Actualidade

O venres, 19 de decembro, ás 9.30 horas, celebrarase un pleno extraordinario no que se debaterá a aprobación do Plan económico-financeiro do Concello de Ames para o período 2025-2026, o recoñecemento extraxudicial de crédito 3/2025 por importe de 61.259,60 euros, a actualización puntual do inventario municipal e maila cesión de seis parcelas á Sociedade de Vivenda Pública de Galicia, S.A. (VIPUGAL), para a construción de nova vivenda de protección oficial no Milladoiro. O pleno será emitido en directo a través da canle de YouTube do Concello de Ames.

Este pasado xoves, 27 de novembro, celebrouse o pleno ordinario correspondente ao mes de novembro. A Corporación municipal aprobou a adhesión á Mancomunidade Serra do Barbanza; o Plan de Igualdade do Concello de Ames; a resolución do recurso de reposición sobre a prohibición para contratar a empresa Osventos Innovación e Servizos SL; a sexta modificación do plan estratéxico de subvencións; a modificación da aprobación inicial da ordenanza do centro deportivo municipal A Telleira para o exercicio 2026; a subsanación das deficiencias na redacción do proxecto das obras de pavimentación de viarios na aldea de Villaverde (Piñeiro) do POS+2025; a aprobación da segunda fase do POS+ Adicional 4/2025; e a devolución da garantía definitiva constituída mediante aval bancario do servizo de abastecemento de auga potable e saneamento municipal. Ademais, tomou posesión como concelleira Beatriz Martínez, que asume as áreas de Educación, Mocidade e Mobilidade, e aprobáronse dúas mocións do grupo municipal BNG de Ames sobre o impacto das obras na N-550 no comercio local do Milladoiro e sobre a necesidade de incrementar os recursos públicos para facer fronte á violencia machista. Podes ver a gravación do pleno na canle de Youtube do Concello de Ames.

O martes, 18 de novembro, ás 10.00 horas, celebrarase un pleno extraordinario no que se debaterá a aprobación dun suplemento de crédito, financiado con remanente de tesourería, para poñer en marcha unha nova campaña dos Bonos Consuma, tralo éxito desta iniciativa no comercio local durante os últimos catro anos. O importe da campaña ascendería a 60.000 euros. Ademais, darase conta da renuncia de Carmen Porto Rey como concelleira de Planificación e Xestión Educativa e Mocidade. O pleno será emitido en directo a través da canle de YouTube do Concello de Ames.

No pleno ordinario celebrado o 30 de outubro de 2025 a Corporación municipal aprobou por unanimidade o POS+ Adicional 4/2025 para gasto corrente, que está dotado cunha contía de 498.473,30 euros. Podes ver a gravación do pleno na canle de Youtube do Concello de Ames.

Este xoves, 30 de outubro, o Concello de Ames celebrará o pleno ordinario correspondente ao mes de outubro. Na sesión plenaria, a Corporación municipal debaterá sobre a aprobación do suplemento de crédito 3/2025, por valor de 3.163.636 euros, financiado con remanente de tesourería para gastos xerais; a aprobación inicial da ordenanza fiscal reguladora da taxa polo servizo de recollida, transporte e tratamento de residuos; a aprobación do POS+ Adicional 4/2025; a autorización do incremento da cantidade global destinada á asignación de gratificacións, horas extras e horas complementarias no orzamento para o exercicio 2025; a revisión dos prezos do contrato de concesión da xestión e mantemento do centro deportivo municipal A Telleira para o exercicio 2026; e a aprobación inicial da modificación da ordenanza reguladora do prezo público pola utilización do centro deportivo municipal A Telleira. Ademais, abordaranse dúas mocións políticas do grupo municipal popular para a mellora da seguridade viaria na DP-0206 e sobre os vertidos no río Sar provocados polas obras de construción da nova depuradora de aguas residuais de A Silvouta. O pleno será emitido en directo a través da canle de YouTube do Concello de Ames.

A Corporación municipal aprobou por unanimidade a Conta Xeral 2024 do Concello de Ames e da EPEL Augas de Ames. Tamén se aprobou por unanimidade unha declaración institucional do grupo socialista contra o xenocidio do pobo palestino en Gaza; a subsanación das deficiencias na redacción de dous proxecto do POS+2025 de pavimentación de viarios na aldea de Villaverde (Piñeiro) e de camiños peonís en Aldea Nova (Ortoño); a resolución das alegacións formuladas pola empresa Os Ventos Innovación en Servizos SL, anterior adxudicataria do servizo de axuda no fogar; e a corrección número 2 do PXOM, no lugar de Framán. Por último, foi rexeita unha moción política do grupo municipal BNG sobre a vaga de lumes forestais que asolou Galicia no mes de agosto e as medidas necesarias para evitar que se repita esta catástrofe mediante unha política de prevención e unha xestión integral do medio. Podes ver a gravación do pleno na canle de Youtube do Concello de Ames.

A Corporación municipal aprobou por maioría simple un suplemento de crédito, por valor de 550.220,30 euros, financiado cunha operación de crédito, para o financiamento do contrato para o remate das obras de construción do centro multifuncional do Milladoiro, que está dirixido á mocidade e a persoas en risco de exclusión social. Ademais, aprobouse tamén por maioría simple unha transferencia de crédito por valor de 150.247,16 euros, para sufragar gastos de distintos servizos municipais antes de que remate o exercicio 2025. Podes ver a gravación do pleno na canle de Youtube do Concello de Ames.

A Corporación municipal aprobou por unanimidade a maior parte dos puntos debatidos no pleno ordinario de xuño. Deste xeito, saíu adiante por unanimidade o proxecto de mellora do camiño de Quintáns e outro incluído no Plan Camiña Rural 2025-2026; o proxecto refundido de mellora da rede de evacuación de augas pluviais no parque empresarial Novo Milladoiro; as segundas prórrogas dos servizos de monitores/as e persoal na Rede de comedores escolares e Tardes divertidas; e a primeira prórroga dos servizos de limpeza nos centros de educación infantil, primaria e escolas unitarias; escolas infantís; e instalacións de uso municipal. Tamén saíu adiante por maioría simple a aprobación inicial da ordenanza municipal reguladora de actos de benvida social; a décimo terceira modificación da RPT; e a modificación dos cadros de persoal debido a dita modificación da RPT. Ademais, aprobouse por unanimidade unha moción do grupo municipal do BNG para unhas festas máis inclusivas e sostibles en Ames; e foi rexeitada unha moción do grupo do Partido Popular en defensa do estado democrático e de dereito e en repulsa da corrupción que afecta a contorna persoal e política de Pedro Sánchez, presidente do Goberno de España. Podes ver a gravación do pleno na canle de Youtube do Concello de Ames.

Este xoves, 26 de xuño, o Concello de Ames celebrará o pleno ordinario correspondente ao mes de xuño. Na sesión plenaria, a Corporación municipal debaterá sobre a aprobación inicial da ordenanza municipal reguladora de actos de benvida social, do proxecto de mellora do camiño de Quintáns e outro incluído no Plan Camiña Rural 2025-2026, do proxecto refundido de mellora da rede de evacuación de augas pluviais no parque empresarial Novo Milladoiro, e mailas segundas prórrogas dos servizos de monitores e persoal na Rede de comedores escolares e Tardes divertidas. Tamén se abordará a primeira prórroga dos servizos de limpeza nos centros de educación infantil, primaria e escolas unitarias; escolas infantís; e instalacións de uso municipal. Ademais, trataranse dúas mocións: unha do grupo municipal do BNG para unhas festas máis inclusivas e sostibles en Ames; e outra do grupo do Partido Popular en defensa do estado democrático e de dereito e en repulsa da corrupción que afecta a contorna persoal e política de Pedro Sánchez, presidente do Goberno de España. O pleno será emitido en directo a través da canle de YouTube do Concello de Ames.

Achégase a noite máis longa do ano, o 23 de xuño, a véspera de San Xoán. E como manda a tradición esta festividade celébrase saltando as tan típicas cacharelas e comendo a sardiñada que soe acompañar. Este ano concedéronse un total de 244 permisos para realizar cacharelas na noite do 23 de xuño. Está previsto que haxa 228 en parcelas privadas do rural e da zona urbana e 16 en espazos públicos. A separación entre as cacharelas, edificios, árbores, vehículos e mobiliario urbano serán como mínimo de 12 metros, agás no casco urbano. Ademais, as persoas responsables de cada lumieira deberán vixiar o lume ata a total extinción do mesmo e ter a man os teléfonos da Policía Local, Protección Civil e Emerxencias. Preme nesta ligazón para descargar o bando coas normas para realizar cacharelas no San Xoán.
- ‹ anterior
- 3 de 27
- seguinte ›




