Solapas principales

Departamento de Deportes

    • Dirección: Praza do Concello, nº 2, Bertamiráns.
    • Teléfono:  981 88 30 02 / 619 84 25 04
    • Horario de atención al público:
      • De lunes a viernes, en horario de 9:00 a 14:00 horas.
    • Responsable municipal: Concejalía de Deportes
    • Responsable técnico: Alberto Viaño Moure
Otros Datos: 
  • Programación escolas deportivas 2023-2024
  • Funciones:
    • Diseñar proyectos deportivos: escuelas deportivas, eventos deportivos...
    • Planificar y gestionar programas deportivos y elaborar estrategias de funcionamiento.
    • Incentivar la participación ciudadana tanto en las actividades como en la creación deportiva.
    • Asesorar e informar a los grupos y entidades deportivas del ayuntamiento, así como al público en general.
    • Colaborar en las programaciones de la Diputación: Campaña de esqui, campamentos deportivos, circuito de carreras populares...
    • Gestionar las subvenciones correspondiente al área de deportes, bien sean las de la Diputación o las convocatorias propias del Ayuntamiento de Ames de apoyo a las asociaciones deportivas y clubes.
    • Gestionar las instalaciones deportivas municipales (pabellones polideportivos, campos de fútbol y piscinas descubiertas municipales).
  • Normativa:
  • Noticias relacionadas
  • Agenda

Noticias del departamento

A Xunta de Goberno Local vén de aprobar o gasto de 7.235,29 euros, correspondente ao importe da terceira remesa de axudas para a promoción de actividades levadas a cabo polos clubs e asociacións deportivas do Concello de Ames, no exercicio 2018. Dentro desta convocatoria de axudas foron subvencionadas as diferentes actividades realizadas. Un total de 4 clubs ou entidades deportivas foron beneficiarias desta liña de subvencións.

O Concello de Ames mantén o seu compromiso coa programación de actividades de verán. Contou durante os últimos dous meses con máis de 110 inscricións nos cursos de natación e piragüismo entre os meses de xullo e agosto.

A concelleira de Deportes, Susana Señorís, visitou esta mañá o novo circuíto de calistenia que se vén de instalar no paseo fluvial de Bertamiráns. Na execución destas novas instalacións investíronse 39.990 euros. Esta instalación deportiva súmase a outros dous circuítos de calistenia instalados en 2020 en Lapido, preto de Bertamiráns, e na área deportiva do Milladoiro. A calistenia é un sistema de exercicios físicos nos que se utiliza o propio peso corporal, para fortalecer os diferentes grupos musculares.

O auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns acolleu este martes, 18 de xuño, pola tarde, un acto de recoñecemento a equipos e deportistas amesáns que destacaron ao longo da temporada 2023-2024. O alcalde e concelleira de Deportes foron os encargados de entregarlles un pequeno obsequio en recoñecemento dos éxitos logrados durante a tempada que vén de rematar. Os recoñecementos grupais foron para o equipo de infantís do Bertamiráns FC, equipo cadete do Milladoiro SD, primeiro e segundo equipo de xuvenís do Bertamiráns FC, e mailo equipo do Club Voleibol Bruxas. Ademais, os recoñecementos individuais foron para Nicolás Collazo, Saúl Berdullas, Marcos Gómez, Iván Gutierrez, Olivia Parga, Pablo Hernández e Atila Antelo, que non puido asistir a dito acto.

Do 25 ao 29 de maio os concellos de Ames, Negreira e Brión acolleron a primeira edición do campionato de España de voleibol na categoría júnior masculina, na que participaron 21 equipos de toda a xeografía española. Finalmente, o CV Valencia proclamouse campión do torneo, tras impoñerse na final ao Vóley Palma por 3-0. En terceiro lugar rematou o Cisneros Alter, que superou ao cuarto clasificado, o Barça Voley, tamén en tres sets.

Este domingo, 12 de febreiro, celebrarase unha masterclass de zumba no pavillón municipal do Milladoiro, a partir das 12:00 horas. Trátase dunha actividade aberta e de balde, pensada para rapaces e rapazas de entre 4 e 16 anos e para as súas familias. Os interesados en participar deben inscribirse previamente, premendo nesta ligazón e seguindo os pasos que se indican. Esta iniciativa, pensada dende o departamento de Deportes do Concello de Ames en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela (USC), enmárcase dentro do plan Corresponsables, que ten como obxectivo desenvolver e financiar actuacións que faciliten unha mellora da conciliación na vida cotiá das familias.

O vindeiro 20 de outubro celebrarase a Carreira Pedestre Popular do Concello de Ames, que este ano alcanza a súa vixésimo terceira edición. A proba contará cun circuíto de 10 quilómetros homologado pola Real Federación Española de Atletismo, con saída e chegada en Bertamiráns, na rúa Alcalde Lorenzo. O prazo de inscrición está aberto ata o mércores 16 de outubro, ás 23:59 horas, e pode realizarse a través da web www.emesports.es cubrindo o formulario de inscrición. Non se admitirán inscricións fóra de prazo nin o día da carreira. Premendo nesta ligazón pódese consultar o regulamento ao completo e os horarios da XXIII Carreira Pedestre Popular do Concello de Ames.

O vindeiro domingo, 9 de xuño, terá lugar en Santiago de Compostela a sétima edición da Carreira e Andaina Solidarias pola Esclerose Múltiple. O obxectivo desta cita deportiva, que contará con seis categorías, é recadar fondos para a Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple (ACEM). As persoas interesadas en participar poden inscribirse ata as 23:59 horas do mércores 5 de xuño a través desta ligazón ou de xeito presencial na sede da asociación. Tamén haberá dorsal 0 para realizar donativos.

O equipo máis cativo do Milladoiro SD, patrocinado pola librería Nenos Nais, vén de acadar o campionato de liga de fútbol sala da categoría Primeira Futgal FS, impoñéndose por un só un punto de diferencia á Escola Deportiva Xuventude Oroso.

O club de atletismo MillaRaio remata a tempada de aire libre con grandes resultados. Despois de obter moi bos resultados no campionato autonómico, o equipo sub14 feminino do clube participará no campionato de España sub14 por equipos esta fin de semana, onde competirá con trinta clubes de todo o país.

Eventos del departamento

O Concello de Ames e a Federación Galega de Atletismo organizan este domingo, 20 de outubro a vixésima edición da carreira pedestre do Concello de Ames. Esta proba pertence ao VII Circuíto de carreiras populares da Deputación da Coruña. A saída e chegada de cada proba farase na rúa Alcalde Lorenzo de Bertamiráns, tal como  se veu realizando nas dúas últimas edicións, unha vez que se decidiu trasladar a proba desde o entorno do Pazo da Peregrina ao centro do núcleo urbano para así facer mais partícipe á veciñanza.

O Concello de Ames e a Federación Galega de Atletismo organizan o domingo 20 de outubro a XXIII Carreira Pedestre Popular Concello de Ames, unha proba que pertence ao X Circuíto provincial de carreiras populares da Deputación da Coruña. Contará cun circuíto urbano de 10 quilómetros homologado pola Real Federación Española de Atletismo, con saída e chegada en Bertamiráns, na rúa Alcalde Lorenzo, nas inmediacións da Casa do Concello. O percorrido estará debidamente sinalizado e haberá indicacións en cada quilómetro.

A edición deste ano do Rally Berberecho de Noia terá un treito que se disputará de forma íntegra por estradas do noso concello. Será en horario de tarde e haberá un reagrupamento, de 17:15 a 19:30 horas, na avenida José Luís Azcárraga, diante do Pazo da Peregrina, en Bertamiráns, polo que pasarán todos os participantes. O tramo de Ames ten unha lonxitude de 11,2 quilómetros e discorre polas parroquias de Ames, Lens e Tapia. A saída do tramo estará instalada no lugar de Outeiro, mentres que a liña de meta será na estrada que vai dende a aldea de A Mámoa cara o lugar de Pedrouzos. Os pilotos farán unha dobre pasada polo tramo de Ames. A primeira pasada comezará ás 16.50 e a segunda ás 19.40 horas, sendo o último tramo do rally. O final do rally está previsto para as 20.20 horas. As estradas polas que discorre o treito de Ames estarán pechadas ao tráfico de 15.30 a 22.30 horas aproximadamente. Consulta o itinerario do tramo de Ames.

O auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro converterase o próximo luns, 22 de xullo, nun estudo de radio coa retransmisión do programa Convivir Deportivo, da Radio Galega. O programa que conduce Alfonso Pardo aterra en Ames e contará coa participación dun dos máximos expoñentes do deporte amesán, Borja Golán, dezaseis veces campión de España de squash e dúas veces campión de Europa. Convivir Deportivo comezará ás 20:00 horas, con entrada libre e de balde.