Pestanas principais

>Circuíto OEA da Liga Galaica de 3 horas de Resistencia BTT

Domingo, 2 febreiro, 2020
Ás 10.00 horas

Segunda proba da Liga Galaica de 3 horas de Resistencia BTT. O Circuíto OEA de Bertamiráns será un circuíto semiurbano, de aproximadamente 6 quilómetros e 90 metros de desnivel, cuxo epicentro se situará no paseo do Rego de Ameneiral. A inscrición pode realizarse premendo neste enlace.

A liga está organizada polos clubs ciclistas Os Esfola Arrós (Ames), O Toxo (Noia) e Baikers do Vilán (Camariñas), en colaboración cos Concellos de Ames, Camariñas e Noia. Está formada por tres probas, que se rexeran por un mesmo regulamento, e que teñen dispoñibles 400 prazas. As inscricións teñen un prezo de 15 € por participante individual, 24 € para as persoas que participen en parella e 30 € para as que o fagan en tríos.