Solapas principales

Departamento de Deportes

    • Dirección: Praza do Concello, nº 2, Bertamiráns.
    • Teléfono:  981 88 30 02 / 619 84 25 04
    • Horario de atención al público:
      • De lunes a viernes, en horario de 9:00 a 14:00 horas.
    • Responsable municipal: Concejalía de Deportes
    • Responsable técnico: Alberto Viaño Moure
Otros Datos: 
  • Programación escolas deportivas 2023-2024
  • Funciones:
    • Diseñar proyectos deportivos: escuelas deportivas, eventos deportivos...
    • Planificar y gestionar programas deportivos y elaborar estrategias de funcionamiento.
    • Incentivar la participación ciudadana tanto en las actividades como en la creación deportiva.
    • Asesorar e informar a los grupos y entidades deportivas del ayuntamiento, así como al público en general.
    • Colaborar en las programaciones de la Diputación: Campaña de esqui, campamentos deportivos, circuito de carreras populares...
    • Gestionar las subvenciones correspondiente al área de deportes, bien sean las de la Diputación o las convocatorias propias del Ayuntamiento de Ames de apoyo a las asociaciones deportivas y clubes.
    • Gestionar las instalaciones deportivas municipales (pabellones polideportivos, campos de fútbol y piscinas descubiertas municipales).
  • Normativa:
  • Noticias relacionadas
  • Agenda

Noticias del departamento

A Deputación da Coruña organiza oito edicións ao longo da provincia dunha actividade na que as mulleres dos 14 aos 70 anos poderán aprender técnicas e estratexias para defenderse ante posibles agresións. Ames acollerá este curso intensivo de catro horas o sábado 26 de febreiro, entre as 10:00 e as 14:00 horas, no pavillón polideportivo municipal do Milladoiro. Para inscribirse de balde, cómpre entregar esta solicitude cuberta nos rexistros municipais ata o 30 de xaneiro.

O Concello de Ames mantén aberto ata o 14 de agosto o prazo para solicitar os carnés de usuario/a das piscinas municipais descubertas de Bertamiráns e O Milladoiro. Os interesados/as poden descargar o impreso de solicitude na web municipal (ao pé desta nova ou no apartado de trámites) e deberán envialo cuberto aos enderezos de correo electrónico: deportes@concellodeames.gal ou deportes.milladoiro@concellodeames.gal. O prezo dos carnés oscila entre os 5 e os 20 euros dependendo das circunstancias de cada usuario/a. As piscinas municipais abren ata o 15 de setembro en horario de 11.00 a 21.00 horas.

Dende a Concellaría de Deportes informan de que o prazo para votar polo/a mellor deportista amesán/á do ano 2022 estará aberto ata este xoves 15 de decembro. A votación pódese facer a través dunha enquisa que se pode atopar premendo nesta ligazón. Con esta iniciativa buscase fomentar a participación do público nun dos premios que se entregará na XV Gala do Deporte. O evento celebrarase o sábado 17 de decembro, ás 20:30 horas, na Casa da Cultura de Bertamiráns, e nel daranse a coñecer tamén os gañadores do resto de galardóns.

Un ano máis Ames é un dos concellos participantes na campaña de esquí organizada pola Deputación da Coruña entre o 12 de xaneiro e o 19 de febreiro de 2024. O programa está dirixido a rapaces e rapazas que teñen entre 11 e 15 anos cumpridos a 31 de decembro de 2023. Ao Concello de Ames correspóndenlle 15 prazas na quinta quenda que será do 9 ao 12 de febreiro de 2024. Ademais, dos cursos de esquí, os participantes poderán realizar actividades complementarias ou alternativas no caso de que non se poida esquiar. O prazo de inscrición está aberto ata o 1 de decembro. Para iso hai que entregar o impreso de solicitude nos rexistros municipais.

Ames é un dos concellos participantes na campaña de esquí organizada pola Deputación da Coruña entre o 14 de xaneiro e o 21 de febreiro. A rapazada participante, nada entre o 2006 e o 2009, gozará de catro días na estación de inverno asturiana Valgrande – Pajares, onde realizarán cursos de esquí e outras actividades complementarias. As inscricións están abertas para as trece prazas que ten asignadas Ames, ata o 14 de decembro, entregando esta solicitude nos rexistros municipais.

Un ano máis Ames é un dos concellos participantes na campaña de esquí organizada pola Deputación da Coruña entre o 13 de xaneiro e o 17 de febreiro de 2023. O programa está dirixido a rapaces e rapazas que teñen entre 11 e 15 anos cumpridos a 31 de decembro de 2022. Ao Concello de Ames correspóndenlle 15 prazas na cuarta quenda que será do 3 ao 6 de febreiro de 2023. Ademais, dos cursos de esquí, os participantes poderán realizar actividades complementarias ou alternativas no caso de que non se poida esquiar. O prazo de inscrición está aberto ata o 16 de decembro. Para iso hai que entregar o impreso de solicitude nos rexistros municipais.

Un ano máis Ames é un dos concellos participantes na campaña de esquí organizada pola Deputación da Coruña entre o 10 de xaneiro e o 17 de febreiro de 2025. O programa está dirixido a rapaces e rapazas que teñen entre 11 e 15 anos cumpridos a 31 de decembro de 2024. Ao Concello de Ames correspóndenlle 15 prazas na sexta quenda que será do 14 ao 17 de febreiro de 2025. Ademais, dos cursos de esquí, os participantes poderán realizar actividades complementarias ou alternativas no caso de que non se poida esquiar. O prazo de inscrición está aberto dende o 8 de novembro ata o 2 de decembro. Para iso hai que entregar o impreso de solicitude nos rexistros municipais.

A Concellaría de Deportes e Promoción da Saúde organiza, un ano máis, as clases de ioga terapéutico, que se enmarcan dentro do novo curso da Escola de Saúde. As persoas interesadas en participar nesta actividade, que se desenvolverá tanto no Milladoiro como en Bertamiráns dende o 16 de outubro ata o 27 de xuño, poden facelo premendo nesta ligazón e cubrindo o formulario. O prazo para anotarse remata o xoves 12 de outubro, ás 14:00 horas. Terán prioridade as persoas empadroadas no concello de Ames.

Este luns, 12 de xuño, abre o prazo de inscrición para a primeira quenda dos cursos de natación organizados polo departamento de Deportes do Concello de Ames para este verán, que se desenvolverán ao longo do mes de xullo. En agosto realizarase unha nova quenda desta actividade, e volverase abrir un novo prazo para que a veciñanza que o desexe poida anotarse, do 10 ao 21 de xullo. Estas actividades terán lugar de luns a venres, nas piscinas descubertas municipais de Bertamiráns e do Milladoiro. A iniciativa conta coa colaboración da Deputación da Coruña. As inscricións deben ser tramitadas a través da plataforma Cronos

Hoxe, 12 de xuño, abre o prazo de inscrición para a primeira quenda dos cursos de natación deste verán, que se desenvolverán ao longo do mes de xullo. En agosto realizaranse unha nova quenda de cursos de natación, para os que será necesario inscribirse entre o 15 e o 28 de xullo. Estas actividades terán lugar de luns a venres, tanto na piscina descuberta de Bertamiráns coma na do Milladoiro. Esta iniciativa está organizada pola Concellaría de Deportes en colaboración coa Deputación da Coruña. As inscricións hai que tramitalas a través da plataforma Cronos.

Eventos del departamento

O curso 2023-2024 das escolas deportivas municipais chega ao seu fin. Como cada ano, celebrarase un evento de clausura no que os rapaces e rapazas poderán amosar o aprendido ao longo destes meses nas actividades que participaron. O acto terá lugar o sábado 1 de xuño, a partir das 16:30 horas, na área deportiva do Milladoiro. Trátase dun evento familiar e festivo, que estará aberto a todas as persoas que desexen asistir. A xornada está organizada polo departamento de Deportes de Ames, en colaboración con ServiPlus.

O sábado 28 de setembro, a Casa da Cultura de Bertamirans acollerá o evento "Battle of the North", unha competición de culturismo organizada pola delegación española da Physical Culture Association (PCA), na que colabora o Concello de Ames a traves da concellería de Deportes.

Con motivo da conmemoración da Semana Europea do Deporte, que se celebra do 23 ao 29 de setembro, a Concellaría de Deportes ten preparado un programa específico de actividades para conmemorar esta data. Deste xeito, o sábado 28 de setembro, na área deportiva do Milladoiro, celebrase o Día do Deporte e maila terceira edición da Carreira pedestre da familia. 

Durante 2025 estase celebrando o Ano Castelao polo 75 aniversario do seu pasamento. Deste xeito, o Concello de Ames tamén se suma a dita homenaxe cunha programación de actividades específica que comezou coa exposición dunha reprodución do cadro “A derradeira leición do mestre” nas Casas da Cultura do Milladoiro e Bertamiráns. O cadro estivo exposto na Casa da Cultura do Milladoiro do 22 ao 30 de abril; e agora está na Casa da Cultura de Bertamiráns ata o luns 12 de maio.

O Fútbol Club Meigas e mailo Concello de Ames organizan este sábado, 7 de setembro, ás 19.00 horas, no pavillón de Bertamiráns, o primeiro derbi galego da categoría de primeira de fútbol sala, que enfrontará ao Noia Portus Apostoli e o Pescados Rubén Burela. Trátase dun derbi inédito, xa que vai ser a primeira vez que coincidan estes dous equipos na máxima categoría nacional de fútbol sala masculino. Ademais, na actualidade son os dous únicos equipos que compiten nesta categoría.

Unha das novidades deste ano no programa de Nadal en Ames é a carreira de obstáculos “Gladiator Kids” o sábado 28, ás 16.30 horas na Área deportiva do Milladoiro. Unha actividade dirixida aos pequenos de entre 3 e 12 anos na que poñerán a proba a súa resistencia e forza con retos adaptados a eles. Con todo, os pais tamén poden inscribirse para participar e pasar así unha xornada familiar diferente.

A carreira-andaina, destinada a todos os públicos, realizarase dende a Praza de Chavian en Bertamiráns. Para inscribirse preme neste enlace.

A inscrición é de balde para os menores de idade e cun prezo de 6 euros para os adultos, que serán destinados a SOGAPS (Solidariedade Galega co Pobo Saharaui).

O Concello de Ames organiza, co control técnico da Federación Galega de Atletismo a primeira edición do Cros Concello de Ames, que será a súa vez Campionato da Xunta de Galicia de campo a través absoluto por remudas mixto. As probas realizaranse o sábado 12 de outubro, na localidade de Aldea Nova, a carón das pistas municipais de tenis de dita localidade. A saída e chegada de cada proba farase preto dese punto, o cal estará debidamente sinalizado. Para dispor de máis información e tramitar a inscrición preme nesta ligazón.

O Concello de Ames, a través do departamento de Deportes, organiza para o venres 9 de agosto a primeira edición do Torneo 3x3 de baloncesto. Será de 16.00 a 21.00 horas na área deportiva de Bertamiráns, xunto ao pavillón polideportivo. Haberá cinco categorías diferentes: U13 mixto, U17 masculino, U17 femenino, sénior masculino e sénior feminino. Este torneo completa a programación das festas da Peregrina, en Bertamiráns, que se celebrarán dende o mércores 7 ata o domingo 11 de agosto. Para participar é necesario inscribirse premendo nesta ligazón. A inscrición é gratuíta. As inscrición pódense tramitar ata o 7 de agosto ás 12.00 horas.

O club XL Milladoiro, en colaboración co Concello de Ames, organiza para este domingo, 8 de decembro, o primeiro torneo de baloncesto 3x3. Esta actividade desenvolverase no pavillón do Milladoiro, en horario de 15:30 a 21:00 horas. Haberá unha única categoría mixta que abarca desde os 15 ata os 99 anos. O máximo de xogadores/as por equipo será de 5, mentres o mínimo está establecido en 3. As persoas que non teñan equipo, poden presenten igual no pavillón, xa que entre os/as que asistan formásense equipos. A inscrición é gratuíta e haberá facela de xeito presencial no propio pavillón. Tamén se fará un concurso de triplos.