- Tematica
Quedan prazas libres nos seguintes grupos de Música e Movemento:
Música e movemento nados no 2020; horario luns e mércores de 16:30 a 17:30: 7 prazas libres
Música e movemento, nados no 2021; horario luns e mércores de 17:30 a 18:30: 8 prazas libres.
Nestas clases dirixidas aos máis pequenos, os contidos e obxectivos a acadar son, entre outros:
• A discriminación auditiva das distintas características do son.
• Un repertorio de cancións infantís, populares e tradicionais.
• Hábitos de escoita e descubrimento do mundo sonoro.
• Actividades rítmicas que desenvolvan aspectos psicomotrices.
• Introdución ás figuras rítmicas básicas así como á notación musical.
As prazas serán adxudicadas por orde de rexistro de entrada da solicitude correspondente. Podes descargar o impreso de solicitude na seguinte ligazón.




