Solapas principales

Departamento de Deportes

    • Dirección: Praza do Concello, nº 2, Bertamiráns.
    • Teléfono:  981 88 30 02 / 619 84 25 04
    • Horario de atención al público:
      • De lunes a viernes, en horario de 9:00 a 14:00 horas.
    • Responsable municipal: Concejalía de Deportes
    • Responsable técnico: Alberto Viaño Moure
Otros Datos: 
  • Programación escolas deportivas 2023-2024
  • Funciones:
    • Diseñar proyectos deportivos: escuelas deportivas, eventos deportivos...
    • Planificar y gestionar programas deportivos y elaborar estrategias de funcionamiento.
    • Incentivar la participación ciudadana tanto en las actividades como en la creación deportiva.
    • Asesorar e informar a los grupos y entidades deportivas del ayuntamiento, así como al público en general.
    • Colaborar en las programaciones de la Diputación: Campaña de esqui, campamentos deportivos, circuito de carreras populares...
    • Gestionar las subvenciones correspondiente al área de deportes, bien sean las de la Diputación o las convocatorias propias del Ayuntamiento de Ames de apoyo a las asociaciones deportivas y clubes.
    • Gestionar las instalaciones deportivas municipales (pabellones polideportivos, campos de fútbol y piscinas descubiertas municipales).
  • Normativa:
  • Noticias relacionadas
  • Agenda

Noticias del departamento

Este sábado, 23 de abril, ás 18:00 horas, no pavillón polideportivo do Milladoiro o equipo infantil feminino do Básquet Ames xogarase ante o Noia Liceo o título de liga da segunda división infantil feminina. No caso de conseguir o título de liga o equipo feminino do Básquet Ames clasificarase para a fase de ascenso a primeira división.

O campo de fútbol do Milladoiro acolleu este domingo o Torneo da Amizade, organizado polo Milladoiro SD en colaboración co Concello de Ames.  O evento, disputado a modo de liguiña, contou coa participación do Milladoiro SD, o SD Compostela, As baleas de Camariñas e dous equipos do Spanish Soccer School de Dubai, un dos cales se proclamou vencedor do torneo. A concelleira de Deportes de Ames, Susana Señorís, foi a encargada de entregarlle o trofeo de gañador ao Spanish Soccer School A, así como os agasallos ao resto dos participantes.

O Fútbol Club Meigas e a Escola de Fútbol Sala Trasgos organizan un ano máis o seu campus de Nadal “Santi Valladares”. Pensado para a rapazada de entre 4 e 14 anos, desenvolverase entre os días 26 e 29 de decembro no pavillón deportivo de Bertamiráns, de 9:00 a 14:30 horas. As persoas interesadas en obter máis información ou inscribirse poden facelo a través da páxina web fcmeigas.com, escribindo ao enderezo electrónico fcmeigas@gmail.com ou chamando ao número de teléfono 621 04 33 27.

O salón de plenos da Casa do Concello acolleu esta mañá a presentación do partido de cuartos de final da XVIII Copa Galicia de fútbol sala feminino, que vai enfrontar ao F.C. Meigas co Pescado Rubén Burela. Dito encontro disputarase este mércores, 2 de outubro, ás 21.00 horas, no pavillón municipal de Bertamiráns. O F.C. Meigas clasificouse para os cuartos de final despois de gañarlle na fase previa ao C.D. Mosteiro de Bembrive. As entradas para poder ver o partido poderanse mercar na billeteira do pavillón dende unha hora antes do inicio do partido.

O Fútbol Club Meigas organiza para o sábado, 7 de setembro, ás 18.30 horas, no pavillón municipal de Bertamiráns, un partido amigable de fútbol sala entre o Amarelle FSF (segunda división) e o Envialia FSF (primeira división). Este partido enmárcase dentro dos actos do 15 aniversario do FC Meigas e co obxectivo de promocionar o fútbol sala feminino. A través desta iniciativa trátase de promocionar o fútbol sala feminino e achegar o fútbol sala profesional as rapazas do club amesán e as súas familias. Previamente, ás 16.00 horas, o primeiro equipo do FC Meigas xogará un amigable contra o Cinco Coruña.

O Fútbol Club Meigas e as Escolas de Fútbol Sala Trasgos volven organizar tras un ano de paréntese o seu habitual campus de Nadal, desta vez bautizado co nome de Santi Valladares, director deportivo do FC Meigas. Pensado para rapazada de entre 4 e 17 anos, o campus desenvolverase dende o 22 ata o 29 de decembro, de 10:00 a 14:00 horas, no pavillón de Bertamiráns. Ademais, haberá servizo de gardería de 9:00 a 10:00 e de 14:00 a 14:30 horas. A inscrición pode realizarse a través desta ligazón ata o 17 de decembro.

A pasada fin de semana o FC Meigas conseguiu o punto que lle faltaba para proclamarse campión de Liga, por primeira vez na súa historia, na categoría de Primeira Galicia. Tras un emocionante e intenso partido contra o equipo do Viaxes Amarelle, segundo clasificado, no pavillón municipal da Baña, o F.C. Meigas conseguiu un merecido empate que lle permite acadar o devandito título. Deste xeito, o FC Meigas dá un paso máis nunha tempada que está a ser histórica no club.

O Fútbol Club Meigas organiza durante este mes de xuño unha nova edición das súas xornadas de portas abertas co obxectivo de promover o fútbol sala e captar nenas que se integren nos diferentes equipos que ten este club amesán. Así, entre o 4 e o 21 de xuño, o club abre os seus adestramentos a todas aquelas rapazas que desexen acudir para coñecer de primeira man como funciona o FC Meigas. Estas xornadas terán lugar os mércores no pavillón polideportivo do Milladoiro, e os venres no pavillón polideportivo de Bertamiráns.

As xogadoras do primeiro equipo do Fútbol Club Meigas realizaron unha temporada espectacular na que se proclamaron campioas de liga da categoría Preferente Galicia e lograron o ascenso á segunda división nacional ao gañar os dous partidos do play-off de ascenso contra o equipo asturiano do Planta14 FSF. O equipo amesán impúxose este pasado sábado, no partido disputado no pavillón de Bertamiráns, por 9-2. Previamente, tamén gañaron en Langreo por 0-4. Deste xeito, acadan un ascenso histórico para este club que ten 19 anos de traxectoria.

Entre os días 4 e 27 de setembro, o Fútbol Club Meigas vai desenvolver unhas xornadas de portas abertas de fútbol feminino co obxectivo de captar nenas que se integren nos diferentes equipos que ten este club amesán. Esta iniciativa consiste en abrir os adestramentos a todas aquelas rapazas que desexen acudir. Deste xeito, todas as nenas que queiran ir probar se lles gusta a práctica do fútbol sala poderano facer durante os mércores 4, 11, 18 e 25 no pavillón polideportivo do Milladoiro, e os venres 6, 13, 20 e 27 no pavillón polideportivo de Bertamiráns.

Eventos del departamento

O Concello de Ames e a Federación Galega de Atletismo organizan este domingo, 20 de outubro a vixésima edición da carreira pedestre do Concello de Ames. Esta proba pertence ao VII Circuíto de carreiras populares da Deputación da Coruña. A saída e chegada de cada proba farase na rúa Alcalde Lorenzo de Bertamiráns, tal como  se veu realizando nas dúas últimas edicións, unha vez que se decidiu trasladar a proba desde o entorno do Pazo da Peregrina ao centro do núcleo urbano para así facer mais partícipe á veciñanza.

O Concello de Ames e a Federación Galega de Atletismo organizan o domingo 20 de outubro a XXIII Carreira Pedestre Popular Concello de Ames, unha proba que pertence ao X Circuíto provincial de carreiras populares da Deputación da Coruña. Contará cun circuíto urbano de 10 quilómetros homologado pola Real Federación Española de Atletismo, con saída e chegada en Bertamiráns, na rúa Alcalde Lorenzo, nas inmediacións da Casa do Concello. O percorrido estará debidamente sinalizado e haberá indicacións en cada quilómetro.

A edición deste ano do Rally Berberecho de Noia terá un treito que se disputará de forma íntegra por estradas do noso concello. Será en horario de tarde e haberá un reagrupamento, de 17:15 a 19:30 horas, na avenida José Luís Azcárraga, diante do Pazo da Peregrina, en Bertamiráns, polo que pasarán todos os participantes. O tramo de Ames ten unha lonxitude de 11,2 quilómetros e discorre polas parroquias de Ames, Lens e Tapia. A saída do tramo estará instalada no lugar de Outeiro, mentres que a liña de meta será na estrada que vai dende a aldea de A Mámoa cara o lugar de Pedrouzos. Os pilotos farán unha dobre pasada polo tramo de Ames. A primeira pasada comezará ás 16.50 e a segunda ás 19.40 horas, sendo o último tramo do rally. O final do rally está previsto para as 20.20 horas. As estradas polas que discorre o treito de Ames estarán pechadas ao tráfico de 15.30 a 22.30 horas aproximadamente. Consulta o itinerario do tramo de Ames.

O auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro converterase o próximo luns, 22 de xullo, nun estudo de radio coa retransmisión do programa Convivir Deportivo, da Radio Galega. O programa que conduce Alfonso Pardo aterra en Ames e contará coa participación dun dos máximos expoñentes do deporte amesán, Borja Golán, dezaseis veces campión de España de squash e dúas veces campión de Europa. Convivir Deportivo comezará ás 20:00 horas, con entrada libre e de balde.