que está dirixido a nenos e nenas de 6 a 14 anos, desenvolveranse entre os días 8 e 12 de xullo no campo de fútbol municipal de Bertamiráns. As inscricións poderanse realizar ata o 4 de xullo.

Esta mañá presentouse a quinta edición do DéporCampus de fútbol. A presentación, que tivo lugar no salón de plenos da Casa do Concello, correu a cargo da concelleira de Deportes, Susana Señorís, o director dos Depor Campus, Pablo Barros, o secretario técnico de fútbol base do Bertamiráns FC, Sergio Penas, e o presidente do Bertamiráns FC, Rafael Budiño. O DéporCampus, que está dirixido a nenos e nenas de 6 a 14 anos, desenvolveranse entre os días 20 e 24 de xullo no campo de fútbol municipal do Milladoiro. As inscrición poden realizarse ata ás 12.00 horas do 16 de xullo. Ofértanse 60 prazas que se cubrirán por orde de inscrición. Trátase dunha experiencia segura xa que se seguirán as instrución recollidas no protocolo de medidas hixiénico-sanitarias para o correcto desenvolvemento e participación nos DéporCampus.

Esta mañá presentouse a sexta edición do DéporCampus de fútbol. A presentación, que tivo lugar no salón de plenos da Casa do Concello, correu a cargo da concelleira de Deportes, Susana Señorís, o director dos Depor Campus, Pablo Barros e o secretario técnico de fútbol base do Bertamiráns FC, Sergio Penas. O DéporCampus, que está dirixido a nenos e nenas de 6 a 14 anos, desenvolveranse entre os días 12 e 16 de xullo no campo de fútbol municipal de Bertamiráns. As inscricións poden realizarse, a través desta ligazón,  ata ás 12.00 horas do 8 de xullo. Ofértanse 60 prazas que se cubrirán por orde de inscrición.

O vindeiro 22 de outubro celebrarase de novo a Carreira Pedestre Popular do Concello de Ames, que alcanza a súa vixésimo segunda edición. A proba contará cun circuíto de 10 quilómetros homologado pola Real Federación Española de Atletismo, con saída e chegada en Bertamiráns, na rúa Alcalde Lorenzo. O prazo de inscrición xa está aberto ata o mércores 18 de outubro, ás 23:59 horas, e pode realizarse premendo nesta ligazón e cubrindo o formulario; ou ben acudindo de xeito presencial ao establecemento Deportes Amesport, en Bertamiráns. Non se admitirán inscricións fóra de prazo nin o día da carreira. Premendo nesta ligazón pódese consultar o regulamento ao completo e os horarios da XXII Carreira Pedestre Popular do Concello de Ames.

O concello de Ames acollerá unha das etapas da volta ciclista a Galicia ‘O Gran Camiño’. Un encontro no que participarán equipos profesionais nacionais e internacionais e que configura “unha volta propia para o territorio galego”, que destaca noutras competicións de enorme repercusión nacional e internacional como La Vuelta a España. Esta proba conta co apoio da Deputación da Coruña.

O pasado sábado 5 de agosto disputouse a 3ª Regata do Circuíto Provincial da Coruña, onde a praia fluvial de Tapia en Ames acolleu arredor de 300 deportistas da provincia, pertencentes a 10 clubs. Esta foi a terceira das 6 probas que conforman o II Circuito de Piragüismo Deputación da Coruña e na que compiten as categorías base dos clubs. Esta proba estivo organizada pola Deputación da Coruña, o club de piragüismo Ribeiras do Tambre e maila Federación Galega de Piragüismo. O Concello de Ames colaborou na organización de dito evento. O club de piragüismo Ribeiras do Tambre logrou a sétima posición na clasificación xeral de clubs. Premendo nesta ligazón podes acceder á galería de fotos da regata

A trixésimo oitava edición do Rally Berberecho de Noia tivo un treito que se disputou de forma íntegra por estradas do concello de Ames. Os pilotos fixeron unha dobre pasada polo tramo de Ames. A primeira pasada comezou arredor das 16.50 e a segunda ás 19.40 horas, sendo o último tramo do rally. Ademais, o parque de reagrupamento estivo situado na avenida José Luís Azcárraga, diante do Pazo da Peregrina, en Bertamiráns, de 17:15 a 19:30 horas. Un gran número de afeccionados puideron gozar desta proba automobilística que puntúa para o campionato galego de rallys.

Eventos del departamento

A terceira edición da carreira de orientación do Concello de Ames terá lugar no casco urbano de Bertamiráns o vindeiro domingo, 5 de maio, a partir das 11:00 horas. Esta actividade foi organizada polo departamento de Deportes en colaboración coa entidade Xesta Natureza.

O torneo, organizado por Básquet Ames, terá lugar no Pavillón Municipal do Milladoiro. As idades comprendidas son: benxamín, alevín e infantil (tanto masculino, como feminino e mixto). Para inscribirse, enviar un correo a deportes@concellodeames.gal.

Torneo de Nadal de fútbol organizado polo Bertamiráns FC e Milladoiro SD. Desenvolverase nos campos de fútbol de Bertamiráns e do Milladoiro.

O departamento de Deportes, en colaboración con Xesta Natureza, organiza un ano máis a Carreira de Orientación do Concello de Ames, unha proba que celebra xa súa cuarta edición e que conta a día de hoxe cunha gran acollida entre a veciñanza. A proba, desta volta, realizarase na localidade do Milladoiro, o día 11, a partir das 11.00 horas.

O Concello de Ames, a través do departamento de Deportes, organiza para este venres 2 de agosto unha actividade de circo en familia. Estes obradoiros completan a programación das festas da Madalena, que se celebrarán dende o 2 ata o 6 de agosto. A compañía Pistacatro produtora de soños será a encargada de poñer en marcha no Milladoiro unha Escola de Saltimbanquis para coñecer todos os segredos do mundo do circo. As actividades impartiranse de 17.00 a 19.00 horas na área deportiva do Milladoiro.

O obradoiro terá lugar no mesmo horario na carpa da Praza de Chavián en Bertamiráns e na carpa da Praza de Manuel Murguía no Milladoiro.

Está destinado a un público adulto e require inscrición previa, enviando un correo a deportes@concellodeames.gal ou chamando ao 619 842 504.

O partido de fútbol que se disputará o domingo 10 de novembro, ás 17:00 horas, no campo municipal de Bertamiráns entre o Bertamiráns FC e mailo Bastavales UD terá un claro compoñente solidario: os fondos que se consigan servirán para apoiar a campaña solidaria de emerxencia impulsada por SOGAPS con motivo da crise humanitaria provocada polas intensas choivas, que derrubaron numerosas infraestruturas, tanto de vivendas particulares como de asistencia á comunidade, e provocaron a evacuación de máis de 600 familias. Ademais, tamén foron destruídos centros educativos e médicos, polo que practicamente todo o material quedou inutilizable.

O Squash Santiago, Golán Squash Academy e 2Más Academia de Tenis e Pádel organizan o venres, 23 de maio, o torneo benéfico Raquetas en Acción, que se realiza en favor da investigación da heteroplastia ósea progresiva. Dito torneo realizarase no club de tenis – pádel Squash Santiago, situado no Milladoiro, a partir das 17.00 horas. As inscricións pódense realizar nas instalacións do Squash Santiago. Os participantes poderán elixir entre as modalidades de pádel, squash e tenis. A partir das 21.00h haberá unha charla sobre dita enfermidade e un cóctel solidario. Tamén haberá animación infantil: inchables, bocadillos, música e máis sorpresas. Todo o diñeiro que se recade irá para a Asociación Galega de Heteroplasia Ósea Progresiva.

O 16 de decembro, ás 10:00 horas, celebrarase nas pistas de tenis de Aldea Nova un torneo de minitenis gratuíto para rapaces e rapazas a partir dos 3 anos.

 

Torneo de xadrez organizado polo departamento de Deportes do Concello de Ames que se levará a cabo no Pazo da Peregrina de Bertamiráns.