Pestanas principais

Departamento de Cultura

    • Enderezo: Casa da Cultura do Milladoiro. Travesia do Porto, s/n, O Milladoiro. 15895 Ames.
    • Teléfono:  662 37 74 44
    • Responsable municipal: Concellaría de Cultura
    • Responsable técnico: María José Vázquez Bermúdez, Técnica de Animación Sociocultural.
Outros Datos: 
  • Funciones:
    • Xestionar as actividades e eventos que desde o Departamento de Cultura se poñen en marcha, responsabilizándose do seu adecuado desenvolvemento.
    • Informar e asesorar aos grupos e entidades culturais do concello, así como ao público en xeral, valorar as demandas dos cidadás e incentivar a participación.
    • Xestionar os programas culturais que oferta a Deputación, Rede Cultural, Xunta de Galicia, AGADIC e Cultura no Camiño. Solicitude,desenvolvemento, xustificación.
    • Tramitar as axudas económicas correspondentes á área de cultura, tanto as que se solicitan desde o Concello, coma as que se convocan desde a Concellaría de Educación e Cultura de apoio as entidades culturais e comisións de festas.
    • Coordinar e xestionar as Escolas Culturais Municipais.

Novas do departamento

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Cultura, abre hoxe, martes 1 de xullo, o prazo para as novas inscricións na Escola Municipal de Teatro de Ames. Ademais, como novidade para o vindeiro curso, estrearase un novo grupo inclusivo, “Teatro formativo e lúdico”, no que o 50% das prazas están reservadas para persoas con discapacidade. As persoas interesadas en obter praza deben cubrir o impreso normalizado e presentalo no Rexistro Electrónico Xeral do Concello de Ames ou na Sede electrónica do Concello. Tamén se pode presentar no Rexistro presencial nas oficinas de Bertamiráns e do Milladoiro. Para dispor de máis información pódese consultar o folleto informativo da Escola Municipal de Teatro de Ames, chamar aos números de teléfono 981 535 940 // 662 377 444 ou enviar un correo electrónico ao enderezo cultura@concellodeames.gal.

A Concellaría de Cultura lembra que está aberto o prazo  para presentar solicitudes á convocatoria de subvencións para a promoción de festas populares e actividades levadas a cabo polas asociacións culturais no exercicio 2023. O prazo para solicitar estas axudas, que suman unhas contías de 30.000 euros para as actividades culturais e de 25.000 euros para as festas, xa está aberto ata o 12 de xuño. Premendo nestas ligazóns pódese obter máis información sobre a convocatoria para as festas populares, ou ben para as actividades culturais.

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Cultura, abre o vindeiro luns día 17 de xuño o prazo para a renovación de praza na Escola Municipal de Teatro de Ames. Dito prazo está dirixido ás persoas inscritas no curso anterior. O prazo de renovación de praza estará aberto ata o 30 de xuño. Posteriormente, do 5 ao 15 de xullo abrirá un segundo prazo para novas inscricións nos grupos que queden prazas libres. Tanto para renovar praza como para inscribirse por primeira vez haberá que cubrir o impreso normalizado e presentalo no Rexistro Electrónico Xeral do Concello de Ames ou na Sede electrónica do Concello. Tamén se poderá presentar no Rexistro presencial nas oficinas de Bertamiráns e do Milladoiro. Para dispor de máis información pódese consultar o folleto informativo da Escola municipal de teatro.

O Concello de Ames, a través da Concellería de Cultura, mantén aberto ata o 31 de xullo o prazo para participar na convocatoria de subvencións en especies para as festas populares celebradas no 2024 por asociación e comisións de festas municipais. O prazo está aberto para as festas que se celebren nos meses de setembro a decembro de 2024. Con estas axudas búscase fomentar a celebración das festas e colaborar na súa organización, facendo máis doada a labor que está a desenvolver o tecido asociativo e as comisións de festas do concello no eido da dinamización sociocultural. A contía total desta liña de axudas ascende a 24.000 euros. Ata o de agora xa se consumiron 15.890 euros, isto representa o 66,20% da contía total. Premendo nesta ligazón pódense obter as bases da convocatoria.

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Cultura, abre hoxe luns, 1 de setembro, o prazo extraordinario para novas inscricións na Escola Municipal de Teatro de Ames. Os interesados en obter praza deben cubrir o impreso normalizado e presentalo no Rexistro Electrónico Xeral do Concello de Ames ou na Sede electrónica do Concello. Tamén se poderá presentar no Rexistro presencial nas oficinas de Bertamiráns e do Milladoiro. Para dispor de máis información pódese consultar o folleto informativo da Escola municipal de teatro. O prazo estará aberto ata o vindeiro 9 de setembro.

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Cultura, abre o prazo do 16 ao 28 de xuño, para que as persoas inscritas no curso anterior poidan renovar praza na Escola municipal de teatro de Ames. Posteriormente, abrirase un segundo prazo, do 4 ao 15 de xullo, para novas inscricións nos grupos que queden prazas libres. Tanto para renovar praza como para inscribirse por primeira vez haberá que cubrir o impreso normalizado e presentalo no  Rexistro Electrónico Xeral do Concello de Ames ou na Sede electrónica do Concello. Tamén se poderá presentar no Rexistro presencial nas oficinas de Bertamiráns e do Milladoiro solicitando cita previa. Para dispor de máis información pódese consultar o folleto informativo da Escola municipal de teatro.

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Cultura, abre o vindeiro luns, 2 de setembro, o prazo extraordinario para novas inscricións na Escola Municipal de Teatro de Ames. Os interesados en obter praza deben cubrir o impreso normalizado e presentalo no Rexistro Electrónico Xeral do Concello de Ames ou na Sede electrónica do Concello. Tamén se poderá presentar no Rexistro presencial nas oficinas de Bertamiráns e do Milladoiro. Para dispor de máis información pódese consultar o folleto informativo da Escola municipal de teatro. O prazo estará aberto ata o 10 de setembro.

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Cultura, abre este luns día 4 de xullo o prazo para novas inscricións na Escola Municipal de Teatro de Ames. As persoas que queiran inscribirse poderano facer ata o 15 de xullo. Haberá que cubrir o impreso normalizado e presentalo no Rexistro Electrónico Xeral do Concello de Ames ou na Sede electrónica do Concello. Tamén se poderá presentar no Rexistro presencial nas oficinas de Bertamiráns e do Milladoiro solicitando cita previa. Para dispor de máis información pódese consultar o folleto informativo da Escola Municipal de Teatro, ou ben o trámite ao completo na web municipal.

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Cultura, abre este xoves, día 6 de xullo, o prazo para novas inscricións na Escola Municipal de Teatro de Ames. As persoas que queiran inscribirse poderano facer ata o 15 de xullo. Haberá que cubrir o impreso normalizado e presentalo no Rexistro Electrónico Xeral do Concello de Ames ou na Sede electrónica do Concello. Tamén se poderá presentar no Rexistro presencial nas oficinas de Bertamiráns e do Milladoiro. Para dispor de máis información pódese consultar o folleto informativo da Escola municipal de teatro.

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Cultura, abriu este luns, 4 de setembro, o prazo extraordinario para novas inscricións na Escola Municipal de Teatro de Ames. Os interesados en obter praza deben cubrir o impreso normalizado e presentalo no Rexistro Electrónico Xeral do Concello de Ames ou na Sede electrónica do Concello. Tamén se poderá presentar no Rexistro presencial nas oficinas de Bertamiráns e do Milladoiro. Para dispor de máis información pódese consultar o folleto informativo da Escola municipal de teatro.

Eventos del departamento

Pablo Balseiro & Los Cascarillas chegan o xoves 20 de xullo a Tapia da man do programa "Seráns de Ames", cunha actuación que dará comezo a partir das 19:30 horas. Balseiro, músico e compositor dende os 14 anos, ten participado en numerosos proxectos e con bandas ao longo da súa traxectoria profesional, e acumula ás súas costas máis de 600 concertos. 

A praia fluvial de Tapia acolle a primeira das xornadas do programa Seráns de Ames. A partir das 19:30 horas, pregón inaugural con Federico Pérez Rey e deseguido a actuación da charanga Os Celtas.

O xoves, 6 de xullo, terá lugar a inauguración do programa Seráns de Ames 2023. O actor e veciño amesán Josito Porto será o encargado de dar o pregón. A continuación, o coro Son Elas ofrecerá unha actuación. Será na praia fluvial de Tapia, a partir das 19:30 horas. 

Chega a terceira xornada dos Seráns de Ames cunha actuación na praia fluvial de Tapia do grupo SU MA. Trátase dun espectáculo de danza-circo 360º de medio formato onde os personaxes crean mundos de fantasía, a partir das 19:30 horas.

A obra de teatro para nenos e nenas "Voa, Voa!", da man da compañía talía Teatro, representarase ás 18.00 horas na Casa da Cultura do Milladoiro. Xa se poden mercar as entradas na Billeteira electrónica. A entrada xeral ten un prezo de 4 euros, mentres que as entradas con prezo reducido custan 2 euros. Esta obra está dentro do convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) e o Concello de Ames.

No mes de marzo celebraranse cinco obras da programación cultural de Ames do primeiro semestre de 2022. O venres 11 de marzo, ás 20:30 horas na Casa da Cultura de Bertamiráns, a compañía A Quinta do Cuadrante representará “A lúa vai encuberta”, un texto orixinal de Manuel María arredor da realidade galega e da loita por conformar unha identidade propia. As entradas están xa a venda na Billeteira electrónica do Concello de Ames.

“A parábola do angazo” será a segunda representación para adultos de febreiro do programa cultural de Ames do primeiro semestre de 2022, o venres 11 ás 20:30 horas, na Casa da Cultura de Bertamiráns. A compañía Talía Teatro conta, a través da comedia, a historia dun mozo dunha aldea galega que esquece a súa lingua ao emigrar uns meses a Castela. Partindo dunha lenda xa recollida polo Padre Sarmiento no século XVII, a obra busca mostrar a capacidade de resistencia do galego. As entradas poderán adquirirse a partir do mércores 5 de xaneiro, a través da Billeteira electrónica do Concello de Ames.

As representacións para público infantil da programación de artes escénicas amesá do primeiro semestre de ano continúan con “Aibō”, a ópera prima da compañía Eléctrica. “Aibō” (compañeira ou compañeiro en xaponés) é a palabra empregada para definir esta fábula, inspirada na Carapuchiña Vermella, que trata de dar unha visión en positivo sobre a nosa relación coa natureza. Orientada á cativada dos 3 aos 6 anos e ao público familiar, a obra representarase o xoves 24 de marzo, ás 18:00 horas, na Casa da Cultura de Bertamiráns. As entradas xa están dispoñibles na Billeteira electrónica do Concello de Ames.

A compañía Rebordelos ofrece a representación de Amantis o día 17 de marzo, na Casa da Cultura de Bertamiráns, ás 20:30 horas. A obra versa sobre a historia de M, un rapaz de barrio obreiro que soña con ser influencer, e busca ser amado e aceptado. No camiño atopará con trampas dun universo intanxible no que non todo é o que parece, e no que descubrirá que nin el mesmo é o que pensaba ser. As entradas para acudir ao espectáculo xa están dispoñibles na Billeteira electrónica do Concello de Ames. 

A Casa da Cultura do Milladoiro acolle este venres, 4 de novembro, a representación da obra de teatro “As alumnas”, producida por Culturactiva. Dirixida a un público adulto, trata sobre a figura da pedagoga galega María Barbeito, e sobre o retroceso na educación das mulleres durante o franquismo. Será ás 20:30 horas na Casa da Cultura do Milladoiro. A obra enmárcase dentro do convenio asinado entre o Concello de Ames e Axencia Galega de Industrias Culturais (AGADIC). As entradas pódense retirar na billeteira electrónica do Concello de Ames.