Solapas principales

Aula CeMIT de Ames

Noticias del departamento

A Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia (Rede CeMIT) do Concello de Ames reforza a súa actividade presencial para os meses de verán, organizando catro talleres dende o 9 de xuño ata o 28 de xullo, que inclúen propostas de mecanografía, programación e informática lúdica. Ademais, engaden á oferta tres talleres en liña para público adulto, centrados nas buscas en Internet e nos programas Gimp e Inkscape. O acceso á aula aberta continuará nestes meses, de luns a venres de 9:30 a 13:00, e manterase a atención telefónica e por correo, de luns a venres dende as 16.00 ata as 18.30.

A Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia (Rede CeMIT) do Concello de Ames continúa a súa oferta formativa durante os meses de marzo e abril, con catro cursos para os adultos e outros dous que van dirixidos á rapazada. Os contidos impartidos abarcan aspectos como as redes sociais e o uso do móbil, o emprego de programas como o LibreOffice ou a linguaxe de programación. A inscrición aos cursos pódese facer chamando ao número de teléfono 682 373 753, escribindo ao enderezo electrónico cemit.ames@xunta.gal ou presencialmente, nas instalacións da aula (no primeiro andar da Casa da Cultura de Bertamiráns).

A Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia (Rede CeMIT) do Concello de Ames oferta novos cursos formativos para os primeiros meses do 2025; tres para adultos e tres dirixidos á rapazada. Os contidos van dende a introdución máis básica ao mundo da informática ata mecanografía. Este ano volverán a impartirse de maneira presencial os cursos de ofimática para adultos. A inscrición para calquera dos cursos pode facerse chamando ao 682 373 753, escribindo un correo electrónico ao enderezo cemit.ames@xunta.gal ou de xeito presencial nas instalacións da aula, no primeiro andar da Casa da Cultura de Bertamiráns.

A Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia (Rede CeMIT) do Concello de Ames continúa a súa oferta formativa durante os meses de verán con cinco cursos para nenos e nenas e outros dous para adultos. Os contidos que se imparten abarcan a mecanografía, a edición de imaxes e son, a busca avanzada na rede e a creación de blogs. A inscrición pode facerse chamando ao número de teléfono 682 373 753, escribindo ao enderezo electrónico cemit.ames@xunta.gal ou presencialmente, nas instalacións da aula (no primeiro andar da Casa da Cultura de Bertamiráns). 

A Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia (Rede CeMIT) do Concello de Ames anuncia a súa oferta formativa para o último cuadrimestre do ano 2023, que inclúe cinco cursos para adultos e outros tres para nenos. Os contidos que se van impartir abarcan dende a iniciación á informática e a mecanografía ata a edición de imaxes con GIMP ou a busca de emprego a través de Internet. As instalacións da aula permanecerán pecharon durante todo o mes de agosto, polo que as inscricións deben facerse de xeito telemático, escribindo ao enderezo electrónico cemit.ames@xunta.gal ou premendo nesta ligazón.

A Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia (Rede CeMIT) do Concello de Ames continúa a súa oferta formativa durante os últimos días do ano e o mes de xaneiro, con seis cursos para a rapazada e outros cinco que están dirixidos a adultos. Así mesmo, o persoal informa que o horario de apertura da Aula entre o 26 de decembro e o 5 de xaneiro será, de luns a venres, dende as 8:05 ata as 13:50 horas, excepto cando se celebren cursos presenciais.

A Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia (Rede CeMIT) do Concello de Ames continúa a súa proposta formativa para todos os públicos en outono, cun total de once cursos que inclúen temas como a ofimática, a Administración electrónica ou o traballo na nube. Mentres, a aula aberta seguirá dispoñible para toda a veciñanza de luns a venres de 9:30 a 13:00, e manterase a atención telefónica e por correo, os luns, mércores e venres dende as 16:00 ata as 18:30 horas.

A Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia (Rede CeMIT) do Concello de Ames celebra os seus cinco primeiros cursos presenciais de 2022. A formación na aula comezará en Entroido e continuará ata finais de abril, con catro propostas para menores de idade e outra máis para adultos. Ademais, continúan os cursos en liña, cun ciclo de ofimática na suite LibreOffice, e o acceso á aula aberta, de luns a venres de 9:30 a 13:00, e os martes e xoves, tamén das 16:30 ás 19:00 horas. Para anotarse nos cursos, limitados a 9 prazas, cómpre reservar praza chamando ao 682 373 753, ou ben enviar un correo ao enderezo electrónico cemit.ames@xunta.gal.

A Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia (Rede CeMIT) do Concello de Ames anuncia a súa oferta formativa para o último cuadrimestre do ano 2024, que inclúe tres cursos para adultos e outros tres para menores de idade. Ademais dunha introdución á Administración electrónica volven clásicos do mes de setembro como a iniciación á informática e á mecanografía, tanto para adultos como para os pequenos da casa. As instalacións da aula permanecerán pechadas durante todo o mes de agosto, polo que as inscricións deben facerse de xeito telemático, escribindo ao enderezo electrónico cemit.ames@xunta.gal ou premendo nesta ligazón.

A Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia (Rede CeMIT) do Concello de Ames retoma por primeira vez dende o comezo da pandemia a presencialidade, con dous cursos de iniciación ás novas tecnoloxías para adultos nos meses de novembro e decembro. A actividade volve tamén á aula aberta, que estará dispoñible de luns a venres, dende as 9:30 ata as 13:00 horas. Tanto este espazo coma os cursos terán un aforo máximo de 8 persoas, para os que cómpre reservar praza chamando ao 682 373 753, ou ben enviando un correo ao enderezo electrónico cemit.ames@xunta.gal. Ademais, continúan as propostas de formación en liña a través da canle de YouTube do centro, con tres cursos telemáticos en horario de tarde.