Solapas principales

A aula CeMIT organiza novos cursos para os meses de xuño e xullo

Sábado, 30 de mayo de 2026

A aula CeMIT organiza para os vindeiros meses de xuño e xullo novos cursos para público adulto e mozo. As formacións están enfocadas á utilización avanzada da rede e á programación mediante a plataforma Scratch. Os horarios de acceso á aula son polas mañás, de luns a venres de 9.05 a 12.55 horas, e polas tardes de luns a xoves de 16.35 a 18.35 horas. A partir do 22 de xuño a aula CeMIT so terá horario de 8.15 a 13.50 de luns a venres. Para poder participar en calquera dos cursos é necesario estar dado de alta na rede do CeMIT.

O primeiro destes cursos está sendo “Atopa na rede: busca avanzada en Internet”, os luns e mércores ata o 17 de xuño, de 17.15 a 18.45 horas. Nesta formación, as persoas participantes aprenden a buscar nunha rede cada vez máis ateigada de información falsa ou incompleta xerada por IA. Este curso conta con 14 prazas. 

En canto ao público infantil, a aula CeMIT ten programados outros 5 cursos para as vacacións de verán. O primeiro deles será “Informática lúdica”, enfocada aos nenos e nenas de entre 6 e 8 anos. Os luns, de 10.30 a 12 horas, dende o 22 de xuño ata o 27 de xullo, as crianzas participantes aprenderán a manexarse co ordenador e os seus programas da forma máis entretida posible: xogando. 

Ademais, paralelamente, do 23 de xuño ata o 28 de xullo, os rapaces e rapazas de entre 9 e 12 anos poderán anotarse en “Scratch de verán”, unha formación na coñecida plataforma de programación, moi visual e adecuada para que os cativos e cativas comecen a usar a lóxica da informática. Este curso impartirase os martes, de 10.00 a 12.00 horas. 

Orientado a un público algo maior está o curso “Deseño e impresión 3d”. Os rapaces e rapazas de entre 11 e 14 anos poderán aprender a materializar obxectos creados no ordenador a partir da modelaxe de pequenos obxectos tridimensionais con ferramentas accesibles, os mércores, de 10.00 a 12.00 horas dende o 1 ata o 29 de xullo. 

Curso de mecanografía
Ademais de todas estas formacións, como vén sendo habitual a aula CeMIT tamén oferta formacións en mecanografía para alumnado infantil. Deste xeito, dende o 25 de xuño ata o 30 de xullo, será a quenda para os menores de 10 anos, os xoves en horario de 10.00 a 11.00 horas. Nas mesmas datas e tamén os xoves, pero de 11.00 a 12.00 horas, impartiranse as clases para rapaces e rapazas maiores de 10 anos.

A aula CeMIT organiza novos cursos para os meses de maio, xuño e xullo

Multimedia

  • A aula CeMIT organiza novos cursos para os meses de maio, xuño e xullo