Actualidad

Por ejemplo, 13-06-2026
Por ejemplo, 13-06-2026
Sábado, 30 de mayo de 2026
A aula CeMIT organiza novos cursos para os meses de maio, xuño e xullo

A aula CeMIT organiza para os vindeiros meses de xuño e xullo novos cursos para público adulto e mozo. As formacións están enfocadas á utilización avanzada da rede e á programación mediante a plataforma Scratch. Os horarios de acceso á aula son polas mañás, de luns a venres de 9.05 a 12.55 horas, e polas tardes de luns a xoves de 16.35 a 18.35 horas. A partir do 22 de xuño a aula CeMIT so terá horario de 8.15 a 13.50 de luns a venres. Para poder participar en calquera dos cursos é necesario estar dado de alta na rede do CeMIT.

Jueves, 26 de marzo de 2026
Novos cursos da aula CeMIT para os meses de abril, maio e xuño

A aula CeMIT organiza para o vindeiro trimestre tres novos cursos para o público adulto e outros catro para menores de idade. As formacións impartiranse entre os meses de abril, maio e xuño e estarán enfocadas no uso dos teléfonos móbiles, navegar en Internet e a utilización de ferramentas de ofimática. Os horarios de acceso á aula son, polas mañás, de luns a venres dende as 9.05 ata as 12.55 horas. Polas tardes, o horario é de luns a xoves, de 16.35 a 18.55. Para poder participar en calquera dos cursos é necesario estar dado de alta na rede do CeMIT.

Domingo, 08 de marzo de 2026
A aula CEMIT organiza novos cursos para os meses de marzo e abril

A aula CEMIT organiza para os meses de marzo e abril unha morea de novos cursos tanto para adultos como para menores de idade en horarios de mañá, de luns a venres dende as 9.05 ata as 12.55 horas, e de tarde, de luns a xoves dende as 16.35 ata as 18.55. Os cursos estarán dirixidos á mellora de habilidades dixitais, para os adultos, e á introdución no mundo dixital aos máis cativos. Para poder participar en calquera dos cursos é necesario estar dado de alta na rede do CEMIT.

Sábado, 27 de diciembre de 2025
A aula CEMIT organiza tres novos cursos de formación para adultos ao comezo do ano 2026

A aula CEMIT, logo dos obradoiros de Nadal para a rapazada, presenta tres novos cursos de formación para adultos e outros dous para os máis cativos na área de Técnicas da Información e a Comunicación entre os meses de xaneiro e febreiro. Así, “Crea o teu CV a medida!”, “Busca de emprego a través de Internet” e “Textos con LibreOffice Writer”, serán as ensinanzas aplicadas ao mundo laboral nun contexto de constante cambio e actualización. Para os nenos e nenas, a aula CEMIT ofrece “Informática para rapaces/as” e “Mecanografía para rapaces/as”. O prazo de inscrición xa está aberto.

Domingo, 23 de noviembre de 2025
A aula CeMIT organiza novos cursos de formación para esta recta final de ano

A  aula CeMIT propón varios cursos de formación para estes intres finais do ano. Deste xeito, impartirase dúas formacións para adultos, “Compras seguras a través de Internet” e “Iniciación a Internet”. Por outro lado, para os máis pequenos haberá tres propostas, que se desenvolverán durante o período non lectivo das vacacións de Nadal, “Postais de Nadal con Paint”, “Postais de Nadal Pixelart” e “Postais de Nadal animadas en Scratch”.

Sábado, 27 de septiembre de 2025
A aula CEMIT organiza dous novos cursos de formación para adultos nos meses de outubro e novembro

A aula CeMIT retomou xa o seu horario habitual e, coa volta a rutina, tamén organizan para estes derradeiros meses do ano dous novos cursos de formación para adultos. Deste xeito, impartirase a formación “Correo electrónico: xestión avanzada” e o curso “Crea o teu blog e web persoal!”. Por outro lado, a inscrición para os cursos presentados no pasado mes de xullo aínda está aberta e, aínda que non queden prazas para o curso desexado, quedarase en lista de agarda por se houbera algunha baixa.  

Martes, 05 de agosto de 2025
A aula CeMIT oferta novos cursos formativos que comezarán no mes de setembro

A aula CeMIT permanecerá pechada durante este mes de agosto e, deste xeito, o acceso libre ás instalacións, así como a súa actividade formativa, retomarase a partir de setembro. Con todo, xa teñen a súa oferta formativa para os derradeiros meses do ano, na que haberá cursos tanto para adultos como para menores de idade cunha ampla gama de contidos: mecanografía, edición de imaxes, administración electrónica ou informática.

Viernes, 06 de junio de 2025
A Aula CeMIT oferta novos cursos de formación este verán dirixidos á rapazada

Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia (Rede CeMIT) do Concello de Ames organiza novos cursos de formación para que a rapazada continue aprendendo na época estival.  Os contidos destas formacións abranguen amplos contidos, dende a edición de imaxes ou vídeo, ata introdución ás dotes básicas de mecanografía. Para matricularse en calquera destes cursos, os menores de idade deben estar rexistrados previamente na rede CeMIT.

Domingo, 23 de febrero de 2025
A Aula CeMIT impartirá novas formacións para os vindeiros meses de marzo e abril

A Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia (Rede CeMIT) do Concello de Ames organiza novos cursos de formación para os vindeiros meses de marzo e abril. Serán tres cursos para adultos: “Follas de cálculo con LibreOffice Calc”, “Iniciación ás redes sociais” e “Sácalle partido ao teu teléfono móbil!”. Así mesmo, tamén organizan un curso de scartch dirixido para menores de idade, que se desenvolverá en Semana Santa. A inscrición para calquera dos cursos pode facerse chamando ao 682 373 753, escribindo un correo electrónico ao enderezo cemit.ames@xunta.gal ou de forma presencial nas propias instalacións da aula CeMIT en Bertamiráns.

Sábado, 21 de diciembre de 2024
A Aula CeMIT organiza seis novos cursos dirixidos a rapaces e adultos para os primeiros meses do 2025

A Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia (Rede CeMIT) do Concello de Ames oferta novos cursos formativos para os primeiros meses do 2025; tres para adultos e tres dirixidos á rapazada. Os contidos van dende a introdución máis básica ao mundo da informática ata mecanografía. Este ano volverán a impartirse de maneira presencial os cursos de ofimática para adultos. A inscrición para calquera dos cursos pode facerse chamando ao 682 373 753, escribindo un correo electrónico ao enderezo cemit.ames@xunta.gal ou de xeito presencial nas instalacións da aula, no primeiro andar da Casa da Cultura de Bertamiráns.