Pestanas principais

O Pleno aproba por unanimidade o POS+ Adicional 4/2025 dotado cunha contía de 498.473,30 euros

Luns, 03 de novembro de 2025

No pleno ordinario celebrado o 30 de outubro de 2025 a Corporación municipal aprobou por unanimidade o POS+ Adicional 4/2025 para gasto corrente, que está dotado cunha contía de 498.473,30 euros. Podes ver a gravación do pleno na canle de Youtube do Concello de Ames.

Un dos temas aprobados por unanimidade en dita sesión plenaria foi o POS+ Adicional 4/2025. Ao Concello de Ames correspóndenlle 498.473,30 euros, dos cales o importe de 152.984,36 euros vanse destinar a gasto corrente, e o resto da contía que ascende a 345.488,94 euros vaise destinar a investimentos financeiramente sostibles para o arranxo das beirarrúas na avenida da Maía ata o límite co concello de Brión.

O Pleno aproba por unanimidade o POS+ Adicional 4/2025 dotado cunha contía de 498.473,30 euros