Solapas principales

Departamento de Bienestar Social

    • Unidad Municipal de Servicios Sociales de Bertamiráns (UTS BERTAMIRÁNS): Praza de Chavián s/n, Bertamiráns, 15220 - Ames (A Coruña)
      • Teléfono:  981 89 09 64
      • Horario de atención al público: Lunes a viernes de 9:00h a 14:00h
    • Unidad Municipal de Servicios Sociales de O Milladoiro (UTS MILLADOIRO): Rúa de Abaixo, nº 10, O Milladoiro, 15895 - A Coruña
      • Teléfono:981 53 59 41
      • Horario de atención al público: Lunes a viernes de 9:00h a 14:00h
    • Responsable municipal: Concejalía de Bienestar Social
Otros Datos: 
  • Programación actividades Amessan 2020-2021
  • Estructura del servicio:
    UTS : Milladoiro y Bertamiráns
    Las UTS o Unidades de Trabajo Social son la "puerta de entrada" al Sistema de Servicios Sociales y ofrecen un Servicio de Información público, para toda la población, desde donde se facilita de forma profesional y confidencial, información sobre los servicios sociales, recursos y prestaciones a disposición de las ciudadanas y ciudadanos, así como los derechos que tienen tanto a nivel individual como grupal.
  • Funciones
    En ellas se valoran las necesidades, se orienta a los recursos más idóneos, y se interviene cuando las personas así lo demandan, de cara a garantizar una atención personal y social de calidad, ofreciendo:
    • Información , valoración, diagnóstico y orientación  en cuanto a  derechos, recursos e intervenciones sociales.
    • Gestión del Servicio de Ayuda en el Hogar, Xantar na Casa, Hogar de tránsito, Programa de alimentos, Renta Básica Municipal, ayudas de emergencia  social.
    • Actuaciones preventivas de las situaciones de riesgo y necesidad social del conjunto de la población, intervenido para conseguir la integración social.
  • Noticias relacionadas
  • Agenda

Noticias del departamento

A Concellaría de Benestar Social e Promoción da Saúde organiza un obradoiro de xestión emocional a través da técnica “Mindfulness”. Este taller, que xa se ofrecera a comezos de ano ao persoal do Concello, diríxese agora ao público xeral a partir dos 18 anos, cunha serie de oito sesións que comezarán o martes 11 de outubro. A actividade estará impartida polo psicólogo e instrutor da técnica, Juan Carlos Permuy, e realizarase os martes de 16:30 a 18:15 horas, no Pazo da Peregrina de Bertamiráns. A proposta conta con quince prazas, e as persoas interesadas poden inscribirse ata o mércores 5 de outubro, contactando ao enderezo electrónico promociondasaude@concellodeames.gal.

O departamento de Benestar Social do Concello de Ames, a través da Concellería de Sanidade e do programa Ames Saudable, organiza para o próximo mes de xullo as xornadas “Desconfinamento Saudable”. Trátase dun conxunto de actividades ao aire libre que se impartirán en grupos reducidos de máximo 15 persoas tanto en Bertamiráns como no Milladoiro. O prazo de inscrición está aberto dende hoxe, luns 22 de xuño, ata o próximo luns 29 de xuño, enviando un correo a promociondasaude@concellodeames.gal ou chamando  ao número 649 45 02 64.

As actividades do Ames Saudable, organizadas ao longo do ano pola Concellaría de Promoción de Saúde, adáptanse ao período estival co programa “Activa Ames Verán”, que permitirá gozar á veciñanza amesá de sesións guiadas de ioga terapéutico, taichi tradicional, chikung e marcha nórdica do 4 de xullo ao 31 de agosto. Cada proposta realizarase por un período de 15 días, os luns e mércores no Milladoiro, no entorno da piscina municipal, e os martes e xoves en Bertamiráns, nos xardíns do Pazo da Peregrina, sempre a partir das 10:00 horas. As actividades serán gratuítas e non cómpre inscrición previa.

O programa Ames Saudable, dependente da Concellería de Promoción da Saúde, comezou fai varias semanas unha nova andaina nas redes sociais. A través da súas páxinas en Facebook e Instagram seguen en contacto coa veciñanza amesá durante esta alerta sanitaria. Esta iniciativa, que ten como obxectivo dar continuidade ao programa e as actividades que se viñan desenrolando no ámbito do fomento dunha alimentación saudable, promoción da actividade física en todas as idades, e a prevención de condutas aditivas con e sen sustancias xa conta con máis de catrocentos seguidores en Facebook.

Este sábado, 14 de novembro, celébrase o Día Mundial da Diabetes. O Concello de Ames súmase á  proposta de ANEDIA, a Asociación de Nenas, Nenos e Xente con Diabetes de Galicia, para dar visibilidade a data. Durante todo ese día, a Casa consistorial estará iluminada de cor azul, colocarase unha pancarta conmemorativa no balcón lateral do edificio e as pantallas instaladas nas distintas sedes municipais emitirán un vídeo sobre a doenza. Este vídeo informativo elaborado por ANEDIA tamén se pode ver na canle de YouTube do Concello de Ames. Ademais, o xoves 26 de de novembro, Raquel Queizás impartirá o espectáculo de contos “Nano ten diabetes” no CEP de Ventín.

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Benestar Social e Promoción da Saúde, colabora coa Asociación nacional de Pacientes con EPOC (APEPOC), para conmemorar o Día Mundial da EPOC que se conmemora o 16 de novembro de cada ano. Deste xeito, vaise iluminar durante a tarde – noite deste mércores á Casa do Concello de cor laranxa na honra de todas las persoas afectadas pola EPOC, sumándose así a este movemento mundial.

A fachada da Casa do Concello iluminarase de rosa mañá xoves, 19 de outubro, para conmemorar o Día internacional contra o cancro de mama e concienciar sobre a importancia da investigación sobre a enfermidade e a súa detección precoz. A Asociación Española Contra o Cancro de Ames, a través da Concellería de Benestar Social e Promoción da Saúde, colocará dúas mesas informativas, unha durante o día de hoxe na praza de Manuel Murguía, no Milladoiro; e a segunda na entrada do centro deportivo da Telleira, en Bertamiráns, durante a xornada de mañá, co obxectivo de visibilizar a doenza.

O 21 de setembro conmemórase o Día Mundial do Alzheimer, evento instituído pola Organización Mundial da Saúde (OMS) e auspiciado por Alzheimer's Disease Internacional (ADI) en 1994. Por este motivo, mañá durante a tarde – noite, a Casa do Concello iluminarase de cor verde coa intención de ser partícipes na campaña de sensibilización desta enfermidade. Baixo o lema “InvestigAcción. No itinerario da demencia”, a Confederación Española de Alzheimer expón as súas reivindicacións e propostas con motivo do Día Mundial do Alzheimer 2022. 

Co gallo da celebración do Día Mundial do Alzheimer o próximo sábado, 21 de setembro, a Concellaría de Benestar Social está a desenvolver unha campaña de sensibilización consistente na colocación, na Casa do Concello e nas oficinas municipais do Milladoiro, duns vinilos visibles con frases que invitan a reflexionar sobre a situación de desamparo que viven todas as persoas que sofren esta enfermidade. Os vinilos, en formato máis pequeno, tamén se repartiron entre os establecementos de Bertamiráns e O Milladoiro que se quixeron adherir a esta campaña de sensibilización.

O 21 de setembro é o Día Mundial do Alzheimer. Por este motivo, esta tarde – noite, a Casa do Concello iluminarase de cor verde coa intención de ser partícipes na campaña de sensibilización desta enfermidade.

Eventos del departamento

Baixo o lema “Non perdas este bus. Lévate ao Son do Camiño”, a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) subministra compoñentes sanguíneos a todos os hospitais de Galicia. Cada día, as doazóns de sangue recollidas nos locais de doazón e nas 10 unidades móbiles que percorren os concellos galegos envíanse ás dependencias de ADOS para o seu procesamento, análise e distribución.

A Concellería de Benestar Social e Igualdade organiza para o venres, 22 de novembro, a décimo cuarta edición das Xornadas Achégate á Igualdade, que se desenvolverán na Casa da Cultura de Bertamiráns. A xornada é gratuíta con aforo limitado. Está aberta a todo público interesado, dende profesionais da área ata público xeral, pasando por educadores e educadoras, alumnado, docentes, área da psicoloxía, da orientación, profesionais da administración pública, pais e nais. Para participar hai que inscribirse no enderezo electrónico: xornada.ames@gmail.com. Premendo neste enlace podes descargar o programa completo das xornadas.

Ás 20.30 horas, o martes 31 de agosto, celebrarase unha xornada de clausura do programa "Saúde nas prazas". O Departamento de Promoción da Saúde, en colaboración ca empresa BeOne, invita a acudir a todos os veciños e veciñas á  praza da Horta de Arriba, xunto á piscina de Bertamiráns, onde se impartirán sesións de baile, combat, ioga e unha merendola saudable. Non é preciso inscrición previa.

A Concellería de Benestar Social organiza para os días 17, 18 e 19 de novembro, a décima edición das Xornadas Acércate de igualdade e prevención da violencia de xénero.  O mércores 18 de novembro, Laura Costoya organiza o taller "Cara onde vou?, claves para mellorar a empregabilidade". Esta actividade centrarase no desenvolvemento de competencias e a adquisición de recursos enfocados á procura de emprego feminino. A iniciativa desenvolverase vía online e, para participar, é necesario inscribirse a través desta páxina web.

A Concellería de Benestar Social organiza para os días 17, 18 e 19 de novembro, a décima edición das Xornadas Acércate de igualdade e prevención da violencia de xénero. O xoves 19 de novembro, Aixa Permuy organiza o encontro "Coeducación desde a infancia". Nesta xornada destinada a pais, nais e persoas educadoras, exporanse diferentes actividades para traballar a construción e deconstrución de estereotipos. A iniciativa desenvolverase vía online e, para participar, é necesario inscribirse a través desta páxina web.

O programa de actividades dará comezo o xoves 16 de novembro coas XIII Xornadas Achégate á Igualdade que este ano teñen como lema  “Queres formar parte? Novas masculinidades, novas oportunidades”. Trátase dunha xornada gratuíta que se vai a organizar no auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns. Para participar é necesario inscribirse previamente enviando un correo electrónico ao enderezo xornada.ames@gmail.com indicando o nome, apelidos e lugar de residencia. As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición.

A Concellería de Benestar Social e Igualdade organiza para o venres, 28 de novembro, a décimo quinta edición das Xornadas Achégate á Igualdade, que se desenvolverán na Casa da Cultura do Milladoiro. A xornada é gratuíta con aforo limitado. Está aberta a todo público interesado, dende profesionais da área ata público xeral, pasando por educadores e educadoras, alumnado, docentes, área da psicoloxía, da orientación, profesionais da administración pública, pais e nais. Para participar hai que inscribirse no enderezo electrónico: xornadasachegate@gmail.com. Premendo neste enlace podes descargar o programa completo das xornadas.

A unidade móbil de doazón de sangue está hoxe xoves, 27 de agosto en Bertamiráns, en horario de mañá e de tarde.

Situarase na Avnda da Maía, diante da praza.

Os horarios son os seguintes:

Pola mañá estará entre as 9:30 e as 14:30 e pola tarde estará desde as 15:30 até as 21:00 horas.

É necesario pedir cita previa no teléfono  900 100 828

As Concellarías de Sanidade e Medio Ambiente de Ames organizan o vindeiro sábado, 6 de xullo, unha andaina saudable pola Ruta do Tambre que culminará cun almorzo grupal. O obxectivo desta iniciativa é ofrecer unha alternativa extraordinaria á trintena de andainas xa programadas ao amparo do programa SaudeAndo, ao tempo que busca animar ás e aos amesás a practicar actividade física de forma amena e divertida.