Solapas principales

>I Carreira-Andaina d@s Inocentes

Sábado, 28 diciembre, 2019
Ás 18.30 horas

A carreira-andaina, destinada a todos os públicos, realizarase dende a Praza de Chavian en Bertamiráns. Para inscribirse preme neste enlace.

A inscrición é de balde para os menores de idade e cun prezo de 6 euros para os adultos, que serán destinados a SOGAPS (Solidariedade Galega co Pobo Saharaui).

A I Carreira-andaina dos Inocentes 2019 é un actividade organizada polo Concello de Ames a través da súa Concellería de Deportes. Consistirá nunha carreira e andaina a pé de 3 km aprox. e a participación poderá ser individual ou en grupos de mínimo 3 integrantes.
 

Toda a recadación do día irá destinada a SOGAPS (Solidariedade Galega co Pobo Saharaui), unha organización non gubernamental  formada por persoas voluntarias que adican parte do seu tempo en colaborar na axuda ao pobo saharaui, pretendendo mellorar as súas condicións de vida, tanto dos refuxiados saharauis, como da poboación residente no Sahara Occidental ocupada por Marrocos.

Tamén é posible facer un donativo comprando o dorsal para a carreira-andaina sen participar nela, a través do enlace anterior.