Solapas principales

Departamento de Bienestar Social

    • Unidad Municipal de Servicios Sociales de Bertamiráns (UTS BERTAMIRÁNS): Praza de Chavián s/n, Bertamiráns, 15220 - Ames (A Coruña)
      • Teléfono:  981 89 09 64
      • Horario de atención al público: Lunes a viernes de 9:00h a 14:00h
    • Unidad Municipal de Servicios Sociales de O Milladoiro (UTS MILLADOIRO): Rúa de Abaixo, nº 10, O Milladoiro, 15895 - A Coruña
      • Teléfono:981 53 59 41
      • Horario de atención al público: Lunes a viernes de 9:00h a 14:00h
    • Responsable municipal: Concejalía de Bienestar Social
Otros Datos: 
  • Programación actividades Amessan 2020-2021
  • Estructura del servicio:
    UTS : Milladoiro y Bertamiráns
    Las UTS o Unidades de Trabajo Social son la "puerta de entrada" al Sistema de Servicios Sociales y ofrecen un Servicio de Información público, para toda la población, desde donde se facilita de forma profesional y confidencial, información sobre los servicios sociales, recursos y prestaciones a disposición de las ciudadanas y ciudadanos, así como los derechos que tienen tanto a nivel individual como grupal.
  • Funciones
    En ellas se valoran las necesidades, se orienta a los recursos más idóneos, y se interviene cuando las personas así lo demandan, de cara a garantizar una atención personal y social de calidad, ofreciendo:
    • Información , valoración, diagnóstico y orientación  en cuanto a  derechos, recursos e intervenciones sociales.
    • Gestión del Servicio de Ayuda en el Hogar, Xantar na Casa, Hogar de tránsito, Programa de alimentos, Renta Básica Municipal, ayudas de emergencia  social.
    • Actuaciones preventivas de las situaciones de riesgo y necesidad social del conjunto de la población, intervenido para conseguir la integración social.
  • Noticias relacionadas
  • Agenda

Noticias del departamento

O local social de Tarrío acolleu a comezos de semana a primeira xuntanza previa á posta en marcha de “Terra de mulleres: voces nos valos”, que por segundo ano se desenvolve en Ames tras a boa acollida da veciñanza de Biduído na pasada edición. O proxecto de arte urbana feminista, coordinado por 7H Cooperativa Cultural coa colaboración da Concellaría de Benestar Social e Igualdade, busca recoller as testemuñas da veciñanza para crear dúas obras con contexto e perspectiva feminina en Tarrío. Unha das obras estará realizada pola artista ordense Nana, e outra crearase de xeito colectivo nun obradoiro colectivo interxeracional coa veciñanza, entre os días 24 e 29 de outubro.

Esta mañá a Casa do Concello, en Bertamiráns, acolleu unha xuntanza na que se constituíu de xeito formal a mesa de coordinación do sistema Viogen de loita contra a violencia machista. Dita mesa está constituída por membros dos corpos de seguridade (Policía Local e Garda Civil), persoal municipal  do departamento de Servizos Socias e do CIM de Ames, así como membros do goberno municipal e da Subdelegación do Goberno na Coruña. O obxectivo é que se convoque de xeito trimestral para poñer en común as accións que se realizan neste eido.

O pasado xoves, 17 de febreiro, constituíuse de xeito formal o Consello sectorial das persoas maiores. Será un órgano de traballo que permitirá coñecer como está o concello en relación coas persoas maiores e do que poidan saír propostas e iniciativas para levar a cabo. Constitúese como órgano colexiado informativo, consultivo e de formulación de propostas. Participaron representantes de oito asociacións veciñais do rural e do Club de xubilados e pensionistas do Milladoiro.

O Pazo da Peregrina de Bertamiráns acolle a proxección de “En Deuda con Todas”, un documental estreado no ano 2019 pola organización sen ánimo de lucro galega AGARESO, que trata en detalle as repercusións da penalización do aborto en El Salvador. O evento, que inclúe unha exposición inicial da actualidade do país centroamericano, o visionado do filme e un debate posterior, terá lugar este venres 3 de decembro ás 20:00 horas. A actividade, promovida pola Concellaría de Benestar Social e Igualdade, chega despois da recepción institucional á activista salvadoreña Morena Herrera no mes de outubro, no que pediu ao Concello de Ames que informara á sociedade de situacións como a do seu país, no que o aborto é fortemente penado.

Ao longo de marzo, mes no que se conmemora o Día Internacional da Muller, o Concello de Ames celebra nove charlas e un taller sobre autocoidados femininos impartidos por expertos en regulación emocional e hábitos saudables. As actividades enmárcanse dentro da programación do Concello de Ames con motivo do 8M, e están organizadas dentro do Pacto de Estado contra la Violencia de Género do Ministerio de Igualdad e coa colaboración do programa Ames Saudable e do Centro de Información á Muller (CIM). Ditas conferencias impártense tanto en Bertamiráns como no Milladoiro.

400 quilos de alimentos e produtos infantís recadados, 60 bicicletas doadas para enviar a Africa, ampla venta de camisetas cuxo beneficio irá a parar ao banco de alimentos e unha morea de proxectos novos que as entidades colaboradoras e o concello de Ames irán desenvolvendo a curto e medio prazo  é o balance da I Feira do Voluntariado, celebrada no Pazo da Peregrina a pasada fin de semana. O éxito da Feira reflíctese tamén no elevado número de visitas ao recinto e na participación nos obradoiros e nas charlas.

A Concellaría de Benestar Social vén de publicar unha campaña informativa para dar a coñecer o servizo de transporte municipal adaptado entre a veciñanza amesá. Baixo o lema “Levámoste” preténdese dar a coñecer que en Ames existe un servizo de transporte adaptado que está dirixido a persoas maiores e/ou persoas como dificultades de mobilidade. Para poder dispor de dito servizo hai que reservar praza chamando ao número de teléfono gratuíto 900 204 000 ou ao teléfono da Oficina de Voluntariado 662 377 044. Dito servizo funciona de luns a venres en horario interrompido de 8:00 horas da mañá ata as 19:00 horas da tarde.

Co gallo do Día da Muller, o alumnado da EMMA gravou un vídeo interpretando a canción de Rozalén, “A porta violeta”, que fala da loita a prol da igualdade e dos dereitos das mulleres. A conmemoración do 8M terá o seu punto álxido en Ames, hoxe a partir das 18:30. A esa hora, na praza do Concello, lerase o tradicional Manifesto que este ano asinan todos os grupos políticos que compoñen a Corporación Municipal. Despois, na praza de A Maía, diante do monólito de Filomena Fraga, presentarase o roteiro 8M. Seguidamente a Plataforma Feminista de Ames fará unha concentración. Cómpre salientar que este ano, para evitar a propagación da COVD19, no canto de cantar e berrar consignas, farase ruído. A Plataforma convida á cidadanía a participar na concentración e a levar instrumentos, carracas, cazos ou calquera cousa que axude a crear balbordo. Cómpre salientar tamén que, por mor das recomendacións hixiénico sanitarias, adíase a inauguración do roteiro 8M que estaba prevista para o sábado 13. Non obstante, as fichas coa biografía das Mulleres Magníficas  e máis as postais están a ser reclamadas polos centros educativas e polo monitorado do Comedores Escolares para traballar coa rapazada.

O Concello de Ames colabora coa Federación Alcer Galicia na conmemoración do Día Mundial do Ril que se celebra hoxe 9 de marzo. A enfermidade renal crónica (ERC) xa está entre as 10 primeiras causas de mortalidade, con previsión de que estea entre as 5 primeiras no 2040. O número de persoas que precisan de diálise ou dun transplante para seguir vivindo no Estado alcanza xa as 65.740 persoas. Un total de 7.804 iniciaron diálise ou transplante no 2021. En Galicia no ano 2021 empezaron tratamento renal substitutivo 451 persoas e a 31 de decembro había 3.973 persoas en TRS.

Dúas sesións de auto aprendizaxe de exploración mamaria, unha sesión de zumba solidaria e a fachada do concello tinxida de rosa, son as accións coas que a concellaría de Sanidade  conmemora un ano máis o “Día Mundial de loita contra o cancro de mama” que se celebra mañá martes, 19 de outubro de 2021. A primeira das sesións de auto exploración levarase a cabo esta tarde, ás 19:00 horas, no pazo da Peregrina, e a segunda nas instalacións do antigo centro de Saúde do Milladoiro, o xoves, 21 de outubro, ás 19:00 horas. A entrada é libre até completar aforo. As inscricións recóllense no mail promociondasaude@concellodeames.gal e no teléfono 649 450 264 .

Eventos del departamento

As Concellarías de Sanidade e Medio Ambiente de Ames organizan o vindeiro sábado, 6 de xullo, unha andaina saudable pola Ruta do Tambre que culminará cun almorzo grupal. O obxectivo desta iniciativa é ofrecer unha alternativa extraordinaria á trintena de andainas xa programadas ao amparo do programa SaudeAndo, ao tempo que busca animar ás e aos amesás a practicar actividade física de forma amena e divertida.