Solapas principales

Constitúese a mesa de coordinación do sistema Viogen de loita contra a violencia machista

Miércoles, 25 de septiembre de 2024

Esta mañá a Casa do Concello, en Bertamiráns, acolleu unha xuntanza na que se constituíu de xeito formal a mesa de coordinación do sistema Viogen de loita contra a violencia machista. Dita mesa está constituída por membros dos corpos de seguridade (Policía Local e Garda Civil), persoal municipal  do departamento de Servizos Socias e do CIM de Ames, así como membros do goberno municipal e da Subdelegación do Goberno na Coruña. O obxectivo é que se convoque de xeito trimestral para poñer en común as accións que se realizan neste eido.

O sistema Viogen permítelle á Policía Local dispoñer de máis información sobre todos os casos activos de violencia machista, de tal maneira que os propios policías locais pasan a asumir o seguimento e control dalgúns destes casos, xeralmente daqueles que sexan considerados de nivel de risco non apreciado, mentres que a Garda Civil ou no seu caso a Policía Nacional encárganse do seguimento dos casos máis graves.

A concelleira de Benestar Social e Igualdade, Uxía García, destaca que “demos un paso importante coa constitución da mesa de coordinación do sistema Viogen, porque permitirá traballar de xeito conxunto entre os distintos axentes implicados na loita contra a violencia machista. O encontro de hoxe serviu para poñernos ao día das accións que se están realizando neste eido. A partir de agora trataremos de convocar esta mesa de xeito trimestral para seguir colaborando na loita contra a lacra das violencia machistas”.

Na xuntanza de hoxe participaron Manuela Vilaboy Romero, xefa da unidade de violencia sobre a muller da Subdelegación do Goberno na Coruña; Uxía García, concelleira de Benestar Social e Igualdade; Víctor Fernández, concelleiro de Administración Xeral; Miguel Mosquera, membro da unidade de Viogen da Garda Civil; Martina Marcos, oficial da Policía Local encargada dos casos de Viogen;  Maite Arufe, asesora xurídica do CIM de Ames; e Mónica Anelo psicóloga do CIM de Ames.

O obxectivo é que a mesa de coordinación do sistema Viogen se convoque de xeito trimestral para poñer en común as accións que se realizan neste eido. Deste xeito, constitúese un equipo de traballo entre os membros dos corpos de seguridade (Policía Local e Garda Civil), persoal municipal  do departamento de Servizos Socias e do CIM de Ames, así como membros do goberno municipal e da Subdelegación do Goberno na Coruña.

Novas relacionadas:

La Voz de Galicia: "Ames constituye la mesa de coordinación del sistema VioGén"

El Correo Gallego: "Constituida la mesa municipal de coordinación del sistema Viogen en Ames"

Imaxe de arquivo da Casa do Concello