Pestanas principais

Departamento de Deportes

    • Enderezo: Praza do Concello, nº 2, Bertamiráns.
    • Teléfono:  981 88 30 02 / 619 84 25 04
    • Horario de atención ao público:
      • De luns a venres, en horario das 9:00 ás 14:00 horas.
    • Responsable municipal: Concellaría de Deportes
    • Responsable técnico: Alberto Viaño Moure.
Outros Datos: 
  • Programación escolas deportivas 2023-2024
  • Funcions:
    • Deseñar proxectos deportivos: escolas deportivas, eventos deportivos...
    • Planificar e xestionar programas deportivos e elaborar estratexias de funcionamento.
    • Incentivar a participación cidadá tanto nas actividades como na creación deportiva.
    • Asesorar e informar aos grupos e entidades deportivas do concello, así como ao público en xeral.
    • Colaborar nas programacións da Deputación: Campaña de esqui, campamentos deportivos, circuíto de carreiras populares...
    • Xestionar as subvencións correspondente á área de deportes, ben sexan as da Deputación ou as convocatorias propias do Concello de Ames de apoio ás asociacións deportivas e clubs.
    • Xestionar as instalacións deportivas municipais (pavillóns polideportivos, campos de fútbol e piscinas descubertas municipais).
  • Normativa:
  • Novas relacionadas
  • Axenda

Novas do departamento

A finais do próximo mes de decembro celebrarase unha nova edición  do Campus de Nadal de fútbol sala, organizado polo FC Meigas e mailas Escolas de fútbol sala Trasgos, en colaboración co Concello, a Deputación da Coruña e maila Xunta de Galicia. Desta vez terá lugar os días 23, 24, 26, 27, 30 e 31 de decembro, no pavillón de Bertamiráns. Está destinado a nenos de entre 4 a 16 anos e a inscrición pode formalizarse na seguinte ligazón.

O Concello de Ames participa outro ano máis na campaña de esquí que organiza a Deputación da Coruña entre o 31 de xaneiro ao 3 de febreiro. Está destinada a rapaces de 11 a 15 anos, ambos inclusive, cumpridos ata o 31 de decembro de 2020. Desta maneira, os participantes gozarán de 4 días na estación invernal de Cabeza de Manzaneda, ademais de cursos de esquí e outras actividades complementarias. Ofértanse 13 prazas para o Concello de Ames.

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Deportes, organiza para o sábado, 18 de xuño, unha xornada de iniciación ao piragüismo que se desenvolverá na praia fluvial de Tapia entre as 11:00 e as 13:30 horas. A través desta actividade búscase que os amesáns e as amesás que o desexen poidan aprender a dominar esta embarcación. A xornada Achégate ao piragüismo consistirá nunha sesión de portas abertas á que poderán asistir todas aquelas persoas maiores de 7 anos interesadas nesta actividade, sempre e cando saiban nadar. Para participar nesta actividade gratuíta, que require inscrición previa a través do correo electrónico info@ribeirasdotambre.es, hai que levar traxe de baño, unha camiseta e chancletas.

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Deportes, organiza para este sábado, 29 de xuño, unha xornada de iniciación ao piragüismo que se desenvolverá na praia fluvial de Tapia entre as 11:30 e as 13:30 horas. A través desta actividade búscase que os amesáns e as amesás que o desexen poidan aprender a dominar esta embarcación. A xornada “Achégate ao piragüismo” consistirá nunha sesión de portas abertas á que poderán asistir todas aquelas persoas maiores de 8 anos interesadas nesta actividade, sempre e cando saiban nadar. Para participar nesta actividade gratuíta, que require inscrición previa a través do correo electrónico info@ribeirasdotambre.es, hai que levar traxe de baño, unha camiseta e chancletas.

A Xunta de Goberno Local vén de adxudicar as obras de mellora de equipamento no campo de lanzamento de Ventín, actuación incluída no Plan Ames Progresa 2021 – 2023. Dito proxecto foi adxudicado á empresa Jardinería Arce SL por un importe de 247.498,87 euros (IVE incluído). Deste xeito, o antigo campo de fútbol do Biduído será adaptado como campo de lanzamento homologado para a práctica do atletismo. Esta actuación únese ás obras de rexeneración do campo de fútbol de Ortoño, onde se vai construír unha pista polideportiva, unha pista para a práctica da patinaxe e unha explanada para eventos e feiras.

A empresa SYR-AMG SL será a encargada de executar a obra para a reforma dos vestiarios do campo de fútbol de Bertamiráns. O presuposto de adxudicación das obras ascende a 81.771,99 euros (IVE incluído). As obras inclúen melloras nos accesos, baños, vestiarios, o cambio de uso da oficina a cuarto de usos diversos, a implantación de luminarias de baixo consumo e a substitución da caldeira por un sistema enerxético máis eficiente. Nos pregos de licitación inclúese a obrigatoriedade de contratar unha muller demandante de emprego. Esta obra está sufragada con cargo ao POS 2020.

O Concello de Ames organiza, co control técnico da Federación Galega de Atletismo a primeira edición do Cros Concello de Ames, que será a súa vez Campionato da Xunta de Galicia de campo a través absoluto por remudas mixto. As probas realizaranse o sábado 12 de outubro, na localidade de Aldea Nova, a carón das pistas municipais de tenis de dita localidade. A saída e chegada de cada proba farase preto dese punto, o cal estará debidamente sinalizado. Para dispor de máis información e tramitar a inscrición preme nesta ligazón.

Máis de 1.400 persoas participaron este domingo na vixésima edición da Carreira Pedestre Popular Concello de Ames. Na proba absoluta participaron uns 484 deportistas, mentres que na proba escolar correron arredor de 921 rapaces e rapazas. Na proba absoluta impuxéronse Alejandro Fernández e Joselyn Brea cun tempo de 29:57 e 33:44 respectivamente. Tanto na proba masculina como feminina fixéronse os mellores tempos da carreira pedestre popular de Ames. Ademais, houbo unha participación récord nesta edición da carreira pedestre de Ames. A carreira pedestre disputouse nun circuíto de 10 quilómetros homologado pola Real Federación Española de Atletismo, que discorreu pola contorna de Bertamiráns.

O pasado venres, 27 de setembro, a Concellería de Deportes organizou por sexto ano consecutivo o Día do Deporte, unha proposta que busca promover o deporte e a actividade física entre a veciñanza amesá. Durante esta xornada, que se desenvolveu na área deportiva do Milladoiro,  houbo unha ampla oferta de actividades e inchables para os máis pequenos dos que desfrutaron as numerosas familias se achegaron ata o Milladoiro. Este evento contou coa colaboración da Deputación da Coruña.

O auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro acolleu o pasado venres, 14 de febreiro, a Gala de Montañismo galego onde amantes da montaña, aventura e natureza reuníronse para celebrar o recoñecemento aos logros destacados no ámbito montañeiro. Nesta gala, que estivo dirixida por Alejandro López e Alberto Fidalgo, entregáronse máis de 50 premios. Tamén teremos recoñecementos especiais a persoas que adicaron a sua vida a Federación e o montañismo. Entregouse ao Concello de Ames o premio pola súa difusión do montañismo a través do Club deportivo de sendeirismo e montañismo Rutas a Pie. Preme nesta ligazón para consultar a listaxe de premiados.

Eventos del departamento

A Concellaría de Deportes e Promoción da Saúde, dentro do programa municipal de Andainas Saudables, organiza un percorrido pola oitava etapa do Camiño de Santiago dende o Barbanza, “A orixe”. A ruta realizarase o sábado 28 de setembro. Os participantes camiñarán arredor de 15 quilómetros, partindo desde  o Lugar de Tallós, en Dodro, e chegando ata A Picaraña. Os interesados en participar poden inscribirse cubrindo este formulario ata o xoves 26 de setembro. Haberá servizo de autobuses con saída dende a praza do Concello, en Bertamiráns, ás 9:00 horas; e dende a Casa da Cultura do Milladoiro ás 9:15 horas.

A Concellaría de Deportes e Promoción da Saúde, dentro do programa municipal de Andainas Saudables, organiza un percorrido pola sétima etapa do Camiño de Santiago dende o Barbanza, “A orixe”. A ruta realizarase o sábado 15 de xuño. Os participantes camiñarán arredor de 15 quilómetros, partindo desde a igrexa de Santa María de Leiro, en Rianxo, e chegando ata o Lugar de Tallós, en Dodro. Os interesados en participar poden inscribirse cubrindo este formulario ata o mércores, día 12. Haberá servizo de autobuses con saída dende a praza do Concello, en Bertamiráns, ás 9:00 horas; e dende a Casa da Cultura do Milladoiro ás 9:15 horas.

O sábado 1 de maio e o domingo 2, celebrarase, no pavillón de Bertamiráns, o Campionato provincial de categoría nacional cadete, xuvenil, júnior e sénior de patinaxe artística libre individual. Nesta cita participarán as mellores patinadoras e patinadores da provincial da Coruña. O Club de patinaxe Sarela estará representado por Jorge Sanmartín (cadete), Inés Peña (cadete) e María Peña (júnior), pero a representación amesán é máis extensa con patinadores e patinadoras do Club de patinaxe Omega, do Milladoiro, e cunha nena de Ames que pertence ao Club Ágora Boqueixón. Non estará permitida a asistencia de público a este evento deportivo debido ás restricións pola Covid-19.

O club de Taekwondo TKDenodo organiza, coa colaboración do Concello de Ames e por delegación da Federación Galega de Taekwondo e a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, o campionato provincial en idade escolar das modalidades técnica e freestyle de Taekwondo. O torneo terá lugar o sábado, 13 de abril, no polideportivo do Milladoiro a partir das 9.00 horas. Participan rapaces e rapazas de 6 a 16 anos do programa Xogade. Esta proba clasificará para o campionato galego, que terá lugar o vindeiro sábado, 27 de abril, en Vigo.

Segunda proba da Liga Galaica de 3 horas de Resistencia BTT. O Circuíto OEA de Bertamiráns será un circuíto semiurbano, de aproximadamente 6 quilómetros e 90 metros de desnivel, cuxo epicentro se situará no paseo do Rego de Ameneiral. A inscrición pode realizarse premendo neste enlace.

O curso 2023-2024 das escolas deportivas municipais chega ao seu fin. Como cada ano, celebrarase un evento de clausura no que os rapaces e rapazas poderán amosar o aprendido ao longo destes meses nas actividades que participaron. O acto terá lugar o sábado 1 de xuño, a partir das 16:30 horas, na área deportiva do Milladoiro. Trátase dun evento familiar e festivo, que estará aberto a todas as persoas que desexen asistir. A xornada está organizada polo departamento de Deportes de Ames, en colaboración con ServiPlus.

O sábado 28 de setembro, a Casa da Cultura de Bertamirans acollerá o evento "Battle of the North", unha competición de culturismo organizada pola delegación española da Physical Culture Association (PCA), na que colabora o Concello de Ames a traves da concellería de Deportes.

Con motivo da conmemoración da Semana Europea do Deporte, que se celebra do 23 ao 29 de setembro, a Concellaría de Deportes ten preparado un programa específico de actividades para conmemorar esta data. Deste xeito, o sábado 28 de setembro, na área deportiva do Milladoiro, celebrase o Día do Deporte e maila terceira edición da Carreira pedestre da familia. 

Durante 2025 estase celebrando o Ano Castelao polo 75 aniversario do seu pasamento. Deste xeito, o Concello de Ames tamén se suma a dita homenaxe cunha programación de actividades específica que comezou coa exposición dunha reprodución do cadro “A derradeira leición do mestre” nas Casas da Cultura do Milladoiro e Bertamiráns. O cadro estivo exposto na Casa da Cultura do Milladoiro do 22 ao 30 de abril; e agora está na Casa da Cultura de Bertamiráns ata o luns 12 de maio.

O Fútbol Club Meigas e mailo Concello de Ames organizan este sábado, 7 de setembro, ás 19.00 horas, no pavillón de Bertamiráns, o primeiro derbi galego da categoría de primeira de fútbol sala, que enfrontará ao Noia Portus Apostoli e o Pescados Rubén Burela. Trátase dun derbi inédito, xa que vai ser a primeira vez que coincidan estes dous equipos na máxima categoría nacional de fútbol sala masculino. Ademais, na actualidade son os dous únicos equipos que compiten nesta categoría.