Solapas principales

Departamento de Normalización Lingüística

    • Dirección: Pazo da Peregrina. Avenida de Azcárraga, nº 5, Bertamiráns. 15220 Ames.
    • Teléfono:  662 37 72 15
    • Horario de atención al público: de 9:00 - 14:00h.
    • Responsable municipal: Concejalía de Normalización Lingüística
    • Responsable técnica: Rosa Moreiras Cuñarro, técnica de normalización lingüística
    • Objetivo principal del servicio:
      • Incrementar el uso y el prestigio de la lengua gallega en todos los ámbitos municipales.

El Servicio de Normalización Lingüística del Ayuntamiento de Ames recibe una subvención anual para gastos de personal de la Diputación de A Coruña y otra de la Xunta de Galicia.

Otros Datos: 
  • Funciones:
    • Asesorar y colaborar con la planificación lingüística del Ayuntamiento de Ames
    • Promover actuaciones para aumentar el uso del gallego en el ámbito municipal, de acuerdo con la normativa vigente, y entre el vecindario
    • Contribuir a la formación lingüística del vecindario y del personal municipal
    • Mejorar la calidad lingüística y comunicativa del Ayuntamiento de Ames
    • Informar y asesorar sobre derechos lingüísticos del vecindario y deberes lingüísticos municipales
    • Asesorar sobre cuestiones lingüísticas al vecindario y al personal municipal

Noticias del departamento

O Concello de Ames acaba de publicar a programación infantil con Apego para os vindeiros catro meses, cunha vintena de iniciativas que se desenvolverán ao longo de setembro, outubro, novembro e decembro. Haberá contancontos nas bibliotecas municipais, unha nova edición da Foliada con Apego, varios espectáculos de teatro, un obradoiro de arrolos con Mama Cabra, outro taller sobre contos de medo con Celso F. Sanmartín, etc. Ademais, nesta programación inclúese unha nova edición do Festival de maxia e do Certame internacional de cine infantil e familiar “Cinema Crianza”.

A programación de Apego para os vindeiros meses presentouse hoxe no salón de plenos do Concello. Nela estiveron a concelleira de Normalización Lingüística, Escarlata Pampín, a concelleira de Cultura, Natividade González, e a técnica municipal Rosa Moreiras. Desta volta, a programación vén cunha morea de actividades para os meses de febreiro, marzo, abril e maio. Música, contos, arrolos, teatro, xogos, espectáculos, obradoiros…para que as crianzas e as familias poidan gozar, aprender e socializar.

A sesión, que estaba prevista para realizarse na Casa da Cultura do Milladoiro o vindeiro xoves, 29 de outubro, ás 18.00 horas, poderase desfrutar dende calquera dispositivo con pantalla. Deste xeito, non haberá limitacións de aforo pero é imprescindible a inscrición previa antes do mércores 28 enviando un correo a normalizacion@concellodeames.

Olaxonmario, O Son das Ideas, Neeumatiko, Pablo Rodríguez Vila, Toxío, AstroXabi, Cousas RarismASMR, Cousxs, Xacobo de Toro, Recuncho Gamer e Orgullo Galego levan os galardóns deste 2021. Youtubeiras é unha iniciativa organizada polos servizos de Normalización Lingüística dos concellos da Baña, Ames, O Grove, Moaña, Negreira, Pontevedra, Ribadeo, Rianxo, Santiago de Compostela e Teo, das universidades da Coruña, Santiago e Vigo e da Deputación da Coruña.

A Real Academia Galega continúa a afondar na análise dos elementos que inflúen no abandono do galego das novas xeracións con investigacións cualitativas que permitan orientar de maneira efectiva as políticas lingüísticas para frear este proceso. O último estudo presentado polo Seminario de Sociolingüística confirma a importancia dos centros educativos, non só na súa faceta pedagóxica, senón tamén como primeiro contacto coa vida pública fóra da familia e contexto principal para a relación dos nenos e nenas cos seus iguais. Pero, ao mesmo tempo, chama tamén a atención sobre outros espazos como os das actividades complementarias e de conciliación e as asociacións e clubs deportivos. Os resultados recóllense no volume Prácticas lingüísticas na infancia. A xestión lingüística nos primeiros contextos de socialización, dispoñible en copia dixital na sección de publicacións de academia.gal.

Do diagnóstico á acción. A colaboración entre a Real Academia Galega e o Concello de Ames en materia de lingua e infancia e mocidade continuará nos vindeiros meses co desenvolvemento dun proxecto colaborativo que porá en marcha iniciativas de dinamización lingüística alén das aulas. Modo galego, actívao! chegará aos arredor de 3000 nenos e nenas do segundo ciclo de infantil e de primaria escolarizados nos sete centros educativos que imparten estas etapas no que é o maior termo municipal da zona periurbana da comarca compostelá. Como aconteceu na investigación que permitiu trazar o mapa sociolingüístico escolar do concello, as accións implicarán non só o día a día nas escolas, tamén as actividades extraescolares, de lecer, tempo libre e conciliación familiar xestionadas a través da administración local, que constitúen espazos de socialización de crecente importancia en múltiplos planos, tamén no que atinxe ao comportamento lingüístico.

A Real Academia Galega presentou este luns, 6 de xuño, Ideas para un plurilingüismo dende o galego no Concello de Ames, unha guía que pretende contribuír á reflexión sobre a situación sociolingüística, ofrece aclaracións conceptuais sobre o tema que aborda e propón estratexias de cara á planificación nos centros educativos dende a premisa do ecolingüismo como “unha aposta ética e unha opción viable”. A publicación avoga así por construír a partir do galego un plurilingüismo inclusivo, que non se limite a unha visión instrumental centrada exclusivamente na competencia en varios idiomas e que reforce tamén o respecto pola diversidade cultural.

No curso 2022-2023 a Real Academia Galega e o Concello de Ames estrearon Modo galego, actívao!, un proxecto colaborativo pioneiro que implicou, tras un rigoroso diagnóstico da situación de partida, a posta en marcha de iniciativas de dinamización lingüística alén das aulas entre a rapazada dos colexios de infantil e primaria deste municipio da área periurbana de Santiago de Compostela. Tras os bos resultados obtidos na experiencia piloto, ambas as partes decidiron estender a colaboración coa sinatura dun  convenio ao abeiro do cal se prevé ampliar o programa aos primeiros niveis da ESO nos vindeiros cursos, entre outras medidas que comparten o obxectivo común de frear o abandono do galego na infancia.

A Real Academia Galega presentará o luns 6 de xuño, ás 20.00 horas, Ideas para un plurilingüismo dende o galego no Concello de Ames. O acto de presentación realizarase no auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro. A guía responde á demanda de formación do profesorado sobre o tema que aborda, ofrece aclaracións conceptuais e propón estratexias de cara á planificación nos centros educativos.

A Casa da Cultura de Bertamiráns acollerá mañá mércores, 22 de marzo, a presentación da valoración dos resultados da experiencia de inmersión lingüística na que participaron durante tres semanas de preto de 3.000 nenos e nenas dos centros educativos de infantil e primaria amesáns no marco do proxecto Modo galego, actívao!, promovido pola Real Academia Galega e o Concello de Ames. O acto, de entrada libre, terá lugar a partir das 19:00 horas e contará coa participación de representantes da Academia e do Concello e mais da comunidade educativa. Estrearase ademais un vídeo de sensibilización gravado por alumnado, e que poderá verse nas redes sociais da Academia e do Concello de Ames.

Eventos del departamento

Os Seráns de Ames continúan en Tapia cunha nova edición da Foliada con Apego, unha actividade chea de música para compartir, cantar, bailar, aprender cancións galegas e pasalo ben. Será o xoves 18 de agosto, ás 19:30 horas, coa actuación de Pablo Díaz e Olga Kirk.

A Casa da Cultura de Bertamiráns acolle a representación de "Rosalía", unha aproximación á vida e a obra da maior figura da literatura galega, que busca contarlle á cativada que a infancia é o lugar onde medran os poetas e as poetisas. A obra teatral terá lugar o xoves 17 de febreiro, ás 18:00 horas, dentro da programación do mes de Rosalía. Os convites, de balde, poden retirarse xa na Billeteira electrónica do Concello de Ames. Colaboran a Rede de Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia e o Servizo de Normalización Lingüística de Ames.

Baby Esferic, de Aboon Teatre, pasará o día 6 de outubro polo auditorio do Milladoiro. Realizaranse dous pases, ás 18:00 e ás 19:00 horas. O aforo será de 80 persoas por pase. Trátase dunha representación enfocada a crianzas de entre 6 meses e 3 anos, un espectáculo innovador de linguaxe visual que busca espertar a imaxinación de grandes e pequenos. Os espectadores gozarán dunha viaxe con simpáticos habitantes esféricos que lles amosarán a maxia da terra, a ritmo de bebé. Premendo nesta ligazón podes consultar o dossier da obra ao completo. Tras a representación, que dura arredor de 30 minutos, as familias poderán gozar de 15 minutos de interacción e xogo coas personaxes. Os convites son de balde e pódense descargar na Billeteira electrónica do Concello de Ames

O programa Apego achega, o mércores 20 de setembro na biblioteca do Milladoiro, e o xoves 21 na de Bertamiráns, o espectáculo "Animais do bosque". Trátase dunha actuación de Trinke Trinke Teatro. Os Ratos de Lonxedetodo, cunha maleta cargada de contos e música, visitan as dúas vilas principais de Ames para achegar á cativada aos animais do bosque e aos libros dunha maneira atractiva e lúdica. 

O parque dos Piñeiros do Milladoiro acolle hoxe a partir das 18:00 horas unha nova sesión de “Brincadeiras Miúdas”. A actividade organízase ao abeiro do programa Apego de dinamización da lingua galega nas idades máis temperás.

Nesta ocasión Cé Orquestra Pantasma será quen dinamice a actividade a través dun concerto e un obradoiro de brinquedos naturais.  
A actividade, para a que fai falla inscrición previa, é de balde até completar aforo.

O Concello de Ames presenta a programación infantil con Apego para o primeiro semestre do 2025 na que colaboran os departamentos de Bibliotecas, Cultura e Normalización Lingüística. O programa inclúe arredor de 40 actividades dirixidas a familias con crianzas que se desenvolverán entre os meses de xaneiro e xuño. Na ampla variedade de propostas, coas que tamén se festexará o ano das cantareiras, podemos atopar actividades que van desde arrolos, música de diferentes estilos, obradoiros, teatro, contos, picadiscos, novo circo, unha foliada, fotografía, xogos, unha viaxe, maxia e unha festaza con moito Apego, todas elas co obxectivo de achegarlles ás familias recursos lúdicos e culturais que estimulen o coñecemento e o apego pola lingua.

O mércores 4 de setembro, ás 18:00 horas,  Cé Orquestra Pantasma levarán ao parque do Ameneiral de Bertamiráns a actividade "Brincadeiras Miúdas". Dirixida a público familiar, traerá música, xogos tradicionais e obradoiros de creación libre de xoguetes co materiais naturais. Para participar non é precisa inscrición previa.

O venres 14 de xuño, ás 19:30 horas, Ana Prema levará á Casa da Cultura do Milladoiro a actividade "Tecendo Fíos". Dirixido a nenos e nenas a partir de 3 anos, trátase dunha actividade para aprender a crear espazos compartidos de felicidade e de quietude, de palabras, de historias, de silencios, de xogo, de divertimento e de calma.

O venres 18 de outubro, ás 18:00 horas, Bolboreta (Lidia Botana) e Fabaloba chegará ao Pazo da Peregrina de Bertamiráns con "U-lo mar?". Dirixida a nenos e nenas de 3 a 6 anos, trátase duha proposta que une narración oral, cancións e ilustraciósn amosadas a través dun kamishibai co obxectivo de contribuír á difusión de recursos lúdicos e educativos para enriquecer a crianza.

O Concello de Ames, a través dos departamentos de Normalización Lingüística e Turismo, organizou para este domingo 27 de abril unha andaina polo Mar de Ovellas. Esta actividade, que está incluída na programación de Rosalía 2025, tivo que ser adiada en dúas ocasións por inclemencias meteorolóxicas. As persoas que queiran participar na andaina teñen que escribir un correo electrónico ao enderezo normalizacion@concellodeames.gal. Trátase dunha ruta de dificultade media que parte de Augapesada e vai ata o local social de Trasmonte. O seu itinerario coincide co Camiño de Fisterra – Muxía. A andaina estará teatralizada polos Quinquilláns e Lupe Blanco. A actividade rematará no local social de Trasmonte cunha pequena festa con música e degustación de petiscos.