- Tipo
- Tematica
Durante 2025 estase celebrando o Ano Castelao polo 75 aniversario do seu pasamento. Deste xeito, o Concello de Ames tamén se suma a dita homenaxe cunha programación de actividades específica que comezou coa exposición dunha reprodución do cadro “A derradeira leición do mestre” nas Casas da Cultura do Milladoiro e Bertamiráns. O cadro estivo exposto na Casa da Cultura do Milladoiro do 22 ao 30 de abril; e agora está na Casa da Cultura de Bertamiráns ata o luns 12 de maio.
O grupo Chévere fixo unha reprodución do cadro para presentala en contextos públicos diversos, asociada a un breve cuestionario ao que se accede desde un código QR. Esta actividade enmárcase no proceso de creación da nova obra de teatro que a compañía está preparando. Trátase dun espectáculo protagonizado por Patricia de Lorenzo e Miguel de Lira, que toma como punto de partida o cadro de Castelao, para falar de como se constrúen as narrativas da memoria.
