Pestanas principais

Alejandro Fernández e Joselyn Brea gañan a proba absoluta da XX Carreira Pedestre Popular Concello de Ames

Luns, 21 de outubro de 2019

Máis de 1.400 persoas participaron este domingo na vixésima edición da Carreira Pedestre Popular Concello de Ames. Na proba absoluta participaron uns 484 deportistas, mentres que na proba escolar correron arredor de 921 rapaces e rapazas. Na proba absoluta impuxéronse Alejandro Fernández e Joselyn Brea cun tempo de 29:57 e 33:44 respectivamente. Tanto na proba masculina como feminina fixéronse os mellores tempos da carreira pedestre popular de Ames. Ademais, houbo unha participación récord nesta edición da carreira pedestre de Ames. A carreira pedestre disputouse nun circuíto de 10 quilómetros homologado pola Real Federación Española de Atletismo, que discorreu pola contorna de Bertamiráns.

A localidade de Bertamiráns volveu acoller este domingo, 20 de outubro, unha nova edición da Carreira Pedestre Popular Concello de Ames, cuxa saída e chegada estivo situada na rúa Alcalde Lorenzo de Bertamiráns. A proba contou coa participación de máis de 1.400 persoas: arredor de 921 nenas e nenos das categorías pitufa/o, prebenxamín, benxamín, alevín, infantil e cadete, inscritas e inscritos na carreira escolar, e 484 persoas adultas repartidas entre as categorías xuvenil, júnior, promesa, sénior e veterana/o. O circuíto da proba absoluta foi homologado na distancia de 10km pola Real Federación Española de Atletismo. Esta proba estivo incluída no VII Circuíto de carreiras populares da Deputación da Coruña.

Nesta edición, os gañadores absolutos da carreira foron Alejandro Fernández, na categoría masculina, cun tempo de 29:57, e Joselyn Brea, na categoría feminina, cun tempo de 33:44. No segundo posto da categoría masculina quedou Lolo Penas, gañador da carreira pedestre de Ames en 2018, mentres que o terceiro posto foi parar a Nuno Costa, gañador desta carreira pedestre en 2017. Na categoría feminina, Tina Fernández foi a segunda en chegar á meta, mentres que María González quedou terceira. Premendo nesta ligazón pódese consultar o posto que acadou cada unha das persoas participantes na proba absoluta.

No tocante á clasificación de equipos, o primeiro posto foi para o Club de Atletismo Sar Vermú Petroni, que acadou 179 puntos, seguido do Club de Atletismo O Pino con 719, do Tambre Bike&Running con 817 puntos, o Club de Atletismo Milladoiro con 1.376 puntos, e mailo Noitebra FC con 1.801. Todas as clasificacións pódense consultar nesta ligazón. Accedendo a dita web tamén se pode meter o número de dorsal do/a participante ou o nome e apelidos para comprobar en que postos quedaches.

A carreira pedestre popular comezou, para as corredoras e corredores da proba absoluta e da categoría xuvenil, ás 10:30 horas. Posteriormente, ás 12:00h, tivo lugar a proba da categoría pitufa/o, de rapazas e rapaces nados no ano 2015 e posteriores (200 metros), á que lle seguiron as dos grupos prebenxamíns (350 metros), sub 10 e sub 12 (1.000 metros), sub 14 e sub 16 (2.000 metros).

Entrega de premios
Unha vez rematadas as carreiras, procedeuse á entrega de trofeos no podio instalado na praza do Concello. Recibiron galardóns as tres primeiras persoas clasificadas en cada categoría, masculino e feminino. Alén diso, na proba absoluta recibiron trofeo as tres primeiras persoas clasificadas, masculino e feminino, empadroadas no Concello de Ames. Para as catro primeiras da proba popular, houbo premios en metálico e, por segunda vez na historia da carreira, tamén recibiron trofeo os tres primeiros clubs da carreira absoluta. Por último, ao igual que nos últimos anos, os máis pequenos recibiron a súa medalla de chocolate como recoñecemento do esforzo realizado.

Organizada polo propio Concello, en colaboración coa Federación Galega de Atletismo, a proba pertence ao VII Circuíto de carreiras populares da Deputación da Coruña. Nesta iniciativa tamén colaboraron os clubs de atletismo do concello (Millaraio, Sar e Ames Atletismo). Ademais, a Policía Local organizou un operativo especial no que colaborou a Agrupación de Protección Civil de Ames e o club ciclista Os Esfola Arrós. O control da carreira correu a cargo do Comité de Xuíces da Federación Galega de Atletismo da delegación de Santiago de Compostela.

Novas relacionadas:

La Voz de Galicia: "Alejandro Fernández y Joselyn Brea ganan en Ames"

El Correo Gallego: "Alejandro Fernández y Joselyn Brea, los mejores en Ames"

Compostela 24 horas: "Alejandro Fernández e Joselyn Brea gañan a XX Carreira Pedestre Popular Concello de Ames"

Alejandro Fernández e Joselyn Brea gañan a proba absoluta da XX Carreira Pedestre Popular Concello de Ames

Multimedia

  • XX Carreira Pedestre Popular Concello de Ames